domingo, 3 de setembro de 2017
μυθολογικά τέρατα
Despois de debuxar, ou se prefires antes, debes describir o teu propio monstruo mitolóxico. Para poder facelo aconséllote que segas as seguintes instrucións:
- Como
se chama?
- Descrición física: como é?
- Localización, é dicir, onde vive ou podes atopalo
- Cales son os seus poderes
- De que aventuras é protagonista?
sábado, 2 de setembro de 2017
venres, 1 de setembro de 2017
Radio Martin Códax
No aire en 4 grandes pasiños:
1º Paso: Para poder comezar temos que saber que é un programa de radio, que tipos de programas de radio existen, que recursos necesitamos para facer un programa de radio, como é o modo de falar e expresarse na radio, como se capta a atención do oínte, que función ten a publicidade ...
Radio 3º de Primaria: clica aquí
2º Paso: Escoller que tipo de programa queremos realizar e que temas imos tratar. O máis sinxelo para empezar e escoller un único tema sobre o que poidamos transmitir información, profundizar no asunto escollido e completalo con entrevistas, reportaxes, debates ...
A min gustaríame facer un programa de viaxes no que puidesemos falar dun ou varios paises, da súa historia, da súa gastronomía,dos seus monumentos, das súas personaxes, entrevistar a viaxeiros ....
Podcast de Viaxe: clica aqui
3º Paso: Creación dunha escaleta e elaboración dos contidos do programa.
Para ver un modelo de guión radiofónico: clica aquí
Módelo de escaleta: clica aquí
4º Paso: Practicamos la locución antes de la gravación e buscamos que apps vai ser útil no noso próposito.
Consellos para a locución: clica aquí
Apps para crear unha radio: clica aquí
xoves, 22 de xuño de 2017
Traballo para o Verán 2017
Aqueles alumnos que teñan que volver a examinarse da materia de Ciencias Sociais en setembro deberán realizar o traballo que se indica nos seguintes enlaces:
. 1ESO
. 2ESO
. 3ESO
. 2ESO
. 3ESO
Saúde e Terra
xoves, 8 de xuño de 2017
Xenios da Arquitectura: F. Lloyd Wright
Hoxe fai 150 anos que nacía en Phoenix un dos grandes arquitectos americanos do século XX: F. Lloyd Wright; precursor da arquitectura orgánica e autor de edificios tan famosos como:
. The Johnson Wax Building
Para saberes máis: The Lloyd Wright Trust
luns, 5 de xuño de 2017
martes, 30 de maio de 2017
4ESO O album de Auschwitz
Os membros da SS fotografiaron en maio de 1944 todo o proceso que seguían os prisioneiros camiño das cámaras de gas
luns, 29 de maio de 2017
Consulta o Oráculo de Delfos?
De cara aos finais tal vez deberíades facer como os antigos Grecios e consultar ao famoso Oráculo de Delfos para saberes que é o que vos vai departir o futuro.
Como todo, o oráculo tense modernizado e agora podedes facerlle a pregunta que queirades a través de internet: clica aquí para coñecer o teu futuro. Eso sí as respostas da Pitonisa continúan a ser crípticas e enigmáticas ...
PD: Desde este blog non nos facemos cargo das consecuencias das interpretación equivocadas das palabras da Pitonisa.
martes, 23 de maio de 2017
3ESO Piramide de Marslow
A. Maslow foi
un psicólogo estadounidense que estableceu unha xerarquía de
necesidades segundo a cual o ser humano non podería pasar ao chanzo
seguinte se non ten aseguradas as necesidades do chanzo anterior.
mércores, 10 de maio de 2017
4ESO España no século XX
Tema 9: España no século XX 1902-1978
. España entre 1902-1907 (páxs 188-189)
. A ditadura de Primo de Rivera (páxs. 190-191)
. A II República Española (páxs. 192-193)
. O Bienio Reformista 1931-1933 (páxs. 194-195)
. O Bienio Conservador 1933-1935 (páx 198)
. A Fronte Popular (1935-1936) (páx 199)
. A Guerra Civil 1936-1939 (páxs. 200-205)
. Bases do Franquismo 1939-1975 (páxs 276-277)
. A posguerra 1939-1959 (páxs. 278-279)
. O desenvolvemento económico 1959-1975 (páxs 280-281)
Vocabulario do Tema: Clica Aquí
Preguntas sobre o tema: Clica Aquí
EXAME DO TEMA: 31 Xuño 2017
luns, 1 de maio de 2017
4ESO British Week
Na miña ausencia, o proxecto que vos propoño é a realización dunha pequena investigación sobre algúns dos máis importantes estilos artísticos desde o século XVIII ata o século XX. Cada un de vós ten asignado un estilo (ver Edmodo) sobre o que deberedes buscar información para sinalar as súas características e despois comentar algunha das súas obras máis destacables.
O traballo contará de dúas partes: unha escrita que se entregará segúndo os criterios de presentación sinalados no blog da materia e outra oral que se exporá na aula no mes de xuño.
Aquí tedes un listado de materiais que vos poden axudar a na elaboración do traballo: os apuntamentos de arte barroca de Edmodo, o voso libro de texto, a wikipedia ...
3ESO British Week
Na miña ausencia, o proxecto que vos propoño é a realización dunha pequena investigación sobre algunha das máis importantes obras de arte barroca. Cada un de vós ten asignada unha obra (ver Edmodo) sobre a que deberedes buscar información e na que deberedes identificar as principais características do barroco.
O traballo contará de dúas partes: unha escrita que se entregará segúndo os criterios de presentación sinalados no blog da materia e outra oral que se exporá na aula nas datas sinbaladas.
Aquí tedes un listado de materiais que vos poden axudar a na elaboración do traballo: os apuntamentos de arte barroca de Edmodo, o voso libro de texto, a wikipedia ...
Listado de Obras e Datas
Apuntamentos Arte Barroca
2ESO British Week
Durante a semana do 1 ao 7 de maio os alumnos realizarán durante as horas de clase o caderno de demografía que se pode descargar ao final deste post. A entrega de dito traballo é obrigatorio e deberase realizar o día 12 de maio.
Descargar Caderno de Demografía
1ESO British Week
Para poder empezar a traballar cos ordenadores ABALAR o primeiro que tedes que facer é ter paciencia e seguir as seguintes instruccións:
1. Unha vez encendido o ordenador, descarga o seguinte arquivo ABALAR-Arte Grega e gravao no escritorio do ordenador.
2. Logo debes ir á carpeta de programas e abrir un programa chamado Xournal, que os permite convertir o ordenador nunha especie de tablet sobre a que se pode escribir.
3. Despois dentro do Xournal, ir a pestana file/arquivo e clicar en Annotate PDF e buscar no escritorio o arquivo que descargaches antes ABALAR-Arte Grega.
4. Empezar a completar as actividades propostas utilizando as ferramentas de escritura que vos ofrece o Xournal.
5. Como nunha clase non vos vai dar tempo a rematar o traballo é MOI IMPORTANTE que gravedes o que levades feito. Para eso, hai que ir a pestan file/arquivo e clicar en save as/gardar como e porlle ao arquivo o voso nome e aseguradevos que o gardades no escritorio.
6. Cando acabedes o traballo tedes que mandarmo feito ao seguinte mail noemisociais@gmail.com
domingo, 30 de abril de 2017
O British Museum ao alcance de todos
Xa podemos visitar o British Museum sen necesidade de viaxar ate Londres. Aínda que nunca poderá substituir ao de pedra, a visita virtual ao British permítenos acercarnos a un dos grandes museos europeos e gozar dalgunha das pezas máis destacable das súas coleccións.
Labels:
1ºESO,
2ºESO,
3ªESO,
4ºESO,
Actualidade,
Antiga Grecia,
Antigo Exipto,
Antropoloxía,
Arqueoloxía,
Curso 2016-2017,
ESO,
Hª Antiga,
Museos,
Neolítico,
Oriente Próximo,
Roma
sábado, 29 de abril de 2017
luns, 24 de abril de 2017
3ESO A organización política das sociedades
Empezamos hoxe cun tema, que aínda que hoxe parece moi lonxe, vai estar presente sempre nas vosas vidas. Lembrade que a soberanía reside nos cidadáns e que somos nós os que decidimos o noso futuro mediante o voto.
Preguntas sobre o Tema: Clica Aquí
Esquema sobre a Organización política de España: Clica Aquí
venres, 21 de abril de 2017
4ESO O antisemitismo
Unha das bases ideolóxicas do nazismo foi a persecución e exterminio de calquera minoria, disminuidos físicos ou psíquicos así como tamen socialistas, comunistas e demócratas. Pero, sen dúbida, unha das minorías máis afectadas foi a xudía que perdeu máis de 6.000.000 de individuos. Aqui tedes unha serie de testimonios de xudeus que sufriron as persecucións.
luns, 17 de abril de 2017
O monte Testaccio
O Testaccio é un outeiro de 35 metros de altura situado en Roma formado polos restos de ánforas de transporte que chegaron á cidade entre os séculos I e III d.C. Curiosamente a gran maioría das ánforas proviñan da Bética, no sur de Hispania, de onde traían: aceite, olivas, cereais, viño, peixe e garum, a famosísima salsa romana.
Hoxe en día, escavar no Testaccio é un dos soños de calquera arqueólogo xa que as ánforas que configuran este outeiro aportan unha información valiosísima non só sobre o que comían os romanos senon tamén sobre o comercio alto-imperial.
venres, 7 de abril de 2017
Costumes moi romanos
O último día de clase tivemos a sorte de facer un obradoiro de sabores romanos nas Salinae da Rúa Rosalía de Castro. Foi unha experiencia única na que aprendimos como se interpreta unha excavación, como se lavaban os romanos, bebimos pusca, a bebida dos lexionarios, e probamos o famosísimo garum, a salsa de moda no Imperio Romano.
Deixamosvós aquí algunha das fotos de tan interesante actividade ...
martes, 4 de abril de 2017
Visita dunha domina romana
Convidada polos alumnos de 3º de Primaria a domina Alma Caecilia deixou a tranquilidade da súa casa en Herculano para visitar o colexio e explicarlle aos alumnos como era a súa vida e maila a dos seus fillos.
Aquí tedes algunha das fotos do evento:
luns, 3 de abril de 2017
1ESO Relixión, cultura e arte romana
Relixión, cultura e arte na Antiga Roma
Comezamos hoxe un dos meus temas favoritos onde espero que vós gocedes tanto como o fago eu cada vez que leo, explico ou busco materiais para ilustrar as clases.
O programa de estudo é o seguinte:
. Relixión Romana (apuntamentos)
. Arte Romana (apuntamentos)
. Arquitectura
. Pintura
. Escultura
. Mosaico
. Civilización romana (libro de texto)
Tamén debedes aproveitar a semana do 1 ao 7 de Abril para facer un pequeno traballo de investigación invidual que deberedes entregar o 12/Abril/2017; ademais, o 12/Abril/2017 tamén será o exame do tema.
Descarga de Apuntamentos: Clica Aquí
Imaxes que imos ver en clase: Clica Aquí
sábado, 1 de abril de 2017
xoves, 30 de marzo de 2017
3ESO O Barroco
O estudo da arte barroca vai ser un proxecto a longo prazo: traballarémolo durante toda a avaliación e seredes vós protagonistas da vosa aprendizaxe. A primeira parte do tema serei eu a que vós explique as características xerais desta nova arte e despois ides ser vós os que vos convirtades en profesores de arte por un día.
O calendario de traballo é o seguinte:
O calendario de traballo é o seguinte:
Explicacións: 31/Marzo, 3/Abril, 4/Abril e 5/Abril
Traballo na Aula: Semana do 1 ao 5 de Maio
Entrega do Caderno do Barroco: 12/Maio/2017
Exposicións: 19/Maio, 26/Maio, 6/Xuño, 9/Xuño, 12/Xuño, 13/Xuño, 19/Xuño e 20/Xuño
Apuntamentos sobre o Barroco: Clica Aquí
Caderno do Barroco: Clica Aqui
Listado de Exposicións: Clica Aquí
mércores, 29 de marzo de 2017
martes, 28 de marzo de 2017
2ESO Os habitantes do planeta
Tema 9: Os habitantes do planeta
Este tema vaise dividir en dúas partes cada unha coa súa propia proba obxectiva:
1ª parte:
. A poboación do planeta
. Os países e cidades máis poboados do mundo
. A estrutura da poboación
. Tipos de pirámides de poboación
. Dinámicas da poboación mundial
2ª Parte
. Modelos ou réximes demográficos
. A poboación europea
. As políticas demográficas
Preguntas sobre o tema: Clica Aquí
Definicións do Tema: Clica Aquí
Caderno de Demografía: Clica Aquí
Información demográfica sobre distintos países: Clica Aquí
xoves, 23 de marzo de 2017
2ESO Pirámide de Maslow
A. Maslow foi un psicólogo estadounidense que estableceu unha xerarquía de necesidades segundo a cual o ser humano non podería pasar ao chanzo seguinte se non ten aseguradas as necesidades do chanzo anterior.
mércores, 15 de marzo de 2017
martes, 14 de marzo de 2017
1ESO Historia de Roma
No ano 753 a.C. algunhas tribos latinas fundaron no Monte Palatino, a beira do río Tíber, a cidade de Roma. Roma convertiriase séculos máis tarde nun dos máis grandes imperios do Mundo Antigo; conseguindo levar a súa lingua e máis a súa cultura por toda Europa.
Preguntas sobre o tema: Clica Aqui
Goberno en época republicana
Sociedade romana en época republicana
Organización política en época Imperial
Organización Social en ëpoca Imperial
Cociña Romana
Aos romanos encantáballes a comer como o demostran numerosas fontes arqueolóxicas e literarias.
Sen embargo, a maioría das súas recetas coñecémolas gracias aos libros de Marco Gavio Apicio, un escritor do século I dC, que se dedicou a recoller recetas como a de lentellas con castañas, coles con aceitunas ou leitón asado con hoxaldre e mel.
De tal xeito que se nestas vacación queredes probar algo novo de tempos dos romanos so tedes que clicar en baixo e seguir a receita ao pé da letra.
Para saberes algo máis:
venres, 10 de marzo de 2017
xoves, 9 de marzo de 2017
3ESO O século XVII
O século XVII en Europa foi un tempo de continuidade e cambio; un século no que se consolidou a monarquía absoluta e no que xurdiu o parlamentarismo; un século no que se sentaron as bases da ciencia tal e como a entendemos hoxe ...
Para este tema temos que estudar:
. A crise do século XVII en Europa (libro de texto)
. O absolutismo monárquico (apuntamentos e libro de texto)
. O Parlamentarismo (libro de texto)
. A Guerra dos 30 anos e a Paz de Westfalia (libro de texto)
. O nacemento da ciencia moderna (libro de texto)
. Galileo e Copérnico (libro de texto)
O exame deste tema será o día 17 de marzo do 2017; pero lembrade que teremos unha pequena proba voluntaria o día 20 de marzo do 2017.
Descarga de Apuntamentos
Preguntas sobre o tema
luns, 6 de marzo de 2017
Pan Romano
Como
cociñar un pan moi romano ...
O primeiro
de todo é conseguir os seguintes ingredientes:
400 gr de
masa madre
12 gr de
levadura
18 gr de
gluten
24 gr de
sal
533 gr de
augal
405 gr de
fariña de espelta
405 gr de
fariña de trigo integral
Para
despois:
Misturar a
levadura coa auga e a masa madre e despois engadirlle a fariña tamizada e mailo
sal. Facer una forma redonda e deixar reposar durante 1 hora. Por un pouco de
corda ao seu redor para manter a forma durante a cocción e facer uns cortes na
parte superior. Meter no forno entre 30 e 40 minutos a 200ºC
sábado, 4 de marzo de 2017
Normas para a presentación dun traballo
Estásenos a esquecer cales son as normas que tempo que seguir á hora de entregar un traballo. Imos lembralas:
- Os traballos deben entregarse en folios brancos escritos por unha soa carilla. No caso de ser un traballo escrito a man non nos debemos esquecer de por unha plantilla por debaixo do folio para evitar torcernos.
- Todas as páxinas do traballo terán o mesmo tamaño e cor a excepción da portada e a contraportada que poderá ser ou ben doutra cor ou ben un pouco máis grande.
- Na portada aparecerán todos os datos necesarios: titulo do traballo en letras destacadas, autor ou autores do traballo, materia e curso.
- Tes que deixar marxe e encabezamento: xeralmente 4 cm para o encabezamento, uns 3 cm para a marxe esquerda e 1 cm para a marxe dereita.
- Todo traballo debe constar de Índice, paxinación e Bibliografía.
- No caso de tratarse dun traballo escrito a man debes escribir en bolígrafo azul ou negro e cuidar a túa letra de tal xeito que sexa clara, fácil de entender e sen tachóns.
venres, 3 de marzo de 2017
4ESO Revolución Rusa
100 anos dun feito que cambiou o rumbo da Historia
Hai 100 anos producíase en Rusia un proceso revolucionario que mudou para sempre a Historia de Europa. ...
Ver Video
Esquemas
Preguntas sobre o tema
Preguntas sobre o tema
xoves, 2 de marzo de 2017
2ESO O Gótico
Cultura e Arte do Gótico
O gótico é o estilo artístico que se desenvolveu por Europa desde finais do século XII e que se caracterizou desde as súas orixes en ser unha arte urbana.
