martes, 29 de marzo de 2016
martes, 22 de marzo de 2016
xoves, 17 de marzo de 2016
mércores, 16 de marzo de 2016
martes, 15 de marzo de 2016
Idus de Marzo
![]() |
Xulio César |
Hoxe fai 2060 anos que morría asasinado en Roma o político, militar e escritor romano Xulio César.
Odiado polos pobos que conquistou e por moitos estudantes de latín e, sen dúbida, unha das personaxes históricas que máis fascinación ten causado.
S.T.T.L.
luns, 14 de marzo de 2016
venres, 11 de marzo de 2016
Pazo de Versailles
No século XVIII un monarca francés chamado Luís XIV mandou construír un pazo que reflexase todo o seu poder ...
xoves, 10 de marzo de 2016
martes, 8 de marzo de 2016
Aqui tes un montón de enlaces para xogar e aprender sobre a Antiga Grecia:
Recoñecer as partes dunha polisQue sabemos sobre os gregos
Test para comprobar os nosos coñecementos
Arte grega
Recoñecer monumentos gregos
Recoñecer obras arcaicas
Ordenes Clásicos
Partes dun templo grego
Dioses Gregos e Romanos
Crucigrama
Literatura Grega
A viaxe de Odiseo
Videos
O século de Pericles
venres, 4 de marzo de 2016
3ESO Temario 3ª Avaliación
O Temario para está última avaliación vai ser:
Exame de Recuperación da 2ª Avaliación: 4 Abril 2016
Entrega da Ficha de Lectura de Semana Santa: 15 Abril 2016
Entrega da Ficha de Lectura de Semana Santa: 15 Abril 2016
. A Idade moderna páxs. 188-189
. O Humanismo páxs. 190-194
. Reforma e Contrarreforma páxs. 196-199
. Arte do Renacemento Apuntamentos (obrigatorio)
. Os Medici páxs.208-209
Data do exame: 11 Abril 2016
Tema 12 e 13: O auxe da monarquía hispánica e a decadencia dos Austrias
. O Imperio universal páxs. 244-247
. O Imperio Hispánico 246-249
. Explotación do Imp. Americano páxs. 254-255
. Causas do fin do Imperio páxs 266-267
. A Crise páxs 268-269
Data do exame: 9 Maio 2016
Tema 14 e Tema 15: O absolutismo e o Barroco
Éxtase de Sta Teresa |
. O absolutismo Apuntamentos (obrigatorio) e páxs. 284-285
. Parlamentarismo páxs 288-289
. A Ciencia no s XVII páxs 300-303
. O Barroco Apuntamentos
Data do exame: 30 Maio 2016
Comentario Oral dunha obra de Arte entre 31 Maio e o 17 de Xuño
Como tomar apuntamentos? Lectura Obrigatoria
Como facer un comentario de texto? (obrigatorio)
Como facer un comentario de Arte ? (obrigatorio)
Aqueles alumnos con NEE deberán descargar o seguinte arquivo
Como facer un comentario de texto? (obrigatorio)
Como facer un comentario de Arte ? (obrigatorio)
Aqueles alumnos con NEE deberán descargar o seguinte arquivo
Data Exame Final: 10 Xuño 2016
mércores, 24 de febreiro de 2016
ABALAR e a Historia
Para poder empezar a traballar cos ordenadores ABALAR o primeiro
que tedes que facer é ter paciencia e seguir as seguintes instruccións:
1. Descarga os seguintes
arquivos e gravaos na túa carpeta de sociais:
2. Logo debes ir á carpeta de
programas e abrir un programa chamado Xournal, que vos permite
convertir o ordenador nunha especie de tablet sobre a que se pode escribir.
3. Despois dentro do Xournal,
ir á pestana file/arquivo e clicar en Annotar
un PDF e buscar na carpeta de
Sociais o arquivo que descargaches antes, neste caso será o de arte exipcia.
4. Empezar a completar as
actividades propostas utilizando as ferramentas de escritura que vos ofrece o
Xournal. Lembrade que podedes utilizar o libro e a libreta.
5. Como nunha clase non vos
vai dar tempo a rematar o traballo é MOI IMPORTANTE que
gravedes o que levades feito. Para eso, hai que ir a pestan file/arquivo e
clicar en save as/gardar como e porlle ao arquivo o voso nome e aseguradevos
que o gardades na vosa carpeta.
