11/10/2022
Este Martes imos ser turistas na nosa propia cidade polo que visitaremos o Vigo máis antigo para desentrañar algúns dos seus segredos. A noso percorrido comezará nas primeiras casas da nosa cidade e acabará ao pé do mar.
Animasdesvós?
11/10/2022
Este Martes imos ser turistas na nosa propia cidade polo que visitaremos o Vigo máis antigo para desentrañar algúns dos seus segredos. A noso percorrido comezará nas primeiras casas da nosa cidade e acabará ao pé do mar.
Animasdesvós?
Para ver fotos Antigas de Vigo clica aquí
13/10/2022 Que quero saber eu de Portugal?
Que deberían saber eles de nós?
Menos veciños, mais amigos
Nesta aventura os nosos novos amigos e amigas serán os alumnos de 7º ano do AE João de Meira de Guimarães.
Rapaces comezamos!!!
19/10/2022 Iniciamos a elaboración do Audiovisual.
Imaxinas que o teu pais se volvese perigoso para algunha das persoas que viven nel? Imaxinas que o teu pai é unha delas?
Esto foi o que lle aconteceu a Anna en 1933. Tiña 9 anos e estaba moi ocupada como para fixarse nos cataces políticos coa cara de Adolf Hitler, o home que combiou o destino de Europa e da súa propia vida.
Anna e a súa familia tiveron que fuxir e viaxar como refuxiados dun pais a outro, alonxarse de todo o que lles era coñecido pero o máis importante era permanecer unidos …
de Kerr, Judith: Cuando Hitler robó el conejo rosa. Ed. Santillana. Madrid 2021.
Para ver a presentación do libro: clica aquí
Para ver as nosas ilustracións: clica aquí
NON, E SEMPRE NON, ÁS GUERRAS
Ala vai uns dous anos neste mesmo blog escribíavos unha frase épica “(…) estamos a vivir un momento histórico (…)”
que, aínda que son unha amante da Historia, non quero ter que volver a
pronunciar na miña vida.
Volvemos a vivir circunstancias excepcionais, xa que facía uns 80 anos que
en Europa un país non invadía outro país. Non quedan case avós e avoas que
vivisen aquel momento e a memoria destes tráxicos sucesos está xa soamente nos
libros. Sen embargo, a guerra que estes días está presente a todas horas en
xornais, radios e televisións comeza a acordar pantasmas do pasado en moitos de
nós.
Se algo sabemos é que un momento histórico non se pode comparar a outro e
que unha personaxe histórica non é nunca igual a outra; pero, o que si nos pode
ensinar a HISTORIA é o que NON queremos que se repita NUNCA MÁIS.
O século XX foi un tempo convulso: pandemias, graves crises económicas, ditaduras
de todo tipo e dúas Guerras Mundiais que practicamente destruíron o noso
continente. Parecía que despois da caída do Muro do Berlín e o fin da Guerra
Fría conseguiramos deixar todo aquelo atrás.
A maior parte de Europa vivía, ou intentaba vivir, en paz, en sociedades
democráticas nas que o pobo escollía libremente aos seus representantes, onde os
nenos e as nenas podían ir á escola, onde a sanidade era gratuíta ou
practicamente gratuíta e na que homes e mulleres fora cal fora as súas crenzas,
ideoloxías, orientación sexual ou identidade de xénero eramos LIBRES e IGUAIS,
ou polo menos case iguais.
O invasión do pasado xoves non foi so o inicio dun novo conflito armado senón
tamén a creba do soño europeo de construción dunha sociedade máis xusta e
igualitaria. Despois de semanas de tensións diplomáticas, o exército ruso
invadiu un país soberano violando toda norma de Dereito Internacional. Pero nesta
guerra non hai malos nin bos, non vai haber vencedores e vencidos porque, como
en calquera conflito, o único que hai son grandes perdedores, o pobo ucraíno e
o pobo ruso.
Os ucraínos, que o mércores pasado ían ao traballo ou a escola como un día
calquera, hoxe ven como as súas casas son destruídas, as súas cidades asediadas,
millóns de cidadáns foxen da guerra e miles de mortos comezan a encher as rúas
e, mentres, o pobo ruso ten que calar xa que as súas liberdades e dereitos
fundamentais están en serio perigo e as consecuencias dunha guerra sobre a que
saben máis ben pouco grazas á propaganda do Estado comezan a estrangulalos economicamente.
É evidente que son eles os que levan a peor parte e que nós desde o confort
dos nosos salóns simplemente observamos horrorizados unha realidade que ata o
mércores pensabamos que era cousa doutras rexións do planeta. Pero esta guerra
tamén vai estar canda nós; imos ver como, unha vez máis, o prezo da vida sube,
como algúns perderán os seus empregos, como os nosos veciños non terán para
comer ou pagar a luz e como cada vez que prendamos a radio ou abramos un xornal
a máis grande das barbaries vainos mirar directamente aos ollos.
Pero novamente, nós todos cidadáns europeos somos os que temos que dar unha
resposta histórica de igual xeito que fixemos con anterioridade. Temos que
defender as nosas liberdades e as nosas democracias e estender estas ao resto
do mundo; pero defender non significa impor pola forza. Temos que loitar por
chegar a un entendemento, por entender aos que pensan, cren e falan diferente
de nós, por axudar a todos aqueles, sexan do bando que sexan, a conseguir
acordos que permitan acabar coa masacre e restaurar os principios desa Europa
libre, xusta e democrática na que todos queremos vivir.