O exame deste tema será o 10 de marzo do 2017 e o comentario con libro parasá ao 16 de marzo do 2017.
mércores, 1 de marzo de 2017
4ESO I Guerra Mundial e Revolución Rusa
I Guerra Mundial
. Causas da I GM (páxs. 144-145)
. O desenvolvemento da Guerra (páxs. 146-147)
. A vida nas trincheiras (páxs. 148-149)
. A Guerra Total (páxs. 150-151)
A Revolución Rusa
. Causas da Revolución Rusa (páxs 152-152)
. Revolución de 1905 (apuntamentos)
. Revolución de Febreiro 1917 (esquemas)
. Revolución de Outubro 1917 (esquemas)
. Guerra Civil (esquemas)
. Formación da URSS (esquemas)
. Ditadura Stanilista (páxs. 168-169)
xoves, 23 de febreiro de 2017
3ESO O pazo de Versailles
No século XVIII un monarca francés chamado Luís XIV mandou construír un pazo que reflexase todo o seu poder ...
mércores, 22 de febreiro de 2017
4ESO A I Guerra Mundial. A vida nas trincheiras
Sen dúbida, un dos lugares onde morreron máis persoas durante a I Guerra Mundial foi nas trincheiras. Aquí tedes un breve video onde nos explica as durísimas condicións de vida dos soldados.
martes, 21 de febreiro de 2017
1ESO Antiga Roma
Hai moitos séculos, á beira do río Tíber, foron abandonados dous xemeos, Rómulo e Remo ...
AVE ALUMNI
Hª de Roma:
Arte e Arqueoloxía:
Literatura:
Videos:
1ESO O Imperio Romano
Antes de comezares imos ver un pequeno e divertido video sobre o Imperio Romano
luns, 20 de febreiro de 2017
Aventuras Mitolóxicas
Se queredes leer unha novela na que se combinan aventuras, campamentos, amizade e mitoloxía clásica aqui tedes as series de Percy Jacson. Unha boa maneira de aprender mitoloxía sen facer nengún esforzo e pasando un bo tempo. Ah! e para os que non vos gusta ler: xa hai película das dúas primeiras entregas.
Para saberes máis de Percy Jackson e o seu autor Rick Riordan: pincha aquí.
3ESO O absolutismo
No século XVII desenvolveuse en toda Europa unha nova forma de goberno coñecida co nome de absolutismo que ten o seu máximo exponente no reu francés: Luís XIV, tamén coñecido como Rei Sol.
venres, 17 de febreiro de 2017
1ESO Para repasares Arte Grego
Aquí tedes unha chea de links cos que poderedes repasar Arte Grega dun xeito moi divertido:
4ESO Arte do século XX. A Bahaus
A Bahaus foi unha escola de arte e arquitectura de vangarda que funcionou entre 1919 e 1933 en Alemaña. Foi unha das maiores e máis orixinais expresións do Modernismo en Arquitectura e unha das primeiras escolas de deseño do mundo. Sen embargo, a chegada ao poder do Partido Nazi propiciou o seu peche.
Para saber sobre o seu legado: Clica Aquí
Para ver máis fotos: Clica Aquí
mércores, 1 de febreiro de 2017
2ESO Gremio
Gremio: asociación de
artesáns e comerciantes dun mesmo oficio que polo xeral se agrupan en rúas que
recibían o nome da súa actividade e que tiña como obxectivo protexerse da
competencia dos artesáns doutros lugares e para supervisar a produción.
Dentro do gremio existía unha organización xerárquica moi ríxida: en
primeiro lugar tíñase que ser aprendiz, tras uns anos pasábase a oficial e,
finalmente, a mestre artesán, que xa podía ter o seu propio obradoiro.
O gremio preocupábase de manter o cumprimento dunha serie de normas:
ninguén podía realizar o seu oficio nunha cidade sen o seu permiso, e todos os
artesáns debían traballar as mesmas horas e utilizar o mesmo tipo de
ferramentas. Ademais, controlaba a cantidade e calidade dos artigos que se producían
e fixaba o seu prezo final.
O traballo realizábase en pequenos obradoiros, que tiñan como propietario
ao mestre artesán, quen dispoñía das súas propias ferramentas. O artesáns
habitaba unha casas que era ao mesmo tempo obradoiro e vivenda, e que se abría
ao exterior para expoñer os seus produtos e vendelos.
Para descargar o texto: Clica Aqui
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














