6. Cando acabedes o traballo
tedes que mandarmo feito ao seguinte mail noemisociais@gmail.com
venres, 19 de febreiro de 2016
venres, 12 de febreiro de 2016
Os nosos super heroes/heroínas
Sempre imaxinamos aos heroes e heroínas como seres con capa, músculos e super poderes. Sen dúbida, unha idea moi lonxe da realidade. Os verdadeiros heroes son aquelas persoas que por calqueira razón deciden esquecerse un pouco deles mesmos e loitar polo que creen.
Entre estes homes e mulleres hai cooperantes, médicos, políticos, xornalistas, relixiosos, investigadores, profesores, científicos, alumnos, avogados, revolucionarios, físicos, pensadores, parados, mineiros ...
Homes e mulleres con ideas e crenzas moi diferentes pero todos cun obxectivo común: facer do mundo en que vivimos un lugar mellor.
Nesta avaliación imos pensar un pouco nestes pequenos heroes e heroínas e imos adicar o noso esforzo a descubrir ou redescubrir a algúns deles.
Veñen a miña cabeza moitos nomes como os de; Silvia Pankhurst, M. Patarroyo, Chris Mburu, Voltaire, Concepción Arenal, Che Guevara, Bob Hunter, Thomas Salk, Mahatma Gandhi, Eglantine Jebb, Bernard Kouchner, Emmanuel Jal, Oriol Mitjá, Vicente Ferrer, Emmeline Panhurst, Alexander Fleming, Clara Campoamor, Hélder Cámara, Jacques Mabit ... pero hai motísimos máis.
Normas para facer o traballo
Data de entrega do traballo: 9 de marzo do 2016
Data de entrega do traballo: 9 de marzo do 2016
martes, 2 de febreiro de 2016
Proxecto para unha Enciclopedia
Seguimos a traballar no noso proxecto sobre xeografía de Europa e malía ter investigado moitísimo, tanto na rede como na biblioteca, faltanos organizar a información. Aínda que hai moitas cousiñas que cambiar, imos polo bo camiño PERO antes de facer unha presentación en Power Point de quitar o hipo, temos que mellorar o que escribimos.
Todos aqueles alumnos que teñan que repetir ou mellorar o seu traballo poden descargarse aquí o guión de como facer o traballo.
Boa Sorte e pensade que xa falta menos.
Data de entrega: 16 de Febreiro do 2016
martes, 19 de xaneiro de 2016
Billy Elliot
Pincha aqui se queres o traballo que tes que facer para a materia de Educación para a Cidadanía. Lembrade que deberedes entregalo o día 3 de febreiro do 2016
mércores, 23 de decembro de 2015
luns, 14 de decembro de 2015
sábado, 12 de decembro de 2015
Vacinas
![]() |
Descubre o teu nível de vacinación |
As vacinas son preparacións biolóxicas que proporcionan inmunidade adquirida activa ante unha determinada enfermidade. E ademais son vitais para evitar moitísimas doenzas.
Clica no pé de foto e descubre algo máis sobre as vacinas ...
mércores, 2 de decembro de 2015
O antropólogo inocente
Tedes todas unhas vacacións para ler un libro diferente pero tremendamente divertido no que un xoven Nigel Barley cóntamos as súas aventuras e desventuras nunha tribu africana, a dos dowayos.
Coa lectura deste libro podes aprender de primeira man como se realiza un traballo de investigación, así como tamén un pouco máis sobre unha das tribus con costumbres máis singulares de África.
Xa me contaredes á volta das vacacións.
Se queres descargar o libro aquí o tes.
luns, 30 de novembro de 2015
venres, 27 de novembro de 2015
A música cambia ás persoas
Emmanuel Jal era un neno de 8 anos en Sudán cando se convertiu en soldado; anos despois e coa axuda da música transmitenos a súa impresionante experiencia.
mércores, 25 de novembro de 2015
martes, 24 de novembro de 2015
Estamos de aniversario
Hoxe hai 41 anos no lonxano val de Afar (Etiopía) aparecía o esqueleto da tataraboa da humanidade. Chamábase Lucy e era un homínido de tan só 1 metro de altura e uns 27 kg de peso ...
