xoves, 10 de outubro de 2024

5EP Vocabulario Básico Tema 1

  

 Semana do 4/10/24 ao 11/10/24


CIENCIAS SOCIAIS: conxunto de ciencias que estudan o comportamento dos seres humanos e as súas actividades. Entre as Ciencias Sociais destacan: a Xeografía, a Historia, a Economía, a Arqueoloxía, a Socioloxía, a Pedagoxía, a Psicoloxía …

XEOGRAFÍA: ciencia que estuda a superficie terrestre e os seus cambios.

HISTORIA: ciencia que estuda o pasado dos seres humanos. A Historia comeza coa a aparición dos primeiros seres humanos e acabará cando nos extingamos como especie.
 
XEOIDE: nome que se lle da á forma da Terra. Trátase dunha esfera achatada polos polos. 
 

CONTINENTES: nome que se lle da ás terras emerxidas separadas polos océanos. Existen 6 continentes: América, Europa, Asia, África, Oceanía e a Antártida.

OCÉANOS: son as masas de auga salgada que separan continentes. Os continentes están separados por 5 grandes océanos: Océano Pacífico, Océano Atlántico, Océano Índico, Océano Glacial Ártico e Océano Glacial Antártico.

MARES: son porcións de auga salgada de menor tamaño que os océanos e xeralmente situados cercanos ás costas.
 
MOVEMENTO DE ROTACIÓN: é o movemento que realiza a terra cando xira sobre si mesma. A Terra tarda en dar unha volta completa sobre si mesma aproximadamente 24 horas. A consecuencia do movemento de rotación é a existencia do día e da noite; xa que, na parte da Terra iluminada polo Sol é de día, mentres que na zona non iluminada é noite.

MOVEMENTO DE TRASLACIÓN: é o movemento que realiza a Terra cando xira ao redor do Sol seguindo unha órbita elíptica. A Terra tarda 365 días, 6 horas e 9 minutos en dar unha volta completa ao Sol. A consecuencia do movemento de translación é a existencia das estacións ao longo do ano.

MAPA: representación plana de calquera parte da superficie terrestre. Segundo o que estea representado nun mapa estos poden ser: mapas físicos, mapas políticos, mapas históricos, mapas económicos ...

ECUADOR: liña imaxinaria debuxada de oeste a este que divide a Terra en dúas partes iguais denominadas hemisferios. 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario