CIENCIAS SOCIAIS: conxunto de ciencias que estudan o comportamento dos seres humanos e as súas actividades.
Entre as Ciencias Sociais destacan: a Xeografía, a Historia, a Economía, a Arqueoloxía, a Socioloxía, a Pedagoxía, a Psicoloxía …
XEOGRAFÍA: ciencia que estuda a superficie terrestre e os seus cambios.
HISTORIA: ciencia que estuda o pasado dos seres humanos. A Historia comeza coa a aparición dos primeiros seres humanos e acabará cando nos extingamos como especie.
Tradicionalmente e co obxectivo de facilitar o seu estudo a Historia dividiuse en:
- Prehistoria: desde a aparición dos primeiros homínidos ata a invención da escritura. 
- Historia Antiga: desde a invención da escritura ata a desaparición do Imperio Romano (476 dC) 
- Idade Media: desde a desaparición do Imperio Romano (476 dC) ata o descubrimento de América (1492). 
- Historia Moderna: desde o descubrimento de América (1492) ata a Revolución Francesa (1789) 
- Historia Contemporánea: Desde a Revolución Francesa (1789) ata II Guerra Mundial (1945) 
- Historia do Mundo Actual: Desde a II Guerra Mundial (1945) ata a actualidade. 
  

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario