sábado, 28 de marzo de 2020

Mirade a Webcam do parque e se tedes sortes poderedes ver o geyser expulsando auga.

Segundo o dicionario da RAG un GÉYSER é unha fonte termal de orixe volcánica que despide a certa altura auga quente ou vapor de maneira intermitente. Aqui tedes un dos máis famosos do mundo: o Old Faithful, situado no Parque de Yellowstone (EEUU), forgar do osos Yogui.

venres, 27 de marzo de 2020

xoves, 26 de marzo de 2020

6EP Repasamos un pouco de xeografía física?



Apetécevos repasar un pouquiño de xeografía física de Europa. Imaxino que non, pero se queredes facelo aqui vos deixo algúns exercicios online.

Seguide as instrucións do tutorial e contesta as preguntas online ou en papel.

5EP e 6EP A miña paixón a arquitectura

Nestes tempos de coronavirus e confinamento as nosas rutinas desapareceron e xurdiron outras. Eu cada maña, aínda que me levanto cedo, fago o preguiceiro na cama mentres leo o xornal e hoxe entre tanta noticia pouco esperanzadora atopei unha doutra das miñas pasións, a ARQUITECTURA.

Museo Gughenheim Nova Iork obra de Frank Lloyd Wright

Creo que a nosa visita á cidade de Pedro I, o grande ou a Cádiz pode esperar e vouvos propor un traballiño moito máis interesante, polo menos na miña opinión.
O primeiro que tedes que facer é clicar aquí para poder ver e ler o artigo que chamou a miña atención , logo escoller cal das 10 construcións é a túa favorita e finalmente investigar un pouquiño.
Preparados, listo, xa!!

mércores, 25 de marzo de 2020

venres, 20 de marzo de 2020

Fresco de Stabia. Baía de Nápoles. Século I dC


Hoxe as 4.50 horas entraba na Península Ibérica a primavera mentres que nese mesmo momento chegaba ao Hemisferio Sur o outono.

xoves, 19 de marzo de 2020


Que mellor maneira que pasar un día festivo coma este visitando algúns dos museos máis interesantes do mundo! Xa sabedes o traballo para esta ponte é visitar algún destes museos e dicirme cal foi a peza, pintura, escultura ou sala que máis vos gustou.
Agora escolle:

Para buscar outros museos: clica aquí
Para cal é a túa peza favorita: clica aquí

mércores, 18 de marzo de 2020

6EP Xeografía Física de Europa

Porque non aprobeitas dun xeito divertido e fas un pequeno repaso das características físicas de Europa?


Xa te sabes todo? Imos comprobalo dun xeito divertido:

martes, 17 de marzo de 2020

Non podemos sair da casa PERO si ...

Porta de Isthar.

... podemos visitar algúns museos de xeito virtual. Aquí tedes os enlaces:

EUROPA 
AMÉRICA
ASIA

5EP En tempos do Coroavirus Traballo 1

A Península Ibérica segundo Estrabón (século III a.C.)



A nosa aventura comeza no lugar onde se garda a memoria máis antiga da Península Ibéricao Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid). Ali visitando as súas salas poderemos dar resposta aos primeiros enigmas.

Animaste a comezar esta viaxe? Clica Aquí

Para poder facer este traballo o primeiro que tes que facer é descargar o arquivo anterior. Trátase dun arquivo de Google Docs polo que non terás problema para a súa descarga. De tódolos xeitos tamén podes se que queres descargarlo en formato PDF.

Se o fas en formato GOOGLE DOCS poderás escribir nel as respostas (lémbrate de borrar os puntos sobre os que debes escribir) e logo enviarmo ou esperar a ter deito todo o reto e darmo en papel a próxima vez que nos vexamos.

O formato PDF vaite ser útil se prefires imprimir e facer o traballo con lapis e papel e despois entregarmo.
Ti escolles!!

Se tes algún problema: clica aquí


luns, 16 de marzo de 2020

MOI IMPORTANTE

Para poder contactar comigo é MOI IMPORTANTE que usedes este MAIL

Clica na Imaxe

5EP En tempos do Coroavirus (materiais)




Para poder comezar este reto ides necesitar un mapa físico e outro político da Península Ibérica e como non quero que saiades a rúa pola miña culpa clicade en físico e político e obteredes os vosos mapas.

Os mapas podedes imprimilos ou non e segundo a opción que escollades utilizaredes regra e rotulador ou ordenador e rato. Vós escolledes?
Ademais, dependendo do escollido, necesitaredes papel e bolígrafo ou un simple procesador de texto.

Cada dou días sairán unha serie de pistas e pequenas investigacións que nos levaran a unha viaxe telemática por toda a Península e que poderedes facerme chegar ou non ben por mail ou ben en man cando volvamos á escola.

Animádesvos?

Lembrade tamén que para calquera dúbida, pista extra ou falar un pouco  podedes contactar comigo vía mail.

Veña comeza a aventura!!!!

6EP En tempos do Coroavirus Traballo 1



A nosa viaxe comeza na fronteira leste de Europa, nunha cidade con máis de 2600 anos de antigüidade e que ten unha parte do seu territorio en Europa e  a outra en Asia.

De que cidade estou a falar? Clica aquí para continuar

Para poder facer este traballo o primeiro que tes que facer e descargar o arquivo anterior. Podes facelo de dúas formas en formato WORD ou en formato PDF.

Se o fas en formato WORD poderás escribir nel as respostas (lémbrate de borrar os puntos sobre os que debes escribir) e logo enviarmo ou esperar a ter feito todo o reto e darmo en papel a próxima vez que nos vexamos.

O formato PDF vaite ser útil se prefires imprimir e facer o traballo con lapis e papel e despois entregarmo.

Ti escolles! As dúas formas son perfectamente válidas.


Se precisas de axuda: clica aquí

domingo, 15 de marzo de 2020

6EP En tempos do Coroavirus (materiais)


Para poder comezar este reto ides necesitar un mapa físico e outro político de Europa e como non quero que saiades a rúa pola miña culpa clicade en físico e político e obteredes os vosos mapas.
Os mapas podedes imprimilos ou non e segundo a opción que escollades utilizaredes regra erotulador ou ordenador e rato. Vós escolledes?

Ademais, dependendo do escollido, necesitaredes papel e bolígrafo ou un simple procesador de texto.

Cada dous días sairán unha serie de pistas e pequenas investigacións que nos levaran a unha viaxe telemática por toda Europa e que poderedes facerme chegar ou non ben por mail ou ben en man cando volvamos á escola.

Animádesvos?

Lembrade tamén que para calquera dúbida, pista extra ou falar un pouco  podedes contactar comigo vía mail


Veña comeza a aventura!!!!



venres, 13 de marzo de 2020

Ola rapaces e raparigas,



Ola rapaces e raparigas,
As circunstancias son excepcionais e aínda que poida parecer incríbel estamos a vivir un momento histórico que aparecerá nos libros. É por eso que a nosa resposta tamén ten que ser histórica.
Debemos ser cidadáns con maiúsculas e pensar no outro, naquelas persoas que non deben contaxiarse porque non serían capaces de superar a enfermidade, naquelas persoas que  aínda que deberían estar nas súas casas escolleron como profesión unha que lles fai estar en primeira liña de combate (médicas, enfermeiros, policías, bombeiros …) e por suposto, en todas aquelas persoas (avós, tías, pais e nais, coidadores) que están connosco nas nosas casas.
Ben sabedes que está situación chegou tamén á escola e que as nosas rutinas, de súpeto, deixaron de ter importancia. Esquecédevos de todo o que tiñamos pendente e centrémonos en levar estes días o mellor que poidamos.
Van ser días moi longos, onde imos estar cara a cara fronte o aburrimento. Ímonos cansar de ver a televisión, de ler, de xogar polo que aproveitade estes días para pensar e desenvolver aínda máis a vosa curiosidade e desexo por aprender.
E para levalo todos o mellor posible vouvos propor un reto diario que nos levará a recorrer, polo menos coa nosa imaxinación, a Península Ibérica (5ºEP) e Europa (6ºEP).
Ánimo rapaces e raparigas e a blogear
E se queredes falar comigo contactádeme en: noemia.arias@colexiomartincodax.com


luns, 9 de marzo de 2020

6EP RETO SEMANAL (9/3/20 ao 13/3/20)


Como se títula o famoso vals de J. Strauss no que se fai referencia ao río que pasa por Viena?

mércores, 4 de marzo de 2020

Todos os camiños levan a Roma

Un vello dito romano dicía que todos os camiños levaban a Roma; daquela, os romanos non precisaban de GPS!!! Pero como nós non nos aclaramos nadiña como chegar dunha cidade romana a outra os británico desenvolveron o Google Maps das estrada romanas.

luns, 2 de marzo de 2020

6EP RETO SEMANAL (2/3/20 AO 5/3/2020)


Un CIRCO GLACIAR é unha depresión en forma de anfiteatro producida pola erosión dun glaciar nas paredes dunha montaña. Na imaxe tedes o Circo de Gabarnie, poderiadesme dicir en que famosa cordilleira do sur de Europa podemos atopalo?