Pinchade aqui ou aqui.
domingo, 22 de novembro de 2015
venres, 20 de novembro de 2015
Xa queda pouco para as vacacións
Xa quedan poucos días para as vacacións de Nadal pero antes temos que facer un pequeno gran esforzo que nos permita superar a chea de probas que imos ter nas próximas semanas.
Tema 1: A Terra planeta do sistema solar.
Tema 2: Tempo e clima.
Tema 3: Climas e Paisaxes da Terra.
Tema 4: Vocabulario Xeográfico.
Tema 3: Climas e Paisaxes da Terra.
Tema 4: Vocabulario Xeográfico.
Tema 1: O marco físico das actividades humanas.
Tema 2: Climas e Paisaxes do Mundo
Tema 3: A organización económica das sociedades
Tema 4: O sector Primario.
Tema 4: O sector Primario.
mércores, 18 de novembro de 2015
Comentario dunha gráfica
Hoxe os alumnos de 1ESO van facer o seu primeiro comentario dun climograma. Vai ser un comentario guiado no que terán que responder ás preguntas que se fan sobre unha gráfica similar á da fotografía pero como as veces algúns necesitamos practicar un pouco máis vouvos deixar un enlace para que poidades facer, de xeito voluntario, outro comentario guiado.
sábado, 14 de novembro de 2015
venres, 13 de novembro de 2015
Vocabulario de Educación para a Cidadanía
Para o exame da 1ª Avaliación temos que saber definir as seguintes palabras: resilencia, cidadanía, autocoñecemento, autoestima, asertividade, sociabilidade, socialización, habilidade social, marxinación, autoexclusión, prexuízo social, racismo, xenofobia, sexismo, homofobia, empatía e proxecto persoal.
E por suposto, estar preparado para facer unha pequena reflexión.
mércores, 11 de novembro de 2015
Por ser unha nena ...
"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo"
Está nas nosas mans poder cambiar a vida de moitas nenas. Empecemos por Julia Avoro ...
martes, 27 de outubro de 2015
Un mundo en miniatura
Aínda que algúns destes datos poden ter cambiado creo que este vídeo vainos facer reflexionar.
Se puidesemos reducir a poboación mundial a unha pequena aldea de 100 peroas mantendo as proporcións sería así ...
Se puidesemos reducir a poboación mundial a unha pequena aldea de 100 peroas mantendo as proporcións sería así ...
domingo, 25 de outubro de 2015
Coñecedes ben a vosa cidade?
Hoxe imos recordar un vídeo publicado neste blog por primeira vez hai xa tres anos onde nos lembran o bela que puido ser a nosa cidade se tivesemos sido un pouco máis cuidadosos. Recoñecedes os lugares?
martes, 20 de outubro de 2015
O pequeno salvaxe
Despois de ver a película O pequeno salvaxe do director francés F. Truffaut inspirada na historia de Víctor de Aveyron, un neno abandonado nos bosques sendo pequeno ao redor de 1870 imos facer un pequeno traballo que vos podedes descargar aqui.
xoves, 15 de outubro de 2015
martes, 13 de outubro de 2015
Guerra en Siria
Moitos vos preguntades polo porque da guerra en Siria e a crise de refuxiados. Nada mellor que este video de 10 minutos para entender algo mellor o que está a pasar.
venres, 9 de outubro de 2015
E logo queixámonos do comedor
Hai uns días publicábase nun xornal unha serie de fotos sobre comidas escolares ao redor do mundo ...
![]() |
EEUU |
![]() |
India |
![]() |
Xapón |
domingo, 27 de setembro de 2015
Happy
Happiness is experiencing the present moment because the present moment is when you realize you are truly alive. Happiness is not about what you have but what you give.
GIVE, DANCE, LAUGH, SING
martes, 22 de setembro de 2015
Mapas Mudos
Sei que algúns de vós tedes algún que outro problema para atopar os mapas. mudos Aquí tedes unha páxina para poder descargalos, imprimilos e facelos.
domingo, 6 de setembro de 2015
Nun par de días xa estamos de volta para dar o mellor de nós mesmos. Comezamos un novo curso cheo de novidades: novas materias, libros novos, unh chea de ganas de aprender ....
Pero para comezar imos ver o que necesitamos:
Ciencias Sociais 6º Primaria:
* Libreta grande cuadriculada grapada.
* Lápiz, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul o negro.
* 2 mapas mudos físicos de Europa
* 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica
Ciencias Sociais 1ºESO:
* Correo electrónico en uso.
* Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
na última páxina do voso libro de texto)
* Libreta grande cuadriculada grapada.
* Lápiz, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul o negro.
* 2 mapas mudos físicos de Europa
* 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica
* 2 mapas mudos físicos do Mundo.
Ciencias Sociais 3ºESO:
* Correo electrónico en uso.
* Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
na última páxina do voso libro de texto)
* Libreta grande cuadriculada grapada.
* Lápiz, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul o negro.
Pero para comezar imos ver o que necesitamos:
Ciencias Sociais 6º Primaria:
* Libreta grande cuadriculada grapada.
* Lápiz, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul o negro.
* 2 mapas mudos físicos de Europa
* 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica
Ciencias Sociais 1ºESO:
* Correo electrónico en uso.
* Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
na última páxina do voso libro de texto)
* Libreta grande cuadriculada grapada.
* Lápiz, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul o negro.
* 2 mapas mudos físicos de Europa
* 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica
* 2 mapas mudos físicos do Mundo.
Ciencias Sociais 3ºESO:
* Correo electrónico en uso.
* Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
na última páxina do voso libro de texto)
* Libreta grande cuadriculada grapada.
* Lápiz, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul o negro.
xoves, 3 de setembro de 2015
Reflexións antes de comezar
![]() |
Lembrando a Aylan, a Eulet e á multitude de homes, mulleres e nenos que morren hoxe no Mediterráneo na procura dunha vida mellor lonxe da guerra e da pobreza. |
Cando a miña conciencia non deixaba de berrarme mentres lía os xornais e comezaba a pensar que este mundo xa non tiña remedio, tomei conciencia de que os que non teñen remedio son os nosos gobernantes posto que os cidadáns xa nos estamos organizando (Refugees Welcome, petición de Bryndis Bjorgvinsdottir en Facebook ...)
sábado, 20 de xuño de 2015
Feliz Verán 2015
![]() |
Praia de Rodas. Illas Cíes |
Agora que xa acabou o curso só me queda desexarvos unhas moi felices vacacións e darvos unha breve lista de deberes para este verán:
1. Pola maña, por veces, camiña sen
compañía pola beira do mar. Mira como o sol se reflexa na auga mentres pensas
nas cousas que máis che gustan na vida e sinteste feliz.
2. Intenta usar todas as palabras novas que
aprendeches este ano: poderás dicir máis cousas, poderás pensar máis
cousas e, canto máis penses, máis libre vaste sentir.
3. Lee o máximo posible. Non porque o teñas
que facer. Lee porque o verán te inspira aventuras e soños. Lendo, sentiraste
coma os paxaros voando. Lee porque é a mellor forma de rebelión.
4. Evita todas as cousas, situacións e
persoas que te fagan sentir negativo e baleiro. Busca situacións estimulantes e
amigos que te aprecien e te entendan por ser quen es.
5. Se te sintes triste ou asustado, non te
preocupes. O verán, como todas as grandes cousas, transtorna a alma. Intenta escribir
un diario onde poidas ecribir sobre os teus sentimentos (e en setembro se queres
podemolo ler xuntos).
6. Baila; sen sentir vergonza na rúa,
cerca da túa casa ou na túa habitación. O verán é un baile. Sería una vergonza non formar parte del.
7. Alomenos unha vez tes que ver o mencer.
Estar aí en silencio e respirar. Pechar os ollos, agradecido.
8. Practica moito deporte.
9. Se atopas unha persoa que te gusta
moito, dillo con sinceridade e toda a gracia da que sexas capaz. Non pasa nada tanto
como se o entende como senon. Se non é recíproco, entón non estaaba previsto que
el/eela formase parte do teu destiño. Pola contra, o verán do 2015 é unha gran
oportunidade para camiñar xuntos (e se non funciona volve o punto 8).
10. Lembra o que aprendeches na escola e
consulta os teus apuntamentos.
11. Se feliz como o sol e indomable como o
mar.
12. Non digas palabrotas. Se sempre
educadísimo e xentil.
13. Goza dos filmes con diálogos emotivos,
sobre todo en ingles. Axudarante a mellorar as túas habilidades lingüísticas e
as túas oportunidades de soñar. Non deixes que o filme remate nos créditos.
Vive a experiencia todo o veráan.
14. Durante o día ou a noite, soña con como pode ser a túa vida.
Durante o verán, colle forzas para non rendirte e fai todo o que poidas para
conseguir eses soño.
15. Se bo.
Fragmento dos traballos de verán enviados polo Profesor Cesare Cata aos seus
alumnos do Lizeo delle Szience Umane Don Bosco de Fermo (Italia).
martes, 19 de maio de 2015
luns, 27 de abril de 2015
Patios de Recreo do Mundo
Non todas as escolas son como as nosas! Aqui tes distintos patios de recreo ao redor do mundo.
![]() |
Sierra Leona |
![]() |
Bután |
![]() |
Israel |
martes, 21 de abril de 2015
domingo, 12 de abril de 2015
luns, 6 de abril de 2015
Estas vacacións aproveiteinas para LER
Lin todo tipo de cousas, pero sobre todo novelas para vós; para encontrar eses libros que vos fagan amar a lectura do mesmo xeito que o fago eu.
Entre os títulos que vos podo recomendar están:
- Cruzada en Jeans de Thea Beckman
- Los muchachos de Dublin de Jean-Claude Alain
- Guárdate de los Idus de Lola Gándara
- La Huida de Kathryn Lasky
- Los filibusteros del uranio de Andre Massepain
- ou Los juegos del Hambre de Suzanne Collins.
mércores, 1 de abril de 2015
martes, 31 de marzo de 2015
luns, 30 de marzo de 2015
Definiting Beauty
Do 26 de Marzo e ata o 5 de xullo poderase visitar no British Museum a exposición Definiting Beauty:the body in Ancient Greek Art. Interesante botarlle un ollo se estades por Londres.
venres, 27 de marzo de 2015
A Reconquista
A noite do 27 de marzo de 1809 os vigueses liderados por Cachamuíña decidiron tomar ao asalto a cidade de Vigo controlada ata aquel momento polas tropas francesas. A acción foi todo un éxito e Vigo converteuse na primeira praza recuperada en España e a nosa cidade recibiu o título de "leal e valerosa"
Hoxe en día é unha das festas máis emblemáticas da nosa cidade ...
Para saberes máis: pincha aquí
Para ver o desfile infantil
Par gozar da festa consulta o programa
xoves, 26 de marzo de 2015
Arqueoloxía Subacuática
Hoxe visitounos, un arqueólogo subacuático e explicounos como atopar un pecio, como escavalo e, o máis importante, como interpretalo.
Video do Barco Fenicio de Mazarrón |
luns, 23 de marzo de 2015
domingo, 22 de marzo de 2015
Patrimonio da Humanidade / World Heritage
O título de Patrimonio da Humanidade / World Heritage é unha distinción concedida pola UNESCO a aqueles lugares dos mundo que teñen unha importancia cultural ou natural excepcional. Actualmente existen 1007 lugares patrimonio da humanidade dos que 779 son culturais, 197 naturais e 31 mixtos e están distribuidos por 161 países. Sen embargo, algúns destes lugares están en perigo e debemos loitar pola súa conservación.
sábado, 21 de marzo de 2015
venres, 20 de marzo de 2015
sábado, 14 de marzo de 2015
Achádego de novas pinturas rupestres en Cantabria
Sabiamos que en Cantabria podiamos atopar algunhas das covas con pinturas rupestres máis importantes do mundo (Cova de Altamira ou de Tito Bustillo) pero o que non sabiamos é que esta mesma semana se atoparon novas pinturas máis antigas que as de Altamira.
Un grupo de espeólogos acaba de atopar, nunha cova utilizada tradicionalmente para gardar ovellas, restos de composicións xeométricas realizadas polos homes e mulleres do Paleolítico.
Para saberes máis: Pincha Aquí.
mércores, 11 de marzo de 2015
A beleza está en todas partes
na música, na arquitectura, na arte, na danza, na historia, nas persoas ...
Se non consegues ver o video pincha aqui
ou busca "take me to the church"+ Sergei Polunin
Por fin !!
Os grandes museos novaiorkinos acaban de por a disposición dos usuarios de internet un gran número de libros de arte gratuitos da súa colección de descatalogados.
Estamos de sorte !!
martes, 10 de marzo de 2015
O noso nome ...
Aínda que pareza incríbel este é parte do meu nome escrito en cuneiforme. Queredes probar?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)