Tal día como hoxe hai 89 anos que as
mulleres obtiveron o dereito ao voto en España. E foi unha muller,
Clara Campoamor, a encargada de defendelo. Aqui tes un enlace ao texto íntegro do seu discurso fronte as Cortes e se queres saber máis xa sabes clica aquí.
venres, 23 de setembro de 2022
Hoxe 23 de setembro ás 3 horas e 4 minutos daba comezo o OUTONO no Hemisferio Norte mentres que no Hemisferio Sur produciase a chegada da PRIMAVERA.
Aqui tedes a selección de libros para esta semana:
Reportero Doc:¿Quién inventó la escritura? Un clásico das revistas de divulgación para nenos e nenas centra o seu interese neste número na invención da escritura no antigo Exipto e Mesopotamia.
Finis Mundi: un dos primeiros libros da coñecida autora Laura Gallego. Nesta ocasión cóntanos as aventuras dun monxe e dous xograres na procura dos tres eixes que impidan invocar o Espiritu do Tempo na Europa do ano 1000.
Heka, un viaje mágico a Egipto: Acompaña a Víctor a unha viaxe no tempo que o levará ao Antigo Exipto e coñecer o gran faraón do Alto e o Baixo Exipto, Tutmosis.
Este ano para comezar o curso ademais de moitas ganas de volver ao cole imos necesitar unhas cousiñas sen importancia:
1 libreta grande cuadriculada grapada aínda que se queredes podedes aproveitar a que usaches o ano pasado na materia de Ciencias Sociais; pensade que quedou case nova.
A libreta pequena cuadriculada grapada que usabamos para o vocabulario de Ciencias Sociais e Naturais.
1 sobre grande de plástico que imos deixar en clase.
Este Martes imos ser turistas na nosa propia cidade polo que visitaremos o Vigo máis antigo para desentrañar algúns dos seus segredos. A noso percorrido comezará nas primeiras casas da nosa cidade e acabará ao pé do mar.
Imaxinas que o teu pais se volvese perigoso para algunha das persoas que viven nel? Imaxinas que o teu pai é unha delas?
Esto foi o que lle aconteceu a Anna en 1933. Tiña 9 anos e estaba moi ocupada como para fixarse nos cataces políticos coa cara de Adolf Hitler, o home que combiou o destino de Europa e da súa propia vida.
Anna e a súa familia tiveron que fuxir e viaxar como refuxiados dun pais a outro, alonxarse de todo o que lles era coñecido pero o máis importante era permanecer unidos …
de Kerr, Judith: Cuando Hitler robó el conejo rosa. Ed. Santillana. Madrid 2021.
Para estas vacacións de Pascua vouvos propor a lectura dun libro clásico contra ás guerras. Pero se preferides escoller outra cousa deixovos aquí o link de máis lecturas recomendadasPERO LEMBRADE quen leu un comic no Nadal agora ten que ler un libro.
Por certo como estade tranquilos que como estas vacacións son curtas a prazo para ler o libro chegará ata primeiros de maio.
Ala vai uns dous anos neste mesmo blog escribíavos unha frase épica “(…) estamos a vivir un momento histórico (…)”
que, aínda que son unha amante da Historia, non quero ter que volver a
pronunciar na miña vida.
Volvemos a vivir circunstancias excepcionais, xa que facía uns 80 anos que
en Europa un país non invadía outro país. Non quedan case avós e avoas que
vivisen aquel momento e a memoria destes tráxicos sucesos está xa soamente nos
libros. Sen embargo, a guerra que estes días está presente a todas horas en
xornais, radios e televisións comeza a acordar pantasmas do pasado en moitos de
nós.
Se algo sabemos é que un momento histórico non se pode comparar a outro e
que unha personaxe histórica non é nunca igual a outra; pero, o que si nos pode
ensinar a HISTORIA é o que NON queremos que se repita NUNCA MÁIS.
O século XX foi un tempo convulso: pandemias, graves crises económicas, ditaduras
de todo tipo e dúas Guerras Mundiais que practicamente destruíron o noso
continente. Parecía que despois da caída do Muro do Berlín e o fin da Guerra
Fría conseguiramos deixar todo aquelo atrás.
A maior parte de Europa vivía, ou intentaba vivir, en paz, en sociedades
democráticas nas que o pobo escollía libremente aos seus representantes, onde os
nenos e as nenas podían ir á escola, onde a sanidade era gratuíta ou
practicamente gratuíta e na que homes e mulleres fora cal fora as súas crenzas,
ideoloxías, orientación sexual ou identidade de xénero eramos LIBRES e IGUAIS,
ou polo menos case iguais.
O invasión do pasado xoves non foi so o inicio dun novo conflito armado senón
tamén a creba do soño europeo de construción dunha sociedade máis xusta e
igualitaria. Despois de semanas de tensións diplomáticas, o exército ruso
invadiu un país soberano violando toda norma de Dereito Internacional. Pero nesta
guerra non hai malos nin bos, non vai haber vencedores e vencidos porque, como
en calquera conflito, o único que hai son grandes perdedores, o pobo ucraíno e
o pobo ruso.
Os ucraínos, que o mércores pasado ían ao traballo ou a escola como un día
calquera, hoxe ven como as súas casas son destruídas, as súas cidades asediadas,
millóns de cidadáns foxen da guerra e miles de mortos comezan a encher as rúas
e, mentres, o pobo ruso ten que calar xa que as súas liberdades e dereitos
fundamentais están en serio perigo e as consecuencias dunha guerra sobre a que
saben máis ben pouco grazas á propaganda do Estado comezan a estrangulalos economicamente.
É evidente que son eles os que levan a peor parte e que nós desde o confort
dos nosos salóns simplemente observamos horrorizados unha realidade que ata o
mércores pensabamos que era cousa doutras rexións do planeta. Pero esta guerra
tamén vai estar canda nós; imos ver como, unha vez máis, o prezo da vida sube,
como algúns perderán os seus empregos, como os nosos veciños non terán para
comer ou pagar a luz e como cada vez que prendamos a radio ou abramos un xornal
a máis grande das barbaries vainos mirar directamente aos ollos.
Pero novamente, nós todos cidadáns europeos somos os que temos que dar unha
resposta histórica de igual xeito que fixemos con anterioridade. Temos que
defender as nosas liberdades e as nosas democracias e estender estas ao resto
do mundo; pero defender non significa impor pola forza. Temos que loitar por
chegar a un entendemento, por entender aos que pensan, cren e falan diferente
de nós, por axudar a todos aqueles, sexan do bando que sexan, a conseguir
acordos que permitan acabar coa masacre e restaurar os principios desa Europa
libre, xusta e democrática na que todos queremos vivir.
É máis que evidente, despois de 11 días de guerra, que non é nin vai ser unha
tarefa fácil, que nós os cidadáns de a pé queremos axudar pero non sabemos ben
como. Que os nosos gobernantes están a tomar unha serie de medidas que tampouco
saben ben se chegaran a ser efectivas e mentres tanto miles de ucraínos e rusos
están condenados.
Sen embargo, NON debemos perder NUNCA a esperanza nun futuro máis libre, máis
xusto e máis democrático.
OLA rapaces e raparigas que estades na casa: como vai todo? Esta semaniña é un tanto especial posto que temos algunha que outra sorpresa polo Entroido PERO como non podemos descansar nen un minuto velaí vos deixo a programación:
Acabar o tema das Paisaxes: o que nos queda é a teoría sobre a auga e acabar o vocabulario da costa e do río (lembrade que o vocabulario ten que estar na libreta pequena).
Eu xa pensaba que non íamos ter máis confinamentos e veña vós a pillar o virus e quedar na casa. Non vos preocupedes, collede forzas e aos pouquiños podedes facer o traballo desta semana:
Acabar as actividades e o cadro da CHAIRA.
Copiar a teoría da COSTA e facer as actividades ae o cadro correspondente.
Repasar e estudar o vocabulario da MONTAÑA, a CHAIRA e a COSTA.
a esta preciosidade a Fallingwater House ou o que é o mesmo á Casa da Cascada deseñada por Frank Lloyd Wright, un dos grandes arquitectos do século XX, en 1936.
Que che pareceu? Enviame un comengtario coas impresións da túa visita.
Hai a algúns e a algunhas que vos encanta estar na casa. Xa se nota! Como o levades? Non sabedes xa que facer para entretervos? Veña comecemos esta semana de Febreiro con moita alegría:
Comezaremos as clases repasando o vocabulario da MONTAÑA e a CHAIRA; así como tamen o de RELEVO, PAISAXE e os seus TIPOS.
Faremos e correxiremos as actividades da Chaira asi como tamén o cadro da vida na chaira.
E se nos da tempo comezaremos o estudio da paisaxe de COSTA.
Pois si, hoxe imos de excursión, aínda que eso si VIRTUAL. Preparade as vosas merendas e a botella de auga porque imos visitar un monumento con máis de 10.000 anos de antigüidade.
Último día xa!!!!!! Por fin! Que ganiñas de tervos de novo na escola. Sabemos que foi unha semana longa e que teredes de seguro unha morea de cousas que contar.
Xa sabedes, do tipo… “Récord de horas en pixama” ou “Días sen peitear o pelo”. Ou os concursos de … “A ver cantas galletas consigo mollar no leite e meter na boca”. Sabémolo. Foi unha semana chea de retos e probras.
Pero todo acabou e felizmente verémonos nunhas horiñas.
Todos os profes desexamos chegar o xoves e topar esa clase tristona e solitaria chea das vosas risotadas, dos vosos contos, das vosa cariñas.
Descansade , tomade folgos e ,con forza e ganas, a seguir traballando xuntos.
Mentres aquí temos un inverno frío e sen rastro de choiva en ATENAS está a nevar como se fose o alta do Everest. A cidade, pouco acostumada á presenza de neve, está colapsada e soamente están abertos os servicios de primeira necesidade. Eso sí a beleza da neve deixa estampas tan fermosas como estas.
Este virus non nos da tregua e moitos de vós tedes que seguir na casa. Pero para que non botedes de menos a escola deixovos aquí o que imos facer esta semana en CIENCIAS SOCIAIS:
Aproveitaremos para facer as ACTIVIDADES de Paisaxe de Montaña e de Chaira que podedes descargar neste enlace e así simplemente pegar, ler e contestar.
Seguiremos estudando que é unha PAISAXE de CHAIRA. Para eso simplemente teredes que buscar no E-Book a teoría sobre este tipo de paisaxe e copiala na vosa libreta grande. Clica aqui para consultar o E-Book das Paisaxes.
Finalmente lembrade que ao final desta semana deberesdes saber: o vocabulario da PAISAXE de CHAIRA e repasar o vocabulario da PAISAXE de MONTAÑA asi como tamen as definicións de paisaxe, relevo, elementos naturais da paisaxe, elementos artificiais da paisaxe e paisaxe de montaña.
Pero estade atentos ao blog que pode haber algunha que outra sorpresa en forma de xogo para finais da semana e LEMBRADE que NON hai que agobiarse senon damos feito todo o traballo. Ä volta xa repasaremos xuntos.
Sen dúbida a mellor maneira de aprender a localización dos principais elementos do relevo europeo é xogando. Velaí deixovos uns links para que practiquedes:
Aínda estades na casa? Aburridos? Ánimo que seguro que xa vos queda menos para poder vir á escola. Esta semana unha vez que xa sabemos que é unha paisaxe imos comezar a estudar os seus tipos empezando polas PAISAXES DE MONTAÑA:
O primeiro que imos facer é copiar o esquema dos TIPOS DE PAISAXE (ver E-Book páxina 8) na libreta grande de sociais en posición horizontal.
Despois estudiaremos o VOCABULARIO relacionado coa PAISAXE DE MONTAÑA (ver E-Book páxina 12) que debedes copiar na libreta de Vocabulario na parte de Sociais; aínda que se non pensades tardar en volver esperade e douvos eu unha fotocopia.
Finalmente comezaremos a explicación sobre a PAISAXE DE MONTAÑA(ver E-Book páxina 9 e 10)
En definitiva, cando acabemos a semana teremos que saber ben o VOCABULARIO da PAISAXE DE MONTAÑA e NON vos esquezades que se non vos aclarades sempre podedes mandarme unE-MAILou preguntarlle a un compañeiro/a de clase.
Espero tervos sido de axuda e que saibades que estamos desexando vervos no cole.
Aquí teneis los trabajos que se van a realizar en la clase de castellano durante esta semana. É importante que lo hagais en la libreta (si no la teneis ya sabeis que podeis venir a buscarla al colegio).
A FILOSOFÍA é o amor pola sabiduría ou o que é o mesmo o conxunto de razonamentos lóxicos e metódicos sopbre os conceptos abstractos que explican as causas e fines da verdade, a realidade, as experiencias e a nosa existencia ...
É dicir, non entendo nada ou case nada de que é eso da FILOSOFÍA. Sen embargo, pódevos asegurar que a FILOSOFÍA é un dos saberes máis importantes do ser humano e que da resposta as grandes preguntas que nos facemos.
Se queredes acercarvós un pouco máis a este difícil saber e empezar a entendelo recomendovós que vexades THIS IS PHILOSOPHY un programa sobre FILOSOFÍA.
Que mala pata! coas ganas que tiñades de volver e clase e tócavos estar confinados. Non vos preocupedes; xa que a través do blog das materias vouvos ir explicando o que estamos a facer de tal xeito que o día que poidades volver non se vos faga todo un mundo.
Nesta semana na materia de CIENCIAS SOCIAIS imos empezar un novo tema: AS PAISAXES DA TERRA (clica aquí se queres visualizar o tema) polo que terás que facer na libreta grande de Sociais (senon a tes na casa podes vir buscala ao cole):
Portada nunha nova carilla na que apareza o título do tema.
Na seguinte carilla empezamos o tema polo que hai que copiar a teoría das páxinas 7 e o do E-Book excepto o esquema que hai ao final da folla.
Podes aproveitar e ver o vídeo da páxina 8 xa que non me podes escoitar.
Estudar as definicións de PAISAXE e RELEVO que aparecen subliñadas no texto.
Tamén podes facer as ACTIVIDADESque aparecen na primeira páxina de actividades do E-Book e que se chaman PAISAXES I.
LEMBRA: que todo este traballo podes facelo sempre e cando che atopes coas forzas suficiente para poder facelo, senon xa terás tempo de sobra cando volvas.
Como parte deste trimestre propóñovos facer un proxecto de xeografía. Gustaríame que fixesedes un LAPBOOK sobre o país que escollades da Unión Europea PERO para poder facer este traballo seberedes seguir os seguintes pasos:
Comezamos un novo ano e temos que deixar aquelas cousas non tan boas atras e comezar a dar o mellor de nós mesmos. Cales son os vosos propósitos para este novo trimestre?