martes, 17 de setembro de 2024

Curiosidades Xeográficas: O relevo submarino

 

Sabías que por baixo de océanos e mares hai montañas? Pois si como o estás a escoitar! Os fondos mariños están cheos de montañas, serras, cordilleiras, vales, depresións, chairas ... 

O que acontece é que,  todos estos elementos do relevo, que non podemos ver por estar cubertos de auga, non se lles chama do mesmo xeito que aos elementos do relevo que atopamos nos continentes. Deste xeito unha montaña ou un outeiro submarino chámase monte submarino ou outeiro abisal; a unha cordilleira, dorsal océanica e a unha depresión, fosa abisal.

Na fotógrafía satélite que ilustra esta entrada podes ver o Gorringe Bank, a dorsal oceánica máis alta de Europa, situada a 250 km ao suroeste do Cabo San Vicente e principal foco dos seísmos que teñen lugar na Península Ibérica.

Trátase dunha dorsal con picos de máis de 5.000 metros de altura moi rica na súa diversidade de flora e fauna e que sirve como punto de descanso para especies migratorias mariñas como son as tartarugas ou os tiburóns. 

Se queres ampliar os teus coñecementos sobre este lugar clica nos seguintes links:

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario