mércores, 22 de marzo de 2023

Chegou a Primavera

Chegou a primavera a todos os lugares do Hemisferio Norte e tamen a Yakutia, a rexión máis fría do mundo.



mércores, 15 de marzo de 2023

Gárdate dos Idus Tío Xulio

 

 
Hoxe fai 2067 anos que morría asasinado en Roma o político, militar e escritor romano Xulio César.
Odiado polos pobos que conquistou e por moitos estudantes de latín e, sen dúbida, unha das personaxes históricas que máis fascinación ten causado.

S.T.T.L.

luns, 13 de marzo de 2023

6EP Países da Unión Europea

 Aquí tedes os países que a día de hoxe forman parte da UE. Lembra que debes saber situalos nun mapa mudo e coñecer as súas capitais.

6EP Sitúa nun mapa mudo físico de Europa ...


 Sitúa neste MAPA MUDO FÍSICO de EUROPA os seguintes elementos do relevo:
 
    . Os seus límites 8 elementos
    . Mares: Báltico, Mar Exeo, Estreito do Bósforo e Canal da Mancha 4  
    . Illas: Islandia, Irlanda, Inglaterra, Baleares, Córcega, Sardeña, Sicilia, Malta, Creta e Chipre.
    . Penínsulas: Escandinava, Ibérica, Itálica, Balcánica, Peloponeso e Crimea. 6
    . Cordilleiras: Pirineos, Alpes, Apeninos, Cárpatos, Balcáns e Caúcaso. 6
    . Mesetas e Macizos: Montes Escandinavos, Meseta Castelá e Macizo Central Francés. 3
    . Ríos: Ródano, Po, Loira, Sena, Rin, Danubio e Volga 7

En TOTAL deberedes situar 43 elementos.
Veña simplemente tedes que practicar.
    

martes, 7 de marzo de 2023

Efecto Matilda


  •  Que é o efecto Matilda?
  • Coñecialo?
  • Algún de vos quere adicarse á ciencia?
  • Cantos referentes científicos coñeces?
  • E deses referentes cantas son mulleres?

xoves, 2 de marzo de 2023

6EP Xogos sobre Europa

 Xa estás cansado de estudar? Non te queda nada que repasar. Velaí vai unha páxina web onde poderás por a proba os teus coñecementos.

5EP RETOS XEOGRÁFICOS

 

1. Que diferenza hai entre unha meseta, unha chaira e unha depresión?
2. Que diferenza hai entre un macizo e unha meseta?
3. Define val galciar
4. Define val fluvial
5. Que diferenza hai entre un val fluvial e un val glaciar?
6. Debuxa unha paisaxe de costa baixa e areosa.
7. Debuxa unha paisaxe de costa alta e rochosa.
8. Imaxina: un macizo se segue erosionándose en que se convertirá?


mércores, 1 de marzo de 2023

MUSIC CHALLENGE. Estades preparados para esta batalla?

Os nosos colegas do João de Meira xa nos lanzaron a luva e estas son as músicas que queren que aprendamos:

Primeira Música: A nossa vez do grupo sãotomense Calema.

  Para ver a letra clica aquí

Segunda Música: Guerra Nuclear da cantora lisboeta Marisa Liz.
 Terceira Música: a Panda e os Caricas co seu Sou uma taça. Soavos?