Se queredes ver os diarios, planos e fotografías tomadas por Howard Carter e o seu equipo clica aquí. Eso si prepárate para practicar o teu inglés.
Se queredes ver os diarios, planos e fotografías tomadas por Howard Carter e o seu equipo clica aquí. Eso si prepárate para practicar o teu inglés.
Este Nadal que parece que imos ter pasado por auga e pola COVID recomendovós ler algún destes títulos para amenizar ás tardes en casa.
A miña primeira recomendación, posto que por algún lado teño que empezar, son os libros da serie Misterios Romanos de Caroline Lawrence. Ao longo de 17 libros poderaste adentrar nos misterios da Antiga Roma da man de catro detectives aficcionados: Flavia, Jonathan, Fluvio e Lupius.
Pero se os romanos non son o voso e preferides adentrarvos nos misterios do Antigo Exipto, unha boa elección poden ser: El viaje mágico de Heka de Núria Pradas; Más Alla de las tres dunas ou Las catorce momias de Bakrí de Susana Fernandez Gabaldón.
E xa para rematar, se estás lecturas vos parecen pesadas sempre vos podedes pasar ao cómic; unha expresión literaria tan interesante como as anteriores pero en ocasións moito máis fácil de dixerir coa barriga chea de turróns.
Nesta ocasión o meu consello céntrase en dous clásicos da banda deseñada: Tintín e Asterix e Obelix.
Este Nadal aínda que toca descansar creo que deberiades facer unha pequena viaxe ao noso pasado da man dalgún dos seguintes libros:
Comezamos cun clásico que ten xa cerca de 50 anos pero segue a ser tan trepidante coma cando se escribiu: Cruzada en jeans de Thea Beckman.
Neste libro narrase a aventura de Rudolph un neno do século XX que por un erro vese obrigado a quedarse a vivir no ano 1212 na Europa medieval. Se te decides a lelo acompañarás a Rudolf por boa parte de centro Europa e Italia.
Nas miñas dúas seguintes recomendacións seguimos na Idade Media pero agora cambiamos de acompañantes. No enigma do Scriptorium vai ser Francisca, unha aprendiz de amanuense, quen deberá descubrir que foi o que en realidade aconteceu no Scrptorium; mentres que en Finis Mundi de Laura Gallego acompañaremos un monxe na súa misión de parar o Tempo.
Pero se as enchentas de turrón de chocolate fan este tipo de lecturas moi pesadas sempre vos podedes decantar polos cómics. E nesta ocasión o meu consello céntrase en dous clásicos da banda deseñada: Tintín e Asterix e Obelix que ben podedes se sodes valentes ler na lingua orixinal, o francés, ou incluso en latín. Alguén se atreve?
Queredes viaxar a PreHistoria? Coñecer os segredos das primeiras mulleres e homes da Historia? Acasmpañade a Huk na súa primeira xornada de caza e ....
Dear Students, These try your best. BUT if you are bored you can do some funny exercises.
Comeza a conta atrás para o obradoiro de caligrafía histórica! Atrevedesvós a nomear algún dos elementos da fotografía e determinar cal era o seu uso? Deixa a túa resposta, previa identificación, nos comentarios.
A esta e moitas preguntas daremoslle resposta na semana do 13 ao 20 de Nadal.
Parabéns a todos aqueles que forman ou formaron parte nalgún momento da súa vida da familia Martín Codax
2 libretas grandes cuadriculadas grampadas (unha para Sociais e outra para Naturais)1 libreta pequena cuadriculada grampada1 sobre de plástico que deixarás na escola pero que che vou dar eu
1 axenda ou libreta de anotar, ti escolles
Bolígrafos: azul ou negro e vermellolapis e goma de borrarregra pequenapegamento de barra e tesouraslápices de cores
Imos levar unha pouca roupiña
tres polas, dous galos, mais unha galiña,
un añiño, dúas pombas sin pel,
tres rulas ó xeito e un tarro de mel.
Ai, Meu Neno,
Meu Rei, Meu Meiguiño,
non tés un albergue,
non tes un leitiño.
Sin arrimo, nas pallas estás,
ai, Meu Queridiño, que frío terás.
Teñen, teñen, as pegas, as melras,
e os paxaros, teñen niño,
e o Rei de ceos e terra,
non ten casa nin leitiño.
Aproveitade este día para acabar as actividades da montaña:
Que vexetación atopas nos cumes das montañas?
E nas abas?
E nos pés da montaña?
Como son as estradas e camiños do debuxo? Por que cres que son así?
Como é o clima na montaña?
Poderíasme explicar coas túas palabras como é a vida na montaña?
Por que as zonas de montaña teñen poucos habitantes?
Fíxate no debuxo da paisaxe de chaira e despois sinala cales dos elementos que configuran a paisaxe son humanos e cales naturais?
Que vexetación atopas neste paisaxe?
Como son as estradas e camiños do debuxo? Por que cres que son así?
Como é o clima nesta área?
Por que as persoas prefiren vivir nas zonas chairas?
Despois dun ano tan especial como o 2020 espero que este 2021 estea cheo de HYGIA, ZOÈ , GHARA, EIRENE, EUZIMIA e ELPIS ou o que é o mesmo saúde, vida, alegría, paz, bo ánimo e esperanza.
Xa temos a todo trapo a nosa XALUNDES pero como hai xente que non ten moi claro como funciona vouvos deixar un video no que explica ben clariño como se accede. E unha vez dentro ....
.... tiña lugar no estreito de Salamnina a Batalla do mesmo nome no que se enfrentaron as tropas persas de Xerxes cos hoplitas gregos liderados polo xeral ateniense, Temístocles. A dura batalla naval finalizou coa victoria dos gregos e a posterior retirada do exército persa no seu intento de conquistar Grecia.
Chamábase Lucy e era un homínido de tan só 1 metro de altura e uns 27 kg de peso ... vivía no val do Afar na lonxana Etiopía e era a nosa tataratataravoa.
| Arquímedes |
Herón, rei de Siracusa, pediulle un día ao seu parente Arquímedes (aprox, 287 a.C – aprox. 212 a.C) que comprobara se a súa coroa era realmente de ouro puro, pero baixo ningún concepto podería danarse a coroa.
Arquímedes dáballe voltas e máis voltas ao problema sen saber ben como facer ata que un día cando se estaba a meter na bañeira, ocorreuselle a solución. Pensou que o auga que desbordaba da súa bañeira tiña que ser igual ao volume do corpo que estaba sumerxido. Logo, se medía a auga que saía da bañeira ao meter a coroa, coñecería o volume da mesma e a continuación podería comparalo co volume dun obxecto de ouro do mesmo peso que a coroa. Se os volumes non fosen iguais, sería a proba de que a coroa non era de ouro puro.
A consecuencia da emoción que lle produciu o descubrimento, Arquímedes saíu do baño e correu espido berrando EUREKA! EUREKA! Esta palabra grega, que quere dicir atopeino, quedou dende entón como unha expresión que indica a realización dun descubrimento.
Pero cando levou á práctica o seu descubrimento, comprobou que a coroa tiña un volume maior que un obxecto de ouro co seu mesmo peso. É dicir, a coroa de Herón non era de ouro puro senón que contiña prata, un metal menos denso que o ouro.
Fragmento procedente de https://webdeldocente.com/ciencia-y-ambiente-quinto-grado/el-metodo-cientifico/
Este ano para comezar este novo curso o que máis necesitamos é moitas ganas de voltar a aprender e gozar do tempo que poidamos estar todos xuntos na escola. Pero ademais diso imos necesitar un par de cousiñas máis:
É máis que evidente que se estás a ler este artigo é que volvemos a estar confinados. Primeiro de todo estate tranquilo xa que tes o teu caderno de corentena para 15 días por un lado e se a cousa se alarga máis teremos clases en Webex e diremosche o que imos facer.
Intenta pasalo o mellor posible e pensa nunca choveu que non escampara.