luns, 24 de febreiro de 2020

6EP RETO SEMANAL (24/2/20 ao 28/2/20)


Que famosa cordilleira europea tiveron que atravesar as lexións de Xulio César cando se dirixían a conquistar a Gallia?

luns, 17 de febreiro de 2020

6EP RETO SEMANAL (17/2/20 ao 21/2/20)


Como se chama a cidade situada ao Leste da Cordilleira dos Urais que ten unha equipa de baloncesto feminino dirixido polo entrenador vigués Miguel Méndez?

venres, 14 de febreiro de 2020

"nace" un iceberg


Un ICEBERG é unha illa de xeo procedente da fragmentación de xeo polar e que é arrastrada polas correntes mariñas ata latitudes máis baixas. Neste pasado xaneiro a Axencia Espacial Europea conseguiu captar por primeira vez imaxes deste momento máxico.
Sen embargo, as dimensións do iceberg, 300 Km2, deixan claro que o desxeo dos polos é unha realidade máis que preocupante.


Neste día adicado ao amor citemos ao gran poeta  Horacio Intret amicitiae nomeine tectus amor" e non vos esquezades do Carpe Diem pero con sentidiño.
Ars Amandi I. V. 720.

xoves, 13 de febreiro de 2020

Este é un verán de moita calor no Hemisferio Sur


Este verán está a ser moi cálido na Antártida o que nos ten deixado imaxes moi curiosas. Por primeira vez, as bases científicas vense deste xeito ...

luns, 10 de febreiro de 2020

6EP RETO SEMANAL (10/2/20 ao 14/2/20)


Que famoso personaxe dunha novela de Bram Stoker habitaba na Cordilleira dos Cárpatos?

6EP O relevo de Europa



Os límites de Europa son:
·        . Ao Norte o Océano Glaciar Ártico
·        . Ao Leste os Montes Urais, o río Volga/ Urais, o Mar Caspio e a Cordilleira do Caúcaso que nos separa de Asia.
·        . Ao Sur o Mar Mediterráneo que nos separa de África
·        . E ao Oeste o Océano Atlántico. 
    Europa é un continente relativamente pequeno. Trátase dunha península rodeada de mar e unida ao continente e unida ao continente asiático por unha ampla franxa de territorio (Montes Urais, o río Volga, o Mar Caspio e a Cordilleira do Caúcaso).

martes, 4 de febreiro de 2020

5EP Rías de Galiza



As costas galegas están bañadas polo Mar Cantábrico e o Océano Atlántico. Trátase de costas moi recortadas que presentan numerosos cabos, penínsulas e rías. Unha parte da costa caracterízase pola presenza de zonas altas con cantís e outras por ser unha costa baixa e areosa.

sábado, 1 de febreiro de 2020

Congratulations British Women!!!!


Tal día como hoxe hai 102 anos o Parlamento Británico aprobaba unha lei que permitía o voto da muller. Anteriormente fixérano países coma Nova Zelandia (1893), Australia (1902), Finlandia (1906), Noruega (1913), EEUU (1920) ou o noso país en 1933

Para saberes máis: Clica Aquí