domingo, 14 de outubro de 2018


Unha viaxe fin de curso a Roma, un amor adolescente e a Sibila de Cumas ... así é como comeza esta interesante aventura, escrita por Antonio Sánchez-Escalonilla, que nos pode servir para coñecer ou repasar algúns momentos do noso pasado romano.
A viaxe no tempo protagonizada por Ana e Mario permítenos vivir en primeira persona a toma de Sagunto, a destrución de Cartago Nova ou a primeira lectura da Eneida. Cunha linguaxe asequible este libro pode sementar en nós o desexo de profundizar non so na historia da Hispania Romana, senon tamén no urbanismo da Antiga Roma ou nos segredos da Capela Sixtina.

Quen se vai atrever? 

venres, 12 de outubro de 2018


Existe un lugar na web no que podes encontrar unha chea de libros, revistas, fotografías e incluso arquivos sonoros sobre arte, historia, viaxes, xeografia, etnografía, literatura ... do noso país.

luns, 1 de outubro de 2018

Alpha


Despois de ver hoxe Alpha xorden unha chea de preguntas que nos poden axudar a comprender mellor como se vivía no Paleolítico Superior.

. Por que se farían cacerías en grupo?
. Por que a proba que permite aos novos ir á cacería anual é facer un punta de flecha?
. Que quere dicir o pai do rapaz cando di "para sobrevivir hai que ter paciencia e non rendirse?
. E cando di "quitas unha vida para darlla a túa tribu"?
. Como vestían?
. De que estaban feitas todas as súas ferramentas? 

venres, 21 de setembro de 2018

6EP A Terra: planeta do sistema solar


Gracias a un dos vosos compañeiros e ao traballo do American Museum of Natural History temos este video dunha viaxe dende o noso planeta ata os confins da galaxia e volta.

6ºEP A Terra e as súas partes


XEOSFERA: nome que se lle da á parte sóloda da Terra.
HIDROESFERA: nome que se lle da ao conxunto de todas as augas da Terra.
ATMOSFERA: Capa gaseosa que envolve á Terra

luns, 10 de setembro de 2018

Xa estades volta!!! Pero esta vez en 6EP


Para poder traballar a materia de Ciencias Sociais en 6ºEP, ademais de ter moita vontade de aprender, imos necesitar:
     . Libreta grande cuadriculada grampada
     . Libreta pequena cuadriculada grampada
     . Sobre plástico tamaño folio
     . 2 mapas mudos físicos do mundo
     . 2 mapas mudos físicos de Europa
     . 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica
     . 2 mapas mudos físicos de Galicia
     . 2 mapas mudos políticos de Europa
     . 2 mapas mudos políticos da Península Ibérica
     . 2 mapas mudos políticos de Asia*
     . 2 mapas mudos políticos de América*
     . 2 mapas mudos políticos de África*
    
Como imaxinaredes tamen imos necesitar:
     . bolígrafo azul ou negro
     . bolígrafo vermello
     . lapis e goma
     . regra
     . pegamento de barra  e tesouras
     . Lápices de cores (poden ser plastidecor)

MOI IMPORTANTE: Debedes porlle nome a todas as libretas e a todos os mapas

* Lembrade que moitos destos mapas tédelos sen usar do ano pasado polo que non fai falta volver a compralos. So hai que re utilizalos.

venres, 7 de setembro de 2018

Mitos e Mitoloxía

Que é un mito? 
Un mito é a narración dos feitos e das aventuras protagonizados polos deuses e os heroes nos que creían algúns pobos e que lles permitían dar unha explicación simbólica ao mesmo tempo que poética ao mundo no que vivían.

Logo que é a mitoloxía?
A mitoloxía é o conxunto de todos os mitos. 

Cantas mitoloxías hai?
Existen tantas mitoloxías como pobos pero sen dúbida as máis coñecidas e estudadas son:
. A mitoloxía Clásica (grega e romana)
. A mitoloxía nórdica
. A mitoloxía maia
. A mitoloxía hebrea
. A mitoloxía azteca

xoves, 6 de setembro de 2018

Bibliografía


Libros sobre Mitoloxía Clásica:
  • Erik A. Kimmel: El gran libro de los mitos griegos. 2016
  • Heather Amery: Mitos griegos para niños. 2012 
  • Robert Graves: Dioses y héroes de la Antigua Grecia. Explicados a los jovenes. 2018
  • Lorenzo de la Plaza Escudero y José María Martínez Murillo: Guía para identificar los personajes de la mitología clásica. 2016 
Libros sobre Mitoloxía Nórdica
  • Rick Riordan: Héroes nórdicos. La guía oficial del Universo Magnus Chase.  2017 
  • Rubén González: Dioses y héroes de la mitología nórdica. 2012
Páxinas Web sobre Mitoloxía Clásica
Páxinas Web sobre Mitoloxía Nórdica

Pero ademáis de estudar e convertervos en verdadeiros sabios tamen podedes ler e divertirvos con toda unha serie de libros e filmes relacionados dun xeito ou outro coa mitoloxía

Novelas sobre Mitoloxía Clásica
  • Rick Riordan: Percy Jackson y los dioses del Olimpo.
  • Antonio Sánchez Escalonilla: Ana y la Sibila
Novelas sobre Mitoloxía Nórdica
  • Rick Riordan: Magnus Chase y los dioses de Asgard.
Filmes sobre Mitoloxía Clásica
  • Ulises (1954)
  • Jason y los Argonautas (1963)
  • Percy Jackson y el ladrón del rayo (2010)

Filmes sobre Mitoloxía Nórdica

mércores, 5 de setembro de 2018

Fun with Flags


1. Deixamos as mochilas e abrigos nunha esquina.
2. Collemos o estuche e máis a carpeta de mapas.
3. Facemos parellas seguindo as condicións:
     - Se a parella é do mesmo curso, 5º ou 6º, ten que ser mixta.
     - Se a parella está formada por un alumno/a de 5º e outro de 6º as parellas poden ser simples.
4. Podedesvos sentar

luns, 3 de setembro de 2018


TEMPO DE XEOGRAFÍA



Curso 2018-2019

Un sabio dixo unha vez que a vida era un cambio constante e nese cambio ao noso pé pasan alumnos, materias, escolas, pais, compañeiros, amigos ... Comezamos hoxe un novo camiño que espero que estea cheo de momentos tan intensos e especiais como no pasado.
Benvidos ao Curso 2018-2019

domingo, 2 de setembro de 2018


TEMPO DE NADAL

Podes situar as datas?


Noiteboa

Día de Nadal

Fin de Ano

Aninovo

Reis



O Apalpador ou Pandigueiro





O tizón de Nadal



O tizón de Nadal é un tronco de madeira grande, polo xeral de carballo, que se pon a queimar na lareira, aínda que non completamente, na noite do 24 de decembro. Unha vez queimado as cinzas bótanse nos campos para acadar unha mellor produción e o que quedaba gardábase para cando, ao longo do ano, houbese treboada.

Cantos de Nadal, Aninovo e Reises


Outro costume era a de recorrer en grupos de mozos e mozas as casas das aldeas cantando na véspera de Nadal, de Aninovo ou de Reis. Antes de comezar era costume pedir permiso ou licenza:

De lonxe viñemos
os que aquí chegamos
se nos das licenza
os reises cantamos

Continuábase logo cos cantos de Nadal, Aninovo ou Reis e finalizábase pedindo o aguinaldo, unha compensación polos cantos. O aguinaldo xeralmente era uns chourizos ou algo de touciño nas casas ricas ou mazás e castañas nas casas máis pobres.

Somos os Reises do Quiquiriqui
Se non nos das nada
Cagámosche aquí

Existen en Galiza diferentes tipos de cantos de Nadal:


24-25 Decembro
31 Decembro -1 Xaneiro
5 e 6 Xaneiro









Guedellos de Cabra





.................................. de Luintra (Ourense)



.................................. e panxoliña de Neda





Galiza canta ao neno


Imos levar


Nadal dos Simples


Ranchos de Reis e Comparsas





Lareira Virtual



sábado, 1 de setembro de 2018

O segredo de Altamira



Todo comezou no verán 1879 cando o meu pai, Marcelino Sanz de Sautuola, decidiu investigar aquela cova que algúns anos antes atopara un dos campesiños que traballaba as súas terras.
Xa estaba aburrida de esperar a que papá acabase de remexer a terra polo que decidín entrar. Camiñei uns metros, xirei a esquerda … os meus ollos xa estaban acostumados a ver na penumbra … e alí, nunha gran sala, puiden comezar a ver bisontes, cabalos e cervos en distintas posicións, pintados en negro e vermello sobre o teito.
Sain correndo berrando polo meu pai: “Papá ven, corre, mira o que atopei! … ven ver as vacas os cabalos “ O meu pai entrou cunha lámpada e … O demais é Historia
María Sanz de Sautuola

Visitamos as principais covas




Quen as pintou?



Os habitantes do Paleolítico Superior. Estes homes e mulleres vivían da caza, a pesca e a recolección de froitos. A continua procura de alimento converteu aos grupos humanos en nómades, é dicir, cambiaban o seu lugar de residencia sempre que necesitasen alimento. 
Polo xeral no inverno vivían en covas  e no verán en cabanos ou tendas feitas con peles de animais.
Elaboraban as súas ferramentas con pedra, óso ou hasta utilizando a técnica da pedra tallada e fabricaban os seus vestidos con peles de animais.

Mans e Símbolos

Como as pintaron?



As covas foron pintadas alumeados con lámpadas de pedra nas que utilizaban o miolo dos osos dos animais como graxa para queimar.
As pinturas elaborábanse con pigmentos naturais e graxas animais que servían de aglutinante. Os pigmentos utilizados podían ser de orixe animal ou vexetal. Así por exemplo, para o negro utilizaban carbón ou feces de animais, para os ocres e amarelos arxilas e para o vermello óxido de manganeso e incluso sangue.
Polo xeral, pintábanse os contornos das figuras en negro e o seu interior en tons avermellados e ocre e en ocasións aproveitaban as formas das paredes rochosas para darlle volume as figuras.

Os animais das covas

León das Cavernas de Chauvet



Para saber máis sobre os animais representados nas covas: Clica Aquí

Mans e Símbolos


Para ver máis imaxes: clica aquí

Para saberes máis



Aqui tedes unha chea de enlaces interesantes:

xoves, 10 de maio de 2018

5EP Comentario Guiado dun Climograma 3


Fíxate no climograma e despois contesta as seguintes preguntas con frases longas:
1.    Cales son os meses nos que as temperaturas son máis baixas? Que valores teñen?
2.    Cales os meses nos que as temperaturas son máis altas? Que valores teñen?
3.    En xeral como dirías que son as temperaturas ao longo do ano neste climograma?
4.    Cales son os meses que presentan máis precipitacións? Que valores teñen?
5.    Cales son os meses que presentan menos precipitacións? Que valores teñen?
6.    En xeral, como dirías que son as precipitacións deste climograma ao longo do ano?
7.    A que zona climática crees que pertence este climograma? Porque?
8.    Poderías dicir de que clima estamos falando? Razoa a túa resposta.
Para practicar máis: clica aquí

mércores, 9 de maio de 2018

5EP Comentario Guiado dun Climograma 2


Fíxate no climograma e despois contesta as seguintes preguntas con frases longas:
1.    Cales son os meses nos que as temperaturas son máis baixas? Que valores teñen?
2.    Cales os meses nos que as temperaturas son máis altas? Que valores teñen?
3.    En xeral como dirías que son as temperaturas ao longo do ano neste climograma?
4.    Cales son os meses que presentan máis precipitacións? Que valores teñen?
5.    Cales son os meses que presentan menos precipitacións? Que valores teñen?
6.    En xeral, como dirías que son as precipitacións deste climograma ao longo do ano?
7.    A que zona climática crees que pertence este climograma? Porque?
8.    Poderías dicir de que clima estamos falando? Razoa a túa resposta.
Para practicar máis: clica aquí

A nosa mitoloxía: Argarcos


Chámase Argarcos e foi creado por Hades nas fraguas do Inferno con po de cinzas do Tártaro, daí a súa cor. É unha serpe con cornos de cabra, as de corvo e escamas de Kraken. Os cornos son de ouro e as plumas de carbón prendido. 
Naceu e vive no Tártaro, mais é case imposible encontralo xa que pode sair del cando queira e ninguén sabe como. Argarcos ten un obxectivo, encontrar un montro superior a él.
Argarcos matan aos que o ven. Hades creouno para lotar contra os deuses e tamén é este o único que o pode matar; facendoo case inmoprtal.
Os seus poderes son lanzar fogo pola boca, cortar case todo con a súa cauda e causar tornados co bater das súas ás, as cuais se manteñen en movemento case sempre, a excepción de cando dorme. As súas escamas teñen un mecanismo de combate considerado un poder ilimitado. Estas préndense fogo aumentando a defensa e o ataque ata graos nunca vistos ao redor dos seus 24 metros.
A.F.L. 6EP

xoves, 5 de abril de 2018

5EP Climas do Mundo


Para saber máis sobre os climas do mundo: clica aquí

Islandia


Islandia é o país situado máis ao Norte de Europa. Trátase dunha illa volcánica situada cerca do círculo polar ártico na que a maior parte do ano vai moito frío e na que desde tempos inmemoriables os seus habitantes viven da pesca.

venres, 2 de marzo de 2018

mércores, 28 de febreiro de 2018

Mary Beard (Reino Unido 1955 - ) é unha historiadora inglesa especializada no Mundo Romano, catedrática dunha das universidades máis coñecidas do mundo, a Universidade de Cambridge e editora do suplemento literario do Times.
Desde moi nova interesouse polo mundo antigo e cando cumpliu os 18 anos decidiu estudar na Universidade de Cambridge. Tras superar o exame de ingreso, mostrou o seu desexo de ingresar no Kings College pero pronto descubriu que nesta institución non se había bolsas para mulleres. Esta situación fortaleceu a súa decisión de convertirse nunha das mellores expertas mundiais no Mundo Clásico.
Os seus traballos históricos caracterízanse pola súa crítica ás fontes das que dí que son "(...) a documentación das actitudes, o contexto e as creencias dos seus autores (...)" e aos libros actuais de Historia de Roma que "(...) deben contextualizarse coas actitudes, visións do mundo e propósitos dos seus autores (...)"
Autora de numerosos libros especializados como:
. The Parthenon
. The Colosseum
. Pompeii: life and death in a Roman town
. SPQR
No mundo anglosaxón é moi coñecida pola súa participación en numerosos documentais televisivos nos que acerca a todos os públicos a vida cotidiana dos romanos. (clica aquí)

O seu blog: A don´s life.

luns, 19 de febreiro de 2018

5EP Vocabulario sobre as Costas


CABO: Porción de terra que se adentra no mar.
ILLA: anaco de terra rodeado de auga por todas partes.
ARQUIPÉLAGO: conxunto de illas.
RÍA: entrada de mar no último tramo dun río.
GOLFO: porción de mar que se adentra na terra, cando é pequena se chama baía.
BAíA: similar a un golfo pero de menor tamaño.
RÍO: corrente continua de auga doce. Nun río podemos distinguir: o curso alto, o curso medio e o curso baixo.
DESEMBOCADURA: lugar no que un río verte as súas augas, xeralmente o mar ou outro río.
AFLUENTE: río que vai para ou desembocar a outro maior.
DELTA: terreo en forma de triángulo que hai na desembocadura de algún ríos.

mércores, 14 de febreiro de 2018

5EP O relevo da Península Ibérica


Xa estamos un pouco cansados de estudar o relevo da península Ibérica; pois logo, imos facer unhas actividades online. 
Para xogar: clica aquí

luns, 12 de febreiro de 2018

Máis información sobre o Entroido


Existen moitas máis personaxes do noso Entroido. Aquí deixovos un enlace no que podedes aprender moitísimo máis.

5EP A Depresión do Ebro e a Depresión do Guadalquivir


As depresións son grandes extensións de terras chairas e de pouca altitude rodeadas de sistemas montañosos. As depresións acostuman a ter solos moi fértiles que permiten o cultivo de numerosos produtos agrícolas e en moitas ocasións están recorridas por un río.
Na Península Ibérica existen dúas grandes depresións:

  • A depresión do Río Ebro: situada no Norleste peninsular, esténdese entre os Pirineos, as Cordilleiras Costeiro-Catalas e o Sistema Ibérico. Trátase dun val de forma triángular aberto ao Mar Mediterráneo.
  • A depresión do Río Guadalquivir: situada no Sur peninsular, entre Serra Morena e as Cordilleiras Béticas. Trátase dun val de forma triangular aberto ao Océano Atlántico.

martes, 6 de febreiro de 2018

As nosas Imaxes do Entroido


Xa chegou o fin do noso obradoiro de Entroido. Aquí tedes algúns exemplos do noso traballo: Clica Aquí 

Kate Sheppard (1847-1934) sufraxista
Houbo unha época na que os homes creían que as mulleres so existían para lles servir. Pensaban que as mulleres debían cociñar, limpar, coidar aos fillos e non ocuparse doutras cousas. Tamén creían que as mulleres debían usar roupa feminina, é dicir, vestidos longos e corsés moi axustados. Non importaba que esas prendas impediran moverse comodamente ou incluso respirar; a idea era que as mulleres estivesen guapas.
Era, tamén, impensable que as mulleres traballasen, que practicasen deportes ou que quixesen gobernar un país. Definitivamente todo esto era impensable. Nen sequera podían votar.
En cambio, Kate Sheppard creía que as mulleres debían ter os mesmos dereitos que os homes; é dicir, liberdade para expresar o que pensaban, de votar a quen quixesen e de usar roupa cómoda.
Un día, púxose de pé e dixo: "As mulleres deberiamos poder votar. E deberiamos de deixar de usar corsés. A xente sentíase conmocionada, indignada ou inspirada polas novas ideas radicais de Kate.
Ela e máis as súas amigas reuniron tantas firmas para a súa petición  polo voto da muller que tiveron que pegar moitas follas de papel para formar un longo rolo que levaron ao Parlamento neozelandés e desenrolaron como unha longa alfombra. Os lexisladores quedaron coa boa aberta, Grazas a Kate, Nova Zelanda foi o primeiro país do mundo onde as mulleres obtiveron o dereito a votar (1893).

Texto Extraído de 
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes de E. Favilli e F. Cavalo
Para saberes máis: clica aquí

luns, 5 de febreiro de 2018

Preparándonos para o Vindel


Eno sagrado, en Vigo,
baylava corpo velido.
Amor ei.
En Vigo, no sagrado,
baylava corpo delgado.
Amor ei.
Baylava corpo velido,
que nunca ouver’ amigo.
Amor ei.
Baylava corpo delgado
que nunca ouver’ amado.
Amor ei.
Que nunca ouver’ amigo,
ergas no sagrad’, en Vigo
Amor ei.

Que nunca ouver amado,
ergas en Vigo, no sagrado
Amor ei.

5EP As Cordilleiras Exteriores


domingo, 4 de febreiro de 2018

5EP A Meseta Castela



MESETA CASTELA: é unha extensión de Terra relativamente chaira e cunha altitude de aproxima-damente 700 metros sobre o nivel do mar.
A meseta está atravesada de Leste a Oeste por un sistema montañoso que recibe o nome de Sistema Central e que a divide en dúas partes:
  • A Submeseta Norte máis elevada.
  • A Submeseta Sur menos elevada e atravesada polos Montes de Toledo.
Ademais, a meseta está rodeada polo Norte, polo Leste e polo Sur por unha serie de cadeas montañosas elevadas e abruptas: os Montes de León, a Cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico e Serra Morena.
Para saberes máis: clica aquí

venres, 26 de xaneiro de 2018

5EP As formas do relevo. A Península Ibérica


Para ver as imaxes coas que traballamos en clase: clica aqui
Non vos esquezades que se clicades no botón de información das fotos poderedes ver boa parte do que explicamos na clase.

martes, 23 de xaneiro de 2018


Peliqueiros de Laza (aprox 1920)
Trátase dun dos testemuños gráficos máis antigo que se coñecece destas personaxes; foi tomada por M. Godás na década de 1920.
Actualmente a foto podemola atopar no Arquivo Histórico Provincial de Ourense