mércores, 27 de maio de 2020

Cociña Martín Codax III


Hoxe propoñovos que aprendades a facer unhas verdadeiras biscuits de época victoriana. Eso sí teredes que repasar o voso English. A época Victoriana é como se lle chama no Reino Unido ao período que vai dende 1837 ata 1901 e durante todo o cal reinou a raíña Victoria.

martes, 26 de maio de 2020

mércores, 20 de maio de 2020

Mércores para Pensar



Hai un par de semanas nun hospital de Southhamton apareceu este debuxo do famoso grafiteiro BANSKY. Este artista famoso pero ao mesmo descoñecido caracterízase polas críticas que fai a actualidade do momento. Que pensades vós que quixo dicir Bansky con este debuxo? 

martes, 19 de maio de 2020

6EP Comentario dun climograma


Tal vez, unha das actividades onde máis tivemos que aplicar as nosas dotes como investigador ou investigadora foi na interpretación de climogramas. Imos facer unha última práctica; sobre a que vos aseguro que vos vai parecer moito máis fácil.



Para repasar a teoría clica aquí 

IMPORTANTE: Para evitar modificar os arquivos que subo á miña nube é moi importante que os descarguedes antes de utilizalos.

xoves, 14 de maio de 2020

Cociña Martín Códax II



Hoxe imos incluir unha nova receita no noso libro de Cociña Martín Códax. Trátase dunha receita moi especial xa que ten máis de 2200 anos de antigüidade e para a que tivemos a sorte de contar coa colaboración de Calpurnia, unha matrona romana recén chegada do 200 a.C.

Se queres descubrir como se fai o Libum Olivarum clica sobre a foto

mércores, 13 de maio de 2020

Mércores para pensar


A beleza é algo moi subxectivo que podemos atopala en calquer parte: nunha fotografía, nun cadro, nun filme, nunha música, nunha escultura ... para min este vídeo é unha expresión de beleza. Poderíadesme contar cal é a vosa?

martes, 12 de maio de 2020

Cociña Martín Códax I


Moitos de vós descubrichedes durante esta corentena o chef que levades dentro. Xa que non podemos probar as exquisiteces que preparades polo menos podemos compartir as nosas receitas.

Os scones son uns boliños tipicamente ingleses que se fan para acompañar o te das 5. Polo xeral acostúmanse a tomar con mateiga e unha boa mermelada polo que son ideais para os nosos almorzos. Atrevedesvós a facer os vosos?


luns, 11 de maio de 2020

6EP Clima da selva



Aquí vos deixo unha nova proposta de traballo, aínda que esta vez, un pouco máis exótica xa que está ambientada nas selvas de Borneo e a Amazonía. Animádesvos?


Para refrescar os teus coñecementos clica aquí

mércores, 6 de maio de 2020

martes, 5 de maio de 2020

Xogos Xeográficos


Sei que hai entre nós moitos adictos aos xogos de xeografía polo que vouvos deixar aquí unha escolma deles para que vaiades entrenando para as Olimpiada Xeográficas:
Creados por nós:
Creados por outros: