luns, 4 de abril de 2022
Lecturas para unhas vacacións ...
venres, 18 de marzo de 2022
martes, 15 de marzo de 2022
Idus de Marzo
luns, 7 de marzo de 2022
NON, E SEMPRE NON, ÁS GUERRAS
NON, E SEMPRE NON, ÁS GUERRAS
Ala vai uns dous anos neste mesmo blog escribíavos unha frase épica “(…) estamos a vivir un momento histórico (…)”
que, aínda que son unha amante da Historia, non quero ter que volver a
pronunciar na miña vida.
Volvemos a vivir circunstancias excepcionais, xa que facía uns 80 anos que
en Europa un país non invadía outro país. Non quedan case avós e avoas que
vivisen aquel momento e a memoria destes tráxicos sucesos está xa soamente nos
libros. Sen embargo, a guerra que estes días está presente a todas horas en
xornais, radios e televisións comeza a acordar pantasmas do pasado en moitos de
nós.
Se algo sabemos é que un momento histórico non se pode comparar a outro e
que unha personaxe histórica non é nunca igual a outra; pero, o que si nos pode
ensinar a HISTORIA é o que NON queremos que se repita NUNCA MÁIS.
O século XX foi un tempo convulso: pandemias, graves crises económicas, ditaduras
de todo tipo e dúas Guerras Mundiais que practicamente destruíron o noso
continente. Parecía que despois da caída do Muro do Berlín e o fin da Guerra
Fría conseguiramos deixar todo aquelo atrás.
A maior parte de Europa vivía, ou intentaba vivir, en paz, en sociedades
democráticas nas que o pobo escollía libremente aos seus representantes, onde os
nenos e as nenas podían ir á escola, onde a sanidade era gratuíta ou
practicamente gratuíta e na que homes e mulleres fora cal fora as súas crenzas,
ideoloxías, orientación sexual ou identidade de xénero eramos LIBRES e IGUAIS,
ou polo menos case iguais.
O invasión do pasado xoves non foi so o inicio dun novo conflito armado senón
tamén a creba do soño europeo de construción dunha sociedade máis xusta e
igualitaria. Despois de semanas de tensións diplomáticas, o exército ruso
invadiu un país soberano violando toda norma de Dereito Internacional. Pero nesta
guerra non hai malos nin bos, non vai haber vencedores e vencidos porque, como
en calquera conflito, o único que hai son grandes perdedores, o pobo ucraíno e
o pobo ruso.
Os ucraínos, que o mércores pasado ían ao traballo ou a escola como un día
calquera, hoxe ven como as súas casas son destruídas, as súas cidades asediadas,
millóns de cidadáns foxen da guerra e miles de mortos comezan a encher as rúas
e, mentres, o pobo ruso ten que calar xa que as súas liberdades e dereitos
fundamentais están en serio perigo e as consecuencias dunha guerra sobre a que
saben máis ben pouco grazas á propaganda do Estado comezan a estrangulalos economicamente.
É evidente que son eles os que levan a peor parte e que nós desde o confort
dos nosos salóns simplemente observamos horrorizados unha realidade que ata o
mércores pensabamos que era cousa doutras rexións do planeta. Pero esta guerra
tamén vai estar canda nós; imos ver como, unha vez máis, o prezo da vida sube,
como algúns perderán os seus empregos, como os nosos veciños non terán para
comer ou pagar a luz e como cada vez que prendamos a radio ou abramos un xornal
a máis grande das barbaries vainos mirar directamente aos ollos.
Pero novamente, nós todos cidadáns europeos somos os que temos que dar unha
resposta histórica de igual xeito que fixemos con anterioridade. Temos que
defender as nosas liberdades e as nosas democracias e estender estas ao resto
do mundo; pero defender non significa impor pola forza. Temos que loitar por
chegar a un entendemento, por entender aos que pensan, cren e falan diferente
de nós, por axudar a todos aqueles, sexan do bando que sexan, a conseguir
acordos que permitan acabar coa masacre e restaurar os principios desa Europa
libre, xusta e democrática na que todos queremos vivir.
É máis que evidente, despois de 11 días de guerra, que non é nin vai ser unha
tarefa fácil, que nós os cidadáns de a pé queremos axudar pero non sabemos ben
como. Que os nosos gobernantes están a tomar unha serie de medidas que tampouco
saben ben se chegaran a ser efectivas e mentres tanto miles de ucraínos e rusos
están condenados.
Sen embargo, NON debemos perder NUNCA a esperanza nun futuro máis libre, máis
xusto e máis democrático.
venres, 25 de febreiro de 2022
martes, 22 de febreiro de 2022
5EP Confinados e Confinadas do MC (semana do 21 ao 25 de febreiro)
OLA rapaces e raparigas que estades na casa: como vai todo? Esta semaniña é un tanto especial posto que temos algunha que outra sorpresa polo Entroido PERO como non podemos descansar nen un minuto velaí vos deixo a programación:
- Acabar o tema das Paisaxes: o que nos queda é a teoría sobre a auga e acabar o vocabulario da costa e do río (lembrade que o vocabulario ten que estar na libreta pequena).
- Correxiremos as actividades que levamos feitas
- E hai que comezar a estudar a fondo.
domingo, 13 de febreiro de 2022
Eu tamen estou medio confinada ... (semana do 14 de febreiro ao 18 de febreiro)
- Actividades de Respaso que podedes descargar aquí
- Correxiremos as actividades e cadros da montaña e a chaira
- Empezaremos a copiar a teoria da PAISAXE DE COSTA na libreta grande que podedes atopar no E-Book da materia.
- E na libreta pequena o VOCABULARIO relacionado coa paisaxe.
- E non vos olvidedes de comezar a estudar todo o que levamos explicado.
martes, 8 de febreiro de 2022
5EP Seguimos CONFINADOS e CONFINADAS? Semana do 7 ao 13 de Febreiro
Eu xa pensaba que non íamos ter máis confinamentos e veña vós a pillar o virus e quedar na casa. Non vos preocupedes, collede forzas e aos pouquiños podedes facer o traballo desta semana:
- Acabar as actividades e o cadro da CHAIRA.
- Copiar a teoría da COSTA e facer as actividades ae o cadro correspondente.
- Repasar e estudar o vocabulario da MONTAÑA, a CHAIRA e a COSTA.
domingo, 6 de febreiro de 2022
xoves, 3 de febreiro de 2022
mércores, 2 de febreiro de 2022
5EP Esta semana imos de excursión a ....
a esta preciosidade a Fallingwater House ou o que é o mesmo á Casa da Cascada deseñada por Frank Lloyd Wright, un dos grandes arquitectos do século XX, en 1936.
Que che pareceu? Enviame un comengtario coas impresións da túa visita.
luns, 31 de xaneiro de 2022
5EP Seguimos con confinamentos! (Semana do 30 de xaneiro ao 4 de febreiro)
- Comezaremos as clases repasando o vocabulario da MONTAÑA e a CHAIRA; así como tamen o de RELEVO, PAISAXE e os seus TIPOS.
- Faremos e correxiremos as actividades da Chaira asi como tamén o cadro da vida na chaira.
- E se nos da tempo comezaremos o estudio da paisaxe de COSTA.
xoves, 27 de xaneiro de 2022
mércores, 26 de xaneiro de 2022
5ºEP Imos de excursión?
Pois si, hoxe imos de excursión, aínda que eso si VIRTUAL. Preparade as vosas merendas e a botella de auga porque imos visitar un monumento con máis de 10.000 anos de antigüidade.
VOLVEMOS
Ola nenas e nenos de 5ºB!!!!!!!!!!!!!!!
Último día xa!!!!!! Por fin! Que ganiñas de tervos de novo na escola. Sabemos que foi unha semana longa e que teredes de seguro unha morea de cousas que contar.
Xa sabedes, do tipo… “Récord de horas en pixama” ou “Días sen peitear o pelo”. Ou os concursos de … “A ver cantas galletas consigo mollar no leite e meter na boca”. Sabémolo. Foi unha semana chea de retos e probras.
Pero todo acabou e felizmente verémonos nunhas horiñas.
Todos os profes desexamos chegar o xoves e topar esa clase tristona e solitaria chea das vosas risotadas, dos vosos contos, das vosa cariñas.
Descansade , tomade folgos e ,con forza e ganas, a seguir traballando xuntos.
Bicos e apertas das vosas mestras e mestres.
martes, 25 de xaneiro de 2022
O tempo está tolo
Mentres aquí temos un inverno frío e sen rastro de choiva en ATENAS está a nevar como se fose o alta do Everest. A cidade, pouco acostumada á presenza de neve, está colapsada e soamente están abertos os servicios de primeira necesidade. Eso sí a beleza da neve deixa estampas tan fermosas como estas.
domingo, 23 de xaneiro de 2022
Este virus non nos deixa respirar! Semana do 24 de xaneiro ao 28 de xaneiro
Este virus non nos da tregua e moitos de vós tedes que seguir na casa. Pero para que non botedes de menos a escola deixovos aquí o que imos facer esta semana en CIENCIAS SOCIAIS:
- Continuaremos o noso estudo das PAISAXES de INTERIOR profundizando na aprendizaxe do VOCABULARIO da PAISAXE de CHAIRA. Deixovos aqui o enlace para que poidades descargar as definicións e pegalas na libreta de vocabulario ou se preferides escribilas.
