luns, 16 de setembro de 2024

6EP Vocabulario de Repaso do Tema 1

Aquí tedes o vocabulario básico que debedes repasar para este primeiro tema. Lembrade que está todo na voso caderno de vocabulario do ano pasado.

XEOIDE: nome que recibe a forma da Terra. Trátase dunha esfera achatada polos polos.


MOVEMENTO DE ROTACIÓN: movemento que realiza a Terra cando xira ao redor de si mesma. A Terra tarda aproximadamente 24 horas en dar unha volta completa e a súas consecuencias son a existencia dos días e das noites.


MOVEMENTO DE TRASLACIÓN: movemento que realiza a Terra cando xira ao redor do Sol. A Terra tarda 365 días, 6 horas e 9 minutos en dar unha volta completa e a súa consecuencia son a existencia das estacións do ano.

 

CONTINENTES: nome que se lle da ás terras emerxidas separadas polos océanos. Existen 6 continentes: América, Europa, Asia, África, Oceanía e a Antártida.

OCÉANOS: son as masas de auga salgada que separan continentes. Os continentes están separados por 5 grandes océanos: Océano Pacífico, Océano Atlántico, Océano Índico, Océano Glacial Ártico e Océano Glacial Antártico.

MARES: son porcións de auga salgada de menor tamaño que os océanos e xeralmente situados cercanos ás costas.


ECUADOR: liña imaxinaria trazada de Oeste a Leste que divide a Terra en dúas partes iguais chamadas hemisferios.

 

HEMISFERIO: cada unha das partes nas que o Ecuador divide a Terra. Existen dous hemisferios:

  • O Hemisferio Norte ou Hemisferio terrestre xa que nel se concentran a maioría dos continentes.

  • E o Hemisferio Sur ou marítimo xa que nel se concentran a maioría dos océanos.

      

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario