luns, 20 de decembro de 2021



ευχαριστώ

 


IO SATURNALIA

 


Entre o 17 e o 24 de decembro tiña lugar en Roma unha das festas máis divertidas do calendario: as Saturnalia. As Saturnalia celebrábanse en honor a Saturno un deus antiquísimo que ensinara aos homes e mulleres a traballar a Terra nun tempo en que non había diferencia entre estos. As Saturnalia celebrábanse neste momento do ano cando xa finalizara a semeteira e pedíaselle ao deus que protexera estas plantas do duro inverno.

Para saberes máis clica aquí


5EP e 6EP Tempo de Nadal

 


Por se as anteriores recomendacións non vos resultaron o suficiente agtractivas gustariame recomendarvós aínda uns poucos libros máis para que poidades viaxar no tempo e descubrir o noso pasado.

Hª Antiga:
. El diario de Lerdus Maximus de Tim Collins
. Guárdate de los Idus de Lola Gándara (Roma)
A escura luz do Tíber de Lola Gándara (Roma)
. Los guardianes de la luz de R. Sutcliff (Roma)
. Aventuras de Percy Jacson de Rick Jiordan (mitoloxía)

Sobre a Idade Media
. Cruzada en Jeans de Thea Beckman
Finis Mundi de Laura Gallego
O enigma do scriptorium de Pedro Ruíz García

Sobre Idade Moderna
. La Florencia del Renacimiento por 5 florines de Charles Fitzroy

Sobre Idade Contemporánea
Los muchachos de Dublin de Jean-Claude Alain (Sobre a independencia de Irlanda)
. La Guillotina de Simone Van de Vlug (Sobre a Revolución Francesa)
. La Huida de Kathryn Lasky (Sobre a Rusia de finais do s. XIX)
Cuando Hitler robó el conejo rosa de Judith Kerr (II Guerra Mundial)
. Diario de Praga de Petr Geinz

Ciencias Ficción
. La trilogía de los Trípodes de J. Carpenter
Triloxía Diverxente de Verónica Roth
Los juegos del Hambre de Suzanne Collins 


venres, 17 de decembro de 2021

Para saberes máis

 


Se queredes ver os diarios, planos e fotografías tomadas por Howard Carter e o seu equipo clica aquí. Eso si prepárate para practicar o teu inglés.

xoves, 16 de decembro de 2021

5EP Recomendacións Lectoras

Este Nadal que parece que imos ter pasado por auga e pola COVID recomendovós ler algún destes títulos para amenizar ás tardes en casa.

A miña primeira recomendación, posto que por algún lado teño que empezar, son os libros da serie Misterios Romanos de Caroline Lawrence. Ao longo de 17 libros poderaste adentrar nos misterios da Antiga Roma da man de catro detectives aficcionados: Flavia, Jonathan, Fluvio e Lupius.

Pero se os romanos non son o voso e preferides adentrarvos nos misterios do Antigo Exipto, unha boa elección poden ser: El viaje mágico de Heka de Núria Pradas; Más Alla de las tres dunas ou Las catorce momias de Bakrí de Susana Fernandez Gabaldón.

E xa para rematar, se estás lecturas vos parecen pesadas sempre vos podedes pasar ao cómic; unha expresión literaria tan interesante como as anteriores pero en ocasións moito máis fácil de dixerir coa barriga chea de turróns. 

Nesta ocasión o meu consello céntrase en dous clásicos da banda deseñada: Tintín e Asterix e Obelix.





mércores, 15 de decembro de 2021

6EP Recomendacións Lectoras

 Este Nadal aínda que toca descansar creo que deberiades facer unha pequena viaxe ao noso pasado da man dalgún dos seguintes libros:

Comezamos cun clásico que ten xa cerca de 50 anos pero segue a ser tan trepidante coma cando se escribiu: Cruzada en jeans de Thea Beckman. 

Neste libro narrase a aventura de Rudolph un neno do século XX que por un erro vese obrigado a quedarse a vivir no ano 1212 na Europa medieval. Se te decides a lelo acompañarás a Rudolf por boa parte de centro Europa e Italia. 

Nas miñas dúas seguintes recomendacións seguimos na Idade Media pero agora cambiamos de acompañantes. No enigma do Scriptorium vai ser Francisca, unha aprendiz de amanuense, quen deberá descubrir que foi o que en realidade aconteceu no Scrptorium; mentres que en Finis Mundi de Laura Gallego acompañaremos un monxe na súa misión de parar o Tempo.


