domingo, 27 de setembro de 2015

Happy


Happiness is experiencing the present moment because the present moment is when you realize you are truly alive. Happiness is not about what you have but what you give.
GIVE, DANCE, LAUGH, SING

martes, 22 de setembro de 2015

Mapas Mudos


Sei que algúns de vós tedes algún que outro problema para atopar os mapas. mudos Aquí tedes unha páxina para poder descargalos, imprimilos e facelos.


domingo, 6 de setembro de 2015


Nun par de días xa estamos de volta para dar o mellor de nós mesmos. Comezamos un novo curso cheo de novidades: novas materias, libros novos, unh chea de ganas de aprender ....
Pero para comezar imos ver o que necesitamos:

Ciencias Sociais 6º Primaria:
     * Libreta grande cuadriculada grapada.
     * Lápiz, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul o negro.
     * 2 mapas mudos físicos de Europa
     * 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica

Ciencias Sociais 1ºESO:
     * Correo electrónico en uso.
     * Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
        na última páxina do voso libro de texto)
     * Libreta grande cuadriculada grapada.
     * Lápiz, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul o negro.
     * 2 mapas mudos físicos de Europa
     * 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica
     * 2 mapas mudos físicos do Mundo.

Ciencias Sociais 3ºESO:
     * Correo electrónico en uso.
     * Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
        na última páxina do voso libro de texto)
     * Libreta grande cuadriculada grapada.
     * Lápiz, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul o negro.
   
   



xoves, 3 de setembro de 2015

Reflexións antes de comezar


Lembrando a Aylan, a Eulet e á multitude de homes, mulleres e nenos
que morren hoxe no Mediterráneo na procura dunha vida mellor lonxe da guerra e da pobreza.

Cando a miña conciencia non deixaba de berrarme mentres lía os xornais e comezaba a pensar que este mundo xa non tiña remedio, tomei conciencia de que os que non teñen remedio son os nosos gobernantes posto que os cidadáns xa nos estamos organizando (Refugees Welcome, petición de Bryndis Bjorgvinsdottir en Facebook ...)


sábado, 20 de xuño de 2015

Feliz Verán 2015

Praia de Rodas. Illas Cíes

Agora que xa acabou o curso só me queda desexarvos unhas moi felices vacacións e darvos unha breve lista de deberes para este verán:

1. Pola maña, por veces, camiña sen compañía pola beira do mar. Mira como o sol se reflexa na auga mentres pensas nas cousas que máis che gustan na vida e sinteste feliz.
2. Intenta usar todas as palabras novas que aprendeches este ano: poderás dicir máis cousas, poderás pensar máis cousas e, canto máis penses, máis libre vaste sentir.
3. Lee o máximo posible. Non porque o teñas que facer. Lee porque o verán te inspira aventuras e soños. Lendo, sentiraste coma os paxaros voando. Lee porque é a mellor forma de rebelión.
4. Evita todas as cousas, situacións e persoas que te fagan sentir negativo e baleiro. Busca situacións estimulantes e amigos que te aprecien e te entendan por ser quen es.
5. Se te sintes triste ou asustado, non te preocupes. O verán, como todas as grandes cousas, transtorna a alma. Intenta escribir un diario onde poidas ecribir sobre os teus sentimentos (e en setembro se queres podemolo ler xuntos).
6. Baila; sen sentir vergonza na rúa, cerca da túa casa ou na túa habitación. O verán é un baile. Sería una vergonza non formar parte del.
7. Alomenos unha vez tes que ver o mencer. Estar aí en silencio e respirar. Pechar os ollos, agradecido.
8. Practica moito deporte.
9. Se atopas unha persoa que te gusta moito, dillo con sinceridade e toda a gracia da que sexas capaz. Non pasa nada tanto como se o entende como senon. Se non é recíproco, entón non estaaba previsto que el/eela formase parte do teu destiño. Pola contra, o verán do 2015 é unha gran oportunidade para camiñar xuntos (e se non funciona volve o punto 8).
10. Lembra o que aprendeches na escola e consulta os teus apuntamentos.
11. Se feliz como o sol e indomable como o mar.
12. Non digas palabrotas. Se sempre educadísimo e xentil.
13. Goza dos filmes con diálogos emotivos, sobre todo en ingles. Axudarante a mellorar as túas habilidades lingüísticas e as túas oportunidades de soñar. Non deixes que o filme remate nos créditos. Vive a experiencia todo o veráan.
14. Durante o día ou a noite, soña con como pode ser a túa vida. Durante o verán, colle forzas para non rendirte e fai todo o que poidas para conseguir eses soño.
15. Se bo.
Fragmento dos traballos de verán enviados polo Profesor Cesare Cata aos seus
alumnos do Lizeo delle Szience Umane Don Bosco de Fermo (Italia).

luns, 6 de abril de 2015

Estas vacacións aproveiteinas para LER


Lin todo tipo de cousas, pero sobre todo novelas para vós; para encontrar eses libros que vos fagan amar a lectura do mesmo xeito que o fago eu. 
Entre os títulos que vos podo recomendar están: 
- Cruzada en Jeans de Thea Beckman
- Los muchachos de Dublin de Jean-Claude Alain
- Guárdate de los Idus de Lola Gándara
- La Huida de Kathryn Lasky
- Los filibusteros del uranio de Andre Massepain
- ou Los juegos del Hambre de Suzanne Collins.

luns, 30 de marzo de 2015

Definiting Beauty

 
Do 26 de Marzo e ata o 5 de xullo poderase visitar no British Museum a exposición Definiting Beauty:the body in Ancient Greek Art. Interesante botarlle un ollo se estades por Londres.

venres, 27 de marzo de 2015

A Reconquista


A noite do 27 de marzo de 1809 os vigueses liderados por Cachamuíña decidiron tomar ao asalto a cidade de Vigo controlada ata aquel momento polas tropas francesas. A acción foi todo un éxito e Vigo converteuse na primeira praza recuperada en España e a nosa cidade recibiu o título de "leal e valerosa"
Hoxe en día é unha das festas máis emblemáticas da nosa cidade ...

Para saberes máis: pincha aquí
Para ver o desfile infantil
Par gozar da festa consulta o programa

xoves, 26 de marzo de 2015

domingo, 22 de marzo de 2015

Patrimonio da Humanidade / World Heritage

O título de Patrimonio da Humanidade / World Heritage é unha distinción concedida pola UNESCO a aqueles lugares dos mundo que teñen unha importancia cultural ou natural excepcional. Actualmente existen 1007 lugares patrimonio da humanidade dos que 779 son culturais, 197 naturais e 31 mixtos e están distribuidos por 161 países. Sen embargo, algúns destes lugares están en perigo e debemos loitar pola súa conservación.

sábado, 14 de marzo de 2015

Achádego de novas pinturas rupestres en Cantabria

Sabiamos que en Cantabria podiamos atopar algunhas das covas con pinturas rupestres máis importantes do mundo (Cova de Altamira ou de Tito Bustillo) pero o que non sabiamos é que esta mesma semana se atoparon novas pinturas máis antigas que as de Altamira.
Un grupo de espeólogos acaba de atopar, nunha cova utilizada tradicionalmente para gardar ovellas, restos de composicións xeométricas realizadas polos homes e mulleres do Paleolítico.
Para saberes máis: Pincha Aquí.


mércores, 11 de marzo de 2015

A beleza está en todas partes

na música, na arquitectura, na arte, na danza, na historia, nas persoas ...

Se non consegues ver o video pincha aqui
ou busca "take me to the church"+ Sergei Polunin

Por fin !!

Os grandes museos novaiorkinos acaban de por a disposición dos usuarios de internet un gran número de libros de arte gratuitos da súa colección de descatalogados.
Estamos de sorte  !!

martes, 10 de marzo de 2015

luns, 9 de marzo de 2015

Outra vez ...


E hoxe tocoulle a Dur-Sharrukin, capital do Reino Asirio en tempos de Sargón II e mundialmente coñecida polas súas figuras de touros alados.

Cal será a próxima cidade? So se me ocurre coller un mapa dos principais xacementos mesopotámicos e empezar a riscar todo do que nos podemos despedir.

Maldita barbarie!!!


Para saberes máis sobre este xacemento pincha aqui

domingo, 8 de marzo de 2015

E a resposta era ...



Neferu Atón Nefertiti (1370 aC-1330 aC) raíña de Exipto e esposa do faraón Akenatón,


X1
N35
N5
M17F35F35F35F35M18X1
Z4
B1

Existen numerosas representacións desta raíña pero sen dúbida a máis famosa é a que podemos atopar no Museo de Pérgamo en Berlín.

sábado, 7 de marzo de 2015

E agora Hatra


Triste semana no que se refire a destrucción do noso patrimonio: primeiro foron as esculturas do Museo de Mosul, logo as ruinas de Nimrud e hoxe Hatra, a cidade dos Partos Patrimonio da Humanidade. Ata onde teñen que chegar para que reaccionemos?



luns, 2 de marzo de 2015

Imos xogar ...



X1
N35
N5
M17F35F35F35F35
F35M18X1
Z4
B1


Aqui temos o nome dunha raíña do Antigo Exipto famosa pola súa beleza ... sabes de quen podo estar falando? 
Seguiremos coas pistas maña ...