mércores, 24 de abril de 2024

 Contan os nosos maiores que hai hoxe 50 anos nun pequeno país á beira do Atlántico, militares e pobo uníronse para derrocar a inxustiza, a falta de liberdade e a explotación colonial sen disparar apenas un fusil.

Era media noite e media cando en moitos cuarteis do exército portugués, capitáns e soldados escoitaban a radio na procura dunha música que anunciara que os plans de acabar cun goberno ditatorial, que duraba xa máis de 50 anos, ían cara adiante.

Gndola soou e os lisboetas acordaron a maña do 25 de abril coas rúas cheas de militares. A consigna era que o pobo permanecese nas súas casas. Mais o pobo saíu á rúa e coa esperanza no peito aclamou aos soldados e encheu as súas armas de caraveis vermellos.

Foi asi como Portugal acadou a democracia e as súas colonias, Angola, Moçambique, Guiné, Sao Tome e Príncipe, Cabo Verde e Timor iniciaron o camiño cara a súa independencia.

Porque o povo é quen máis ordena

Viva o 25 de Abril!

Viva a liberdade!

50 anos do 25 de abril


sábado, 20 de abril de 2024

martes, 9 de abril de 2024

martes, 19 de marzo de 2024

Mércores para pensar

 

Hai un par de días en Finsbury Park, Londres apareceu este debuxo do famoso grafiteiro BANSKY. 
Este artista famoso pero ao mesmo descoñecido caracterízase polas críticas que fai a actualidade do momento. Que pensades vós que nos quere dicir Bansky con este debuxo? 

luns, 18 de marzo de 2024

6EP Mapa da Península Ibérica

 Sitúa no seguinte mapa mudo: (58 items)

  • Límites da Península Ibérica. (5 items)
  • Unidades Periféricas da Península Ibérica. (5 items)
  • Todas as unidades do relevo que rodean á Meseta Castelá. (3 items)
  •  Principais ríos da vertente atlántica e mediterránea (Miño, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir, Ebro, Turia, Xúcar e Segura). (9 items)
  • A submeseta Norte, a submeseta Sur, o Sistema Central e os Montes de Toledo (para nota sitúa a Serra da Estrela). (5 items)
  • os seguintes cabos e puntas: Punta de Estaca de Bares, C. Ortegal, C. Fisterra, C. da Rocha, Esteiro do Texo, C. Espichel, C. San Vicente, Marismas do Guadalquivir, Punta de Tarifa, C. de Gata, C. de Palos, C. de Nao, Delta do Ebro e C. Creus. (14 items)
  • Localiza as illas que forman o arquipélago das Baleares e o das Canarias e escribe os seus nome. (14 items)
  • Pinta de amarelo a Meseta Castelá e de laranxa as depresións do Ebro e do Guadalquivir. (3 items)


xoves, 14 de marzo de 2024

Idus de Marzo






Hoxe fai 2068 anos que morría asasinado en Roma o político, militar e escritor romano Xulio César.
Odiado polos pobos que conquistou e por moitos estudantes de latín e, sen dúbida, unha das personaxes históricas que máis fascinación ten causado.

S.T.T.L.

martes, 12 de marzo de 2024

6EP Actividades Mapa Península Ibérica IV

   Sinala no seguinte mapa mudo:

  • Todas as costas (Cantábrica, Atlántica Galega, Atlántica Portuguesa e Andaluza, Andaluza Mediterránea, Costa Levantina e Costa Catalá) e escribe as súas características.
  • Colle un Atlas e sinala os Cabos e puntas marcados no mapa.
  • Sinala os ríos máis importantes da P. Ib,.
  •  O delta do Ebro, o Esteiro do Texo e as Marismas do Guadalquivir.

 

domingo, 10 de marzo de 2024

6EP Actividades da Península Ibérica III

   Sitíua no seguinte mapa mudo:

  • Todas as unidades periféricas da P.Ib.
  • As unidades do relevo que rodean á Meseta
  • O Sistema Central e os Montes de Toledo.
  • Os principais ríos da vertente atlántica e a vertente mediterránea.
  • Pinta de verde a Depresión do Ebro e a do Guadalquivir
  • Pinta de amarelo a Meseta Castelá.


luns, 26 de febreiro de 2024

sábado, 24 de febreiro de 2024

 


Cando penso que te fuchesNegra sombra que me asombrasÓ pé dos meus cabezalesTornas facéndome mofaCando maxino que es idaNo mesmo sol te me amostrasI eres a estrela que brilaI eres o vento que zoaSi cantan, es ti que cantasSi choran, es ti que chorasI es o marmurio do ríoI es a noite I es a auroraEn todo estás e ti es todoPra min I en min mesma morasNin me dexarás nuncaSombra que sempre me asombras

6EP Actividades Península Ibérica I

 Sitíua no seguinte mapa mudo:

  • Todas as unidades periféricas da Península Ibérica.
  • Colorea de amarelo as depresións do río Ebro e do río Guadalquibir
  • As cordilleiras que rodean as depresións do Ebro e do Guadalquivir.

mércores, 7 de febreiro de 2024

Mapas Mudos

 Para poder aprender ben onde se localizan os diferentes acidentes do relevo nun mapa ou onde está situado un pais, unha cidade ou unha vila é moi importante traballar con mapas mudos.

Velaí vos deixo un enlace para que poidades descargar os que precisedes

martes, 16 de xaneiro de 2024

Menos veciños, máis amigos

Neste pasado mes de decembro tivemos a sorte de compartir cos nosos colegas do João de Meira de Guimarães un par de xornadas que nos permitiron acercarlles un pouco máis aos seus alumnos a nosa lingua, a nosa historia, a nosa música e tamén un pouco do noso facer educativo.

Inscrito dentro do marco e-twinning da Comisión Europea, "Menos veciños e máis amigos" é un proxecto coliderado pola nosa escola e o AE João de Meira de Guimarães co obxectivo de propiciar o acercamento entre o alumnado e o profesorado de Galiza e o Norte de Portugal.

Con este proxecto colle pulo a idea de que as fronteiras non son máis que unha delimitación espacial e as persoas somos quenes de debullar entre as diferenzas para atopar semellanzas.


 

luns, 8 de xaneiro de 2024


Coñécese co nome de CASTREXOS ou CULTURA CASTREXA ás persoas que habitaban o NO da P. Ibérica desde aprox. o 600 a.C. ata á chegada dos romanos. Tratábase de pequenos grupos sociais que se adicaban ao cultivo de cereais, a cría de gando e a pesca; sabían traballar os metais, fabricar cerámica e elaborar tecidos e tiñan pequenos contactos comerciais con outros habitantes da península.

Vivían en pequenos poboados amurallados chamados castros situados no alto de outeiros. En cada castro convivían varías familias en casas circulares de pedra cubertas con tellados de palla. Rendían culto ás forzas da naturaeza e incineraban aos seus mortos.

Entre os RESTOS ARQUEOLÓXICOS desta cultura que teñen chegado ata nós destacan: os recintos dos castros, muíños de man, restos de cerámica, puñais, torques, brazaletes, arracadas, alfinetes ou fíbulas; trisqueles, figuras de guerreiros, pedras formosas, cabezas trofeo, estatuas sedentes e altares aos seus deuses.

 

Clica na imaxe para acceder á presentación.