Pero se as enchentas de turrón de chocolate fan este tipo de lecturas moi pesadas sempre vos podedes decantar polos cómics. E nesta ocasión o meu consello céntrase en dous clásicos da banda deseñada: Tintín e Asterix e Obelix que ben podedes se sodes valentes ler na lingua orixinal, o francés, ou incluso en latín. Alguén se atreve?







martes, 14 de decembro de 2021

6EP Obradorio de Caligrafía Histórica I: O Mundo Romano

 



Comezamos esta semana o Obradoiro de lettering Histórico e xa parece que a tinta, os calamos e os papiros forman parte da nosa rotina diaria. Pero ademáis de escribir estamos a ler e a descubrir nos graffitis pompeianos que estos romanos non eran tan diferentes a nós.

xoves, 9 de decembro de 2021

5EP Comezamos semana atípica con alumnos e alumnas confinados



Queridísimos confinados e confinadas:
Mentres vós estades ao calorciño nas vosas casas nos estamos na escola pasando moito frío coas xanelas abertas. Pero para evitar a conxelación dos nosos cerebros continuamos coa lectura de Huk e facendo novas actividades do capítulo II. Clica aquí para consultalo online.
Ao mesmo tempo estamos inventando preguntas e respostas do estudado en Sociais e Naturais para crear a colección de tarxetas de preguntas que formarán parte do GRAN XOGO DE 5º de PRIMARIA.

Reto de Nadal


 Non todos os días unha pódese facer un selfie co primeiro Emperador romano: Octavio Augusto. Pero onde me atopei eu a Augusto? Lembrade que non está moi lonxe ...

venres, 3 de decembro de 2021

xoves, 2 de decembro de 2021

luns, 29 de novembro de 2021

6EP Obradoiro de Caligrafía Histórica I

 


Comeza a conta atrás para o obradoiro de caligrafía histórica! Atrevedesvós a nomear algún dos elementos da fotografía e determinar cal era o seu uso? Deixa a túa resposta, previa identificación, nos comentarios.

A esta e moitas preguntas daremoslle resposta na semana do 13 ao 20 de Nadal.

xoves, 4 de novembro de 2021

#escuela con clásicos


 Por unha nova Lei de Educación na que se recoñeza a importancia do Mundo Clásico como xerme da nosa cultura #escuelaconclasicos

martes, 2 de novembro de 2021

6EP Asia



ASIA é o continente cunha maior extensión; atopándose a maior parte das súas terras no Hemisferio Norte.
Os limites de Asia son:
· Ao Norte o Océano Glacial Ártico
· Ao Leste o Océano Pacífico
· Ao Sur o Océano Índico e o Pacífico
· E ao Oeste a Cordilleira dos Urais, o Río Ural, Mar Caspio e a Cordilleira do Caúcaso.
Neste continente atopamos a cordilleira máis alta do mundo, Cordilleira do Himalaia, e toda unha serie de arquipélagos de orixe volcánico ao longo da costa do Pacífico.

MAR MORTO: lago salgado situado a 395 m baixo o nível do mar entre Israel, Cisxordanía, e Xordanía.
ILLA DE CEILÁN: actualmente Sri Lanka. Illa situada ao Sur da Península India famosa pola súa produción de canela, té, café, caucho e coco.
RÍO GANXES: río situado aos pés da Cordilleira do Himalaia considerado sagrado para o hinduísmo.
RÍO AMARELO/ HUANG-HE: río máis importante de China; recibe o seu nome pola gran cantidade de materiais que arrastra ao seu paso que lle dan unha cor amarela.

ACTIVIDADES
1. Cales son os límites entre Europa e Asia?
2. Porque é imposible morrer afogado no Mar Morto?
3. Que diferenza hai entre un indio e un hindú?
4. Porque se cultiva té, café e caucho en Ceilán?
5. De onde é orixinario o caucho?

luns, 25 de outubro de 2021

6EP Estreito de Bering


ESTREITO DE BERING: brazo de mar situado no Océano Glaciar Ärtico que separa Asia e América. No pasado o estreito de Bering estivo ocupado por xeos polares o que permitiu o paso a pé dun lado a outro.

luns, 20 de setembro de 2021

6EP O relevo terrestre está máis vivo que nunca

A erupción no pasado Domingo do volcán Cumbre Vieja na illa da Palma mostranos como o relevo terrestre continua vivo. Como as forzas da natureza están a modificar a fisionomia da illa; eso sí a un alto coste para os seres humanos (perdida de casas de cultivos). 



mércores, 8 de setembro de 2021

5EP e 6EP Benvidos a un novo curso


Este curso 2021-2022 vai ser un curso moi especial e non porque sexa un novo curso de pandemia senon porque tal día como hoxe hai 50 anos un grupo de profesores coa cabeza chea dunha nova forma de ensinar empezaba o curso nunha nova escola: o noso querido Martín Códax.