É máis que evidente, despois de 11 días de guerra, que non é nin vai ser unha
tarefa fácil, que nós os cidadáns de a pé queremos axudar pero non sabemos ben
como. Que os nosos gobernantes están a tomar unha serie de medidas que tampouco
saben ben se chegaran a ser efectivas e mentres tanto miles de ucraínos e rusos
están condenados.
Sen embargo, NON debemos perder NUNCA a esperanza nun futuro máis libre, máis
xusto e máis democrático.
OLA rapaces e raparigas que estades na casa: como vai todo? Esta semaniña é un tanto especial posto que temos algunha que outra sorpresa polo Entroido PERO como non podemos descansar nen un minuto velaí vos deixo a programación:
Eu xa pensaba que non íamos ter máis confinamentos e veña vós a pillar o virus e quedar na casa. Non vos preocupedes, collede forzas e aos pouquiños podedes facer o traballo desta semana:
a esta preciosidade a Fallingwater House ou o que é o mesmo á Casa da Cascada deseñada por Frank Lloyd Wright, un dos grandes arquitectos do século XX, en 1936.
Que che pareceu? Enviame un comengtario coas impresións da túa visita.
Ola nenas e nenos de 5ºB!!!!!!!!!!!!!!!
Último día xa!!!!!! Por fin! Que ganiñas de tervos de novo na escola. Sabemos que foi unha semana longa e que teredes de seguro unha morea de cousas que contar.
Xa sabedes, do tipo… “Récord de horas en pixama” ou “Días sen peitear o pelo”. Ou os concursos de … “A ver cantas galletas consigo mollar no leite e meter na boca”. Sabémolo. Foi unha semana chea de retos e probras.
Pero todo acabou e felizmente verémonos nunhas horiñas.
Todos os profes desexamos chegar o xoves e topar esa clase tristona e solitaria chea das vosas risotadas, dos vosos contos, das vosa cariñas.
Descansade , tomade folgos e ,con forza e ganas, a seguir traballando xuntos.
Bicos e apertas das vosas mestras e mestres.
Mentres aquí temos un inverno frío e sen rastro de choiva en ATENAS está a nevar como se fose o alta do Everest. A cidade, pouco acostumada á presenza de neve, está colapsada e soamente están abertos os servicios de primeira necesidade. Eso sí a beleza da neve deixa estampas tan fermosas como estas.
Este virus non nos da tregua e moitos de vós tedes que seguir na casa. Pero para que non botedes de menos a escola deixovos aquí o que imos facer esta semana en CIENCIAS SOCIAIS:
Aínda estades na casa? Aburridos? Ánimo que seguro que xa vos queda menos para poder vir á escola. Esta semana unha vez que xa sabemos que é unha paisaxe imos comezar a estudar os seus tipos empezando polas PAISAXES DE MONTAÑA:
Aquí teneis los trabajos que se van a realizar en la clase de castellano durante esta semana. É importante que lo hagais en la libreta (si no la teneis ya sabeis que podeis venir a buscarla al colegio).
Hoxe as 22.00 da comezo a nova temporada do Condensador de Fluzo un programa na que vos contan a Historia dun xeito divertido. Animádevos a velo!!
E como sei que é moi tarde para alg´çun de vós deixovos aquí en baixo o link para podelo ver na TVE á carta.
É dicir, non entendo nada ou case nada de que é eso da FILOSOFÍA. Sen embargo, pódevos asegurar que a FILOSOFÍA é un dos saberes máis importantes do ser humano e que da resposta as grandes preguntas que nos facemos.
Se queredes acercarvós un pouco máis a este difícil saber e empezar a entendelo recomendovós que vexades THIS IS PHILOSOPHY un programa sobre FILOSOFÍA.
Nesta semana na materia de CIENCIAS SOCIAIS imos empezar un novo tema: AS PAISAXES DA TERRA (clica aquí se queres visualizar o tema) polo que terás que facer na libreta grande de Sociais (senon a tes na casa podes vir buscala ao cole):
Como parte deste trimestre propóñovos facer un proxecto de xeografía. Gustaríame que fixesedes un LAPBOOK sobre o país que escollades da Unión Europea PERO para poder facer este traballo seberedes seguir os seguintes pasos:
1. Que é un LAPBOOK? Ver vídeo
2. Escoller un país que forme parte da Unión Europea: Ver vídeo
3. Ler e seguir detidamente as instrucións para facer o LapBooK. Ver instrucións LapBook UE.
4. Buscar información e facer primeiro o LapBook en sucio.
5. Pasalo a limpo nas cartulinas.
6. Entregalo na data proposta.
Comezamos un novo ano e temos que deixar aquelas cousas non tan boas atras e comezar a dar o mellor de nós mesmos. Cales son os vosos propósitos para este novo trimestre?
Entre o 17 e o 24 de decembro tiña lugar en Roma unha das festas máis divertidas do calendario: as Saturnalia. As Saturnalia celebrábanse en honor a Saturno un deus antiquísimo que ensinara aos homes e mulleres a traballar a Terra nun tempo en que non había diferencia entre estos. As Saturnalia celebrábanse neste momento do ano cando xa finalizara a semeteira e pedíaselle ao deus que protexera estas plantas do duro inverno.