venres, 14 de outubro de 2016

mércores, 12 de outubro de 2016


Hoxe fai 524 anos que Cristóbal Colon chegaba as Indias navegando cara o oeste. Sen embargo, el nunca soubo que  as terras as que chegara eran un novo continente.

martes, 11 de outubro de 2016

2ESO O islam e a súa expansión


1ESO Paleolítico versus Neolítico



Aquí vos deixo un esquema co que facilmente poderedes analizar as diferenzas que existen entre o Paleolítico e o Neolítico.

1ESO Venus Paleolíticas

Reproducción feita pola Familia Llovo

As venus paleolíticas son pequenas figuras talladas en óso, hasta, marfil, pedra ou terracota que representan unha figura de muller de rostro imperciso e cunha forte esaxeración das partes do corpo relacionad coa maternidade. É por iso que os historiadores e arqueólogos cren que debía formar parte dalgún culto á fertilidade.  

luns, 10 de outubro de 2016

3ESO O Renacemento

O nacemento de Venus de Botticelli



Empezamos xa cun novo tema O Renacemento. Preparádevos para gozar ao máximo da arte deste período, para deslumbrarvos coa obra de Miguel Anxo ou Leonardo e para aprender un montón de cousas novas.
Para descargar apuntamentos clica aquí
Para aprender a facer un comentario de Arte: Clica Aquí
Para descargar imaxenes optativas:
   . Arquitectura
   . Escultura
 . Pintura

sábado, 8 de outubro de 2016

4ESO Comentario de Texto. Tratado de Utrecht


Como para aprender a facer comentarios históricos o mellor é facelos, imos comezar da mellor maneira posible: comentando o Tratado de Utrecht.
O primeiro que debedes facer é ler o texto do tratado (que podes descargar aquí) todas as veces que sexa necesario e despois suliñar no texto aquelas partes que consideres máis importantes.
Despois, seguindo o esquema de comentario de texto histórico que te podes descargar aqui, tes que facer:
   . unha Clasificación do texto
   . unha Análise do texto
   . e un comentario no que relaciones o texto co período histórico do que se fala no mesmo. 
Este vai ser o voso primeiro comentario sen nengunha guía pero é moi importante que procuredes esforzarvos ao máximo á hora de facelo dada a importancia que van ter este tipo de exercicios no voso futuro.

Data de entrega do Comentario: 19 Outubro 2016

mércores, 5 de outubro de 2016

1ESO Documental


Se queredes mellorar os vosos coñecementos sobre os primeiros homínidos ao departamento de Xeografía e Historia gustaríanos recomendarvos o visionado deste documental no que nos explican dun xeito sinxelo a evolución dos ser humano desde os primeiros homínidos ata o home actual. Unha vez que teñades visto o documental podedes completar a seguinte ficha que vos podedes descargar aquí.
Xa que o mércores 12 de outubro non imos ter clase debédelo aproveitar para ver este documental no que nos contan a evolución do ser humano dun xeito moi entretido.
A data de entrega do traballo será o  17 de Outubro do 2016

martes, 4 de outubro de 2016

2ESO Arte Bizantino

Representación de Cristo, o Emperador Xustiniano e Zoe.
A arquitectura bizantina caracterízase pola decoración en mosaico. Aquí tedes un bo exemplo dun deses mosaicos procedente de Santa Sofia de Estambul.
Pero se queredes seguir gozando de exemplos de arte bizantina non deixedes de visitar, aínda que sexa de forma virtual:

1ESO O clan do oso cavernario




Un terremoto destrúe o campamento no que vivía Ayla, unha cría de Cromagnon de cinco anos. Está soa e indefensa ata que atopa ao Clan do Osos Cavernario, formado por homes de Neanderthal ........

sábado, 1 de outubro de 2016

Voto feminino


Hoxe fai 85 anos  que as mulleres obtiveron o dereito ao voto en España. E foi unha muller, Clara Campoamor, a encargada de defendelo. Aqui tes un enlace ao texto íntegro do seu discurso fronte as Cortes e se queres saber máis xa sabes clica aquí.


Gaudete romani! Hodie incipit mensis october!
Hoxe comeza Outubro, chamado así por ser o oitavo mes do calendario romano

luns, 26 de setembro de 2016

1ESO A Prehistoria

Empezamos coa Prehistoria, a etapa da Historia que vai desde a aparición do xénero homo ata a invención da escritura:

Os apuntamentos e imaxes que necesitades imprimir son:
Aqui tedes unha chea de enlaces interesantes:

mércores, 21 de setembro de 2016

4ESO O século XVIII

Aqui tedes algunhas claves que vos poden axudar no estudo deste primeiro tema:

Vocabulario básico do tema: Antigo Réxime, terra vinculada, Rexime señorial, Décimo, Estamento, Monarquía absoluta, Terceiro Estado, Gremio, Manufactura, Habeas Corpus, Bill of Rights, Revolta do té, Constitución Americana de 1787, Deísta, Despotismo ilustrado, Mercantilismo, Fisiocracia, Liberalismo económico, Soberanía nacional, Enciclopedia, Guerra de Sucesión, Decretos de Nueva Planta, Tratado de Utrecht e Foro (en Galicia).

Os Borbóns: Árbore xenealóxico 
O Rococó: Apuntamentos e obras máis destacadas.
O Neoclásico: Apuntamentos e obras máis destacadas.



martes, 20 de setembro de 2016

1ESO Benvidos á HISTORIA

Ides empezar a partir da semana que ven unha das viaxes máis apaixoantes que poidades imaxinar. Nela visitaremos lugares lonxanos, veremos palacios, tumbas e pinturas espectaculares e gozaremos de saber quen foron os nosos ancestros, como vivían, que comían, en que creían ...
BENVIDOS Á HISTORIA!!!

luns, 19 de setembro de 2016

NORMAS PARA PRESENTAR UN TRABALLO

Estas son as normas que debedes seguir para entregar un traballo:
  • Os traballos deben entregarse en folios brancos escritos por unha soa carilla. No caso de ser un traballo escrito a man non nos debemos esquecer de por unha plantilla por debaixo do folio para evitar torcernos.
  • Todas as páxinas do traballo terán o mesmo tamaño e cor a excepción da portada e a contraportada que poderá ser ou ben doutra cor ou ben un pouco máis grande.
  • Na portada aparecerán todos os datos necesarios: titulo do traballo en letras destacadas, autor ou autores do traballo, materia e curso.
  • Tes que deixar marxe e encabezamento: xeralmente 4 cm para o encabezamento, uns 3 cm para a marxe esquerda e 1 cm para a marxe dereita.
  • Todo traballo debe constar de Índice, paxinación e Bibliografía.
  • No caso de tratarse dun traballo escrito a man debes escribir en bolígrafo azul ou negro e cuidar a túa letra de tal xeito que sexa clara, fácil de entender e sen tachóns.

xoves, 15 de setembro de 2016

Five years is a lifetime



Nun par de días xa estamos de volta para dar o mellor de nós mesmos. Comezamos un novo curso cheo de novidades: novas materias, libros novos, unha chea de ganas de aprender ....
Pero para comezar imos ver o que necesitamos:

Ciencias Sociais 6º Primaria:
     * Caderno grande cuadriculado grapado.
     * Caderno pequeno cuadriculado grapado.
     * Lapis, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul ou negro.
     * Folios
     * 2 mapas mudos físicos do Mundo.
     * 2 mapas mudos físicos de Europa
     * 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica

Ciencias Sociais 1ºESO:
     * Correo electrónico en uso.
     * Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
        na última páxina do voso libro de texto)
    * Caderno grande cuadriculado grapado.
     * Caderno pequeno cuadriculado grapado.
     * Lapis, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul ou negro.
     * Folios
     * 2 mapas mudos físicos de Europa
     * 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica
     * 2 mapas mudos físicos do Mundo.

Ciencias Sociais 2ºESO
    * Correo electrónico en uso.
    * Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
       na última páxina do voso libro de texto)
    * Caderno grande cuadriculado grapado.
     * Folios

    * Lapis, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul ou negro.

Ciencias Sociais 3ºESO:
    * Correo electrónico en uso.
    * Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
       na última páxina do voso libro de texto)
    * Caderno grande cuadriculado grapado.
     * Folios
    * Lapis, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul ou negro.

Ciencias Sociais 4ºESO
  * Correo electrónico en uso.
    * Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
       na última páxina do voso libro de texto)
    * Caderno grande cuadriculado grapado.
     * Folios
    * Lapis, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul ou negro.

luns, 20 de xuño de 2016

Traballo para o Verán 2016


Aqueles alumnos que teñan que volver a examinarse en setembro deberán realizar o traballo que se indica nos seguintes enlaces:

O resto dos alumnos teñen a obriga de ler e entregar unha ficha de lectura entre as lecturas propostas no seguinte enlace:
. Listado de Libros
. Ficha de lectura

venres, 15 de abril de 2016

3ESO Irish Week

Luns 17 Abril 2016
Da páxina 218 do teu libro de texto fai o exercicio Aprende a ... e da páxina 220 o exercicio 4.
Martes 18 Abril 2016
Lee as páxinas 224 e 225 do voso libro de texto e despois contesta as actividades do 1 ao 7.

Venres 22 Abril 2016
Fai os exercicios de síntese da páxina 261 do teu libro de texto.

mércores, 13 de abril de 2016

1ESO Irish Week

Santuario de Zeus en Olimpia
Luns 18 de Abril do 2016: Da páxina 214 e 215 do teu libro de texto realiza os exercicios 1, 3 e 4.

Martes 19  de Abril do 2016: Coa axuda da información que hai nas páxinas 264 e 265 contesta as actividades 2 e 3 da páxina 277-

Mércores 20 de Abril do 2016: Lee as páxinas 262 e 263 do teu libro de texto e despois contesta ás seguintes preguntas:
1. Que é a paz ou tregua olímpica?
2. Que condición había que cumplir para poder participar nos xogos?
3. Como se chamaban os xogos femininos e onde se celebraban?
4. Que probas tiñan lugar no ximnasio? e no estadio? e na palestra?
5. Que se gardaba no pritaneo?
6. Cal era premio que recibían os atletas gañadores?
Descargar Traballo

Aqui tedes o traballo sobre a película Diverxente. Lembra que debes facelo seguindo as normas para a presentación dun traballo e entregalo o día 4 de maio do 2016.

martes, 12 de abril de 2016

SOMOS MINISTÉRICOS

O ministerio do tempo é unha serie de RTVE que narra as aventuras de Julián, un enfermeiro do SAMUR, Amelia Folch, a primeira muller universitaria en 1880 e Alonso de Entrerríos, un soldado dos Terzos de Flandres. Os tres traballan para o Ministerio de Tempo, unha institución do goberno super secreta que ten como función detectar e impedir que calquer intruso do pasado chegue ao noso presente e cambie a Historia no seu beneficio. É dicir, os tres deben viaxar ao longo da Historia de España para evitar que cambie a nosa Historia.

martes, 15 de marzo de 2016

Idus de Marzo

Xulio César


Hoxe fai 2060 anos que morría asasinado en Roma o político, militar e escritor romano Xulio César.
Odiado polos pobos que conquistou e por moitos estudantes de latín e, sen dúbida, unha das personaxes históricas que máis fascinación ten causado.

S.T.T.L. 

venres, 11 de marzo de 2016

venres, 4 de marzo de 2016

3ESO Temario 3ª Avaliación

O Temario para está última avaliación vai ser:
Exame de Recuperación da 2ª Avaliación: 4 Abril 2016
Entrega da Ficha de Lectura de Semana Santa: 15 Abril 2016
Matrimonio Arnolfini

Tema 9 e Tema 10: O nacemento do Mundo Moderno e o Renacemento
. A Idade moderna páxs. 188-189
. O Humanismo páxs. 190-194
. Reforma e Contrarreforma páxs. 196-199
. Arte do Renacemento Apuntamentos (obrigatorio)
                                      Láminas Arquitectura (optativo)
                                      Láminas Pintura (optativo)
                                      Láminas Escultura (optativo)
. Os Medici páxs.208-209
Data do exame: 11 Abril 2016

