Pensade a vosa palabra favorita en GALEGO, escribídea nun papel xunto co seu significado e logo entregademo.
Velaí vai a miña palabriña:
Namorada
Dícese da muller que sente amor por alguén ou algo
Pensade a vosa palabra favorita en GALEGO, escribídea nun papel xunto co seu significado e logo entregademo.
Velaí vai a miña palabriña:
Namorada
Dícese da muller que sente amor por alguén ou algo
Búscade unha palabra en galego, castelán ou inglés que teña unha orixe grega, anotade o seu significado en grego e o despois o seu significado en galego, castelán ou inglés.
Velaí vai a miña palabra:
Hecatombe
En grego esta palabra significaba sacrificio de 100 bois e en galego pode significar destrución masiva de vidas ou suceso desastroso que sae mal ou trae malas consecuencias.
Deadline: 22 de Novembro
Tal día como hoxe hai 100 anos o aventureiro inglés HOWARD CARTER descubría intacta no Val dos Reis a tumba do faraón TUTANKAMÓN.
Para saberes máis visita o Ashmolean Museum de Oxford
ÁFRICA: é un continente que posúe terras tanto ao Norte como ao Sur do Ecuador.
Os seus límites son:
Ao Norte o Estreito de Xibraltar e o Mar Mediterráneo que separan África de Europa.
Ao Leste a Canle de Suez, o Mar Vermello e o Océano Índico que a separan de Asia.
Ao Sur o Océano Índico e o Océano Atlántico.
E ao Oeste o Océano Atlántico.
África caracterízase por ter un relevo bastante chairo; tendo soamente na zona oriental do continente, é dicir, no Leste, importantes macizos montañosos, como o Macizo Etíope, ou depresións como a do Val do Rift.