- Aproveitaremos para facer as ACTIVIDADES de Paisaxe de Montaña e de Chaira que podedes descargar neste enlace e así simplemente pegar, ler e contestar.
- Seguiremos estudando que é unha PAISAXE de CHAIRA. Para eso simplemente teredes que buscar no E-Book a teoría sobre este tipo de paisaxe e copiala na vosa libreta grande. Clica aqui para consultar o E-Book das Paisaxes.
- Finalmente lembrade que ao final desta semana deberesdes saber: o vocabulario da PAISAXE de CHAIRA e repasar o vocabulario da PAISAXE de MONTAÑA asi como tamen as definicións de paisaxe, relevo, elementos naturais da paisaxe, elementos artificiais da paisaxe e paisaxe de montaña.
xoves, 20 de xaneiro de 2022
martes, 18 de xaneiro de 2022
Lengua Castellana (semana del 17 de enero al 21 de enero)
luns, 17 de xaneiro de 2022
6EP Europa en xogo
Seguimos na casa Semana do 17 de Xaneiro ao 21 de Xaneiro
Aínda estades na casa? Aburridos? Ánimo que seguro que xa vos queda menos para poder vir á escola. Esta semana unha vez que xa sabemos que é unha paisaxe imos comezar a estudar os seus tipos empezando polas PAISAXES DE MONTAÑA:
- O primeiro que imos facer é copiar o esquema dos TIPOS DE PAISAXE (ver E-Book páxina 8) na libreta grande de sociais en posición horizontal.
- Despois estudiaremos o VOCABULARIO relacionado coa PAISAXE DE MONTAÑA (ver E-Book páxina 12) que debedes copiar na libreta de Vocabulario na parte de Sociais; aínda que se non pensades tardar en volver esperade e douvos eu unha fotocopia.
- Finalmente comezaremos a explicación sobre a PAISAXE DE MONTAÑA (ver E-Book páxina 9 e 10)
xoves, 13 de xaneiro de 2022
Lengua Castellana ( Semana do 10 de Xaneiro ao 14 de Xaneiro)
Aquí teneis los trabajos que se van a realizar en la clase de castellano durante esta semana. É importante que lo hagais en la libreta (si no la teneis ya sabeis que podeis venir a buscarla al colegio).
mércores, 12 de xaneiro de 2022
Condensador de Fluzo
Hoxe as 22.00 da comezo a nova temporada do Condensador de Fluzo un programa na que vos contan a Historia dun xeito divertido. Animádevos a velo!!
E como sei que é moi tarde para alg´çun de vós deixovos aquí en baixo o link para podelo ver na TVE á carta.
martes, 11 de xaneiro de 2022
This is Philosophy
É dicir, non entendo nada ou case nada de que é eso da FILOSOFÍA. Sen embargo, pódevos asegurar que a FILOSOFÍA é un dos saberes máis importantes do ser humano e que da resposta as grandes preguntas que nos facemos.
Se queredes acercarvós un pouco máis a este difícil saber e empezar a entendelo recomendovós que vexades THIS IS PHILOSOPHY un programa sobre FILOSOFÍA.
5EP 2022 e xa confinados !!! Semana do 10 de xaneiro ao 14 de xaneiro
Nesta semana na materia de CIENCIAS SOCIAIS imos empezar un novo tema: AS PAISAXES DA TERRA (clica aquí se queres visualizar o tema) polo que terás que facer na libreta grande de Sociais (senon a tes na casa podes vir buscala ao cole):
- Portada nunha nova carilla na que apareza o título do tema.
- Na seguinte carilla empezamos o tema polo que hai que copiar a teoría das páxinas 7 e o do E-Book excepto o esquema que hai ao final da folla.
- Podes aproveitar e ver o vídeo da páxina 8 xa que non me podes escoitar.
- Estudar as definicións de PAISAXE e RELEVO que aparecen subliñadas no texto.