Tema 12 e 13: O auxe da monarquía hispánica e a decadencia dos Austrias
. O Imperio universal páxs. 244-247
. O Imperio Hispánico 246-249
. Explotación do Imp. Americano páxs. 254-255
. Causas do fin do Imperio páxs 266-267
. A Crise páxs 268-269
Data do exame: 9 Maio 2016

Tema 14 e Tema 15: O absolutismo e o Barroco
Éxtase de Sta Teresa
. O absolutismo Apuntamentos (obrigatorio) e páxs. 284-285
. Parlamentarismo páxs 288-289
. A Ciencia no s XVII páxs 300-303
. O Barroco Apuntamentos
Data do exame: 30 Maio 2016
Comentario Oral dunha obra de Arte       entre 31 Maio e o 17 de Xuño

Como tomar apuntamentos? Lectura Obrigatoria
Como facer un comentario de texto? (obrigatorio)
Como facer un comentario de Arte ? (obrigatorio)

Aqueles alumnos con NEE deberán descargar o seguinte arquivo

Data Exame Final: 10 Xuño 2016 


mércores, 24 de febreiro de 2016

ABALAR e a Historia

Para poder empezar a traballar cos ordenadores ABALAR o primeiro que tedes que facer é ter paciencia e seguir as seguintes instruccións: 
1. Descarga os seguintes arquivos e gravaos na túa carpeta de sociais:
         ABALAR Antigo Exipto
         ABALAR-Arte Grega 
2. Logo debes ir á carpeta de programas e abrir un programa chamado Xournal, que vos permite convertir o ordenador nunha especie de tablet sobre a que se pode escribir.

3. Despois dentro do Xournal, ir á pestana file/arquivo e clicar en Annotar un PDF e buscar na carpeta de Sociais o arquivo que descargaches antes, neste caso será o de arte exipcia.

4. Empezar a completar as actividades propostas utilizando as ferramentas de escritura que vos ofrece o Xournal. Lembrade que podedes utilizar o libro e a libreta.

5. Como nunha clase non vos vai dar tempo a rematar o traballo é MOI IMPORTANTE que gravedes o que levades feito. Para eso, hai que ir a pestan file/arquivo e clicar en save as/gardar como e porlle ao arquivo o voso nome e aseguradevos que o gardades na vosa carpeta.

6. Cando acabedes o traballo tedes que mandarmo feito ao seguinte mail noemisociais@gmail.com

venres, 12 de febreiro de 2016

Os nosos super heroes/heroínas

Sempre imaxinamos aos heroes e heroínas como seres con capa, músculos e super poderes. Sen dúbida, unha idea moi lonxe da realidade. Os verdadeiros heroes son aquelas persoas que por calqueira razón deciden esquecerse un pouco deles mesmos e loitar polo que creen.
Entre estes homes e mulleres hai cooperantes, médicos, políticos, xornalistas, relixiosos, investigadores, profesores, científicos, alumnos, avogados, revolucionarios, físicos, pensadores, parados, mineiros ... 
Homes e mulleres con ideas e crenzas moi diferentes pero todos cun obxectivo común: facer do mundo en que vivimos un lugar mellor.
Nesta avaliación imos pensar un pouco nestes pequenos heroes e heroínas e imos adicar o noso esforzo a descubrir ou redescubrir a algúns deles.
Veñen a miña cabeza moitos nomes como os de; Silvia Pankhurst, M. Patarroyo, Chris Mburu, Voltaire, Concepción Arenal, Che Guevara, Bob Hunter, Thomas Salk, Mahatma Gandhi, Eglantine Jebb, Bernard Kouchner, Emmanuel Jal, Oriol Mitjá, Vicente Ferrer, Emmeline Panhurst, Alexander Fleming, Clara Campoamor,  Hélder Cámara, Jacques Mabit ... pero hai motísimos máis.
Normas para facer o traballo
Data de entrega do traballo: 9 de marzo do 2016

martes, 2 de febreiro de 2016

Proxecto para unha Enciclopedia


Seguimos a traballar no noso proxecto sobre  xeografía de Europa e malía ter investigado moitísimo, tanto na rede como na biblioteca, faltanos organizar a información. Aínda que hai moitas cousiñas que cambiar, imos polo bo camiño PERO antes de facer unha presentación en Power Point de quitar o hipo, temos que mellorar o que escribimos.
Todos aqueles alumnos que teñan que repetir ou mellorar o seu traballo poden descargarse aquí o guión de como facer o traballo.
Boa Sorte e pensade que xa falta menos.
Data de entrega: 16 de Febreiro do 2016

martes, 19 de xaneiro de 2016

Billy Elliot



Pincha aqui se queres o traballo que tes que facer para a materia de Educación para a Cidadanía. Lembrade que deberedes entregalo o día 3 de febreiro do 2016

sábado, 12 de decembro de 2015

Vacinas

Descubre o teu nível de vacinación

As vacinas son preparacións biolóxicas que proporcionan inmunidade adquirida activa ante unha determinada enfermidade. E ademais son vitais para evitar moitísimas doenzas.
Clica no pé de foto e descubre algo máis sobre as vacinas ...

mércores, 2 de decembro de 2015

O antropólogo inocente


Tedes todas unhas vacacións para ler un libro diferente pero tremendamente divertido no que un xoven Nigel Barley cóntamos as súas aventuras e desventuras nunha tribu africana, a dos dowayos.
Coa lectura deste libro podes aprender de primeira man como se realiza un traballo de investigación, así como tamén un pouco máis sobre unha das tribus con costumbres máis singulares de África.
Xa me contaredes á volta das vacacións.

Se queres descargar o libro aquí o tes. 

venres, 27 de novembro de 2015

A música cambia ás persoas

Emmanuel Jal era un neno de 8 anos en Sudán cando se convertiu en soldado; anos despois e coa axuda da música transmitenos a súa impresionante experiencia.

martes, 24 de novembro de 2015

Estamos de aniversario

Hoxe hai 41 anos no lonxano val de Afar (Etiopía) aparecía o esqueleto da tataraboa da humanidade. Chamábase Lucy e era un homínido de tan só 1 metro de altura e uns 27 kg de peso ...
Para saberes máis:

Pinchade aqui ou aqui.

venres, 20 de novembro de 2015

Xa queda pouco para as vacacións

Xa quedan poucos días para as vacacións de Nadal pero antes temos que facer un pequeno gran esforzo que nos permita superar a chea de probas que imos ter nas próximas semanas.
Lembrarvos que en os temas que estudiamos nesta avaliación foron:


Tema 1: A Terra planeta do sistema solar.
Tema 2: Tempo e clima.
Tema 3: Climas e Paisaxes da Terra.
Tema 4: Vocabulario Xeográfico.



Tema 1: O marco físico das actividades humanas.
Tema 2: Climas e Paisaxes do Mundo
Tema 3: A organización económica das sociedades
Tema 4: O sector Primario.

mércores, 18 de novembro de 2015

Comentario dunha gráfica


Hoxe os alumnos de 1ESO van facer o seu primeiro comentario dun climograma. Vai ser un comentario guiado no que terán que responder ás preguntas que se fan sobre unha gráfica similar á da fotografía pero como as veces algúns necesitamos practicar un pouco máis vouvos deixar un enlace para que poidades facer, de xeito voluntario, outro comentario guiado.

venres, 13 de novembro de 2015

Vocabulario de Educación para a Cidadanía

Para o exame da 1ª Avaliación temos que saber definir as seguintes palabras: resilencia, cidadanía, autocoñecemento, autoestima, asertividade, sociabilidade, socialización, habilidade social, marxinación, autoexclusión, prexuízo social, racismo, xenofobia, sexismo, homofobia, empatía e proxecto persoal.
E por suposto, estar preparado para facer unha pequena reflexión.

mércores, 11 de novembro de 2015

Por ser unha nena ...


"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo" 
Está nas nosas mans poder cambiar a vida de moitas nenas. Empecemos por Julia Avoro ...