Parabéns a todos aqueles que forman ou formaron parte nalgún momento da súa vida da familia Martín Codax


martes, 7 de setembro de 2021

5EP e 6EP Materiais para o novo curso 2021-2022

 


Que imos precisar?
2 libretas grandes cuadriculadas grampadas (unha para Sociais e outra para Naturais)
1 libreta pequena cuadriculada grampada
1 sobre de plástico que deixarás na escola pero que che vou dar eu

E por suposto:
1 axenda ou libreta de anotar, ti escolles
Bolígrafos: azul ou negro e vermello
lapis e goma de borrar
regra pequena
pegamento de barra e tesouras 
lápices de cores

Pero o máis importante é a VONTADE DE APRENDER

domingo, 29 de agosto de 2021

venres, 27 de agosto de 2021

martes, 24 de agosto de 2021

O primeiro de todo un libro ...


Sei que son unha tía un pouco rara pero se eu estivese no voso lugar unha das miñas primeiras escollas sería leer un libro. Seguro que tedes moitísimos por casa pero eu vouvos recomendar tres novelas históricas pensadas para nenos: 

Cruzada en Vaqueiros de Thea Beckham ou a fantástica viaxe a Idade Media de Rudolf. Ademais podedelo ler en galego ou en castelán.
Ladrones en el foro de Caroline Lawrence ou as investigacións de na Antiga Roma de Flavia, Jonatan, Nuebia e Lupo.
Heka, un viaje mágico a Egipto de Núria Pradas que pasaría se despois dun golpe na cabeza acordases no Antigo Exipto?
Xa me contaredes

luns, 23 de agosto de 2021

O teatro en Grecia I

 


MENUDO ROIO !!!


Cando xa pensabamos que nos tiñamos esquecido do bichiño de marras, vai e volve a aparecer e volvemos ao roio de ter que quedar na casa. Para que a estancia se vos faga un pouco máis levadeira e cando volvades non vos estresedes moito vouvos ir deixando aos pouquiños distintas propostas de traballo. Eso si algunhas tremendamente aburridas e outras tremendamente divertidas.
Moitísimo ánimo e a negativizar canto antes.
Noémia

luns, 2 de agosto de 2021

 


Imos levar unha pouca roupiña
tres polas, dous galos, mais unha galiña,
un añiño, dúas pombas sin pel,
tres rulas ó xeito e un tarro de mel.

Ai, Meu Neno,
Meu Rei, Meu Meiguiño,
non tés un albergue,
non tes un leitiño.
Sin arrimo, nas pallas estás,
ai, Meu Queridiño, que frío terás.

Teñen, teñen, as pegas, as melras,
e os paxaros, teñen niño,
e o Rei de ceos e terra,
non ten casa nin leitiño.

luns, 1 de marzo de 2021

Achádego do primeiro carro procesional de época romana


Sabiamos que existían pero nunca ate hai uns días puideramos ver un. Os romanos utilizaban este tipo de vehículos nas ceremonias relixiosas para transportar obxectos e representacións sagrados.

venres, 29 de xaneiro de 2021

5EP Para un día sen Noémia

 Aproveitade este día para acabar as actividades da montaña: 

  1. Que vexetación atopas nos cumes das montañas?

  2. E nas abas?

  3. E nos pés da montaña?

  4. Como son as estradas e camiños do debuxo? Por que cres que son así?

  5. Como é o clima na montaña?

  6. Poderíasme explicar coas túas palabras como é a vida na montaña?

  7. Por que as zonas de montaña teñen poucos habitantes?


E como algúns sodes moi rápidos deixovos as actividades da chaira:
  1. Fíxate no debuxo da paisaxe de chaira e despois sinala cales dos elementos que configuran a paisaxe son humanos e cales naturais?

  2. Que vexetación atopas neste paisaxe?

  3. Como son as estradas e camiños do debuxo? Por que cres que son así?

  4. Como é o clima nesta área?

  5. Por que as persoas prefiren vivir nas zonas chairas?

sábado, 9 de xaneiro de 2021