- Tamén podes facer as ACTIVIDADES que aparecen na primeira páxina de actividades do E-Book e que se chaman PAISAXES I.
luns, 10 de xaneiro de 2022
6EP Lapbook Paises da Unión Europea
Como parte deste trimestre propóñovos facer un proxecto de xeografía. Gustaríame que fixesedes un LAPBOOK sobre o país que escollades da Unión Europea PERO para poder facer este traballo seberedes seguir os seguintes pasos:
1. Que é un LAPBOOK? Ver vídeo
2. Escoller un país que forme parte da Unión Europea: Ver vídeo
3. Ler e seguir detidamente as instrucións para facer o LapBooK. Ver instrucións LapBook UE.
4. Buscar información e facer primeiro o LapBook en sucio.
5. Pasalo a limpo nas cartulinas.
6. Entregalo na data proposta.
domingo, 9 de xaneiro de 2022
Comezamos o 2022
Comezamos un novo ano e temos que deixar aquelas cousas non tan boas atras e comezar a dar o mellor de nós mesmos. Cales son os vosos propósitos para este novo trimestre?
venres, 24 de decembro de 2021
xoves, 23 de decembro de 2021
luns, 20 de decembro de 2021
IO SATURNALIA
Entre o 17 e o 24 de decembro tiña lugar en Roma unha das festas máis divertidas do calendario: as Saturnalia. As Saturnalia celebrábanse en honor a Saturno un deus antiquísimo que ensinara aos homes e mulleres a traballar a Terra nun tempo en que non había diferencia entre estos. As Saturnalia celebrábanse neste momento do ano cando xa finalizara a semeteira e pedíaselle ao deus que protexera estas plantas do duro inverno.
5EP e 6EP Tempo de Nadal
. Finis Mundi de Laura Gallego
. O enigma do scriptorium de Pedro Ruíz García
venres, 17 de decembro de 2021
Para saberes máis
Se queredes ver os diarios, planos e fotografías tomadas por Howard Carter e o seu equipo clica aquí. Eso si prepárate para practicar o teu inglés.
xoves, 16 de decembro de 2021
5EP Recomendacións Lectoras
Este Nadal que parece que imos ter pasado por auga e pola COVID recomendovós ler algún destes títulos para amenizar ás tardes en casa.
A miña primeira recomendación, posto que por algún lado teño que empezar, son os libros da serie Misterios Romanos de Caroline Lawrence. Ao longo de 17 libros poderaste adentrar nos misterios da Antiga Roma da man de catro detectives aficcionados: Flavia, Jonathan, Fluvio e Lupius.
Pero se os romanos non son o voso e preferides adentrarvos nos misterios do Antigo Exipto, unha boa elección poden ser: El viaje mágico de Heka de Núria Pradas; Más Alla de las tres dunas ou Las catorce momias de Bakrí de Susana Fernandez Gabaldón.
E xa para rematar, se estás lecturas vos parecen pesadas sempre vos podedes pasar ao cómic; unha expresión literaria tan interesante como as anteriores pero en ocasións moito máis fácil de dixerir coa barriga chea de turróns.
Nesta ocasión o meu consello céntrase en dous clásicos da banda deseñada: Tintín e Asterix e Obelix.
mércores, 15 de decembro de 2021
6EP Recomendacións Lectoras
Este Nadal aínda que toca descansar creo que deberiades facer unha pequena viaxe ao noso pasado da man dalgún dos seguintes libros:
Comezamos cun clásico que ten xa cerca de 50 anos pero segue a ser tan trepidante coma cando se escribiu: Cruzada en jeans de Thea Beckman.
Neste libro narrase a aventura de Rudolph un neno do século XX que por un erro vese obrigado a quedarse a vivir no ano 1212 na Europa medieval. Se te decides a lelo acompañarás a Rudolf por boa parte de centro Europa e Italia.
Nas miñas dúas seguintes recomendacións seguimos na Idade Media pero agora cambiamos de acompañantes. No enigma do Scriptorium vai ser Francisca, unha aprendiz de amanuense, quen deberá descubrir que foi o que en realidade aconteceu no Scrptorium; mentres que en Finis Mundi de Laura Gallego acompañaremos un monxe na súa misión de parar o Tempo.
Pero se as enchentas de turrón de chocolate fan este tipo de lecturas moi pesadas sempre vos podedes decantar polos cómics. E nesta ocasión o meu consello céntrase en dous clásicos da banda deseñada: Tintín e Asterix e Obelix que ben podedes se sodes valentes ler na lingua orixinal, o francés, ou incluso en latín. Alguén se atreve?
martes, 14 de decembro de 2021
6EP Obradorio de Caligrafía Histórica I: O Mundo Romano




