domingo, 29 de setembro de 2019

6EP Climas do Mundo

Para saber máis sobre os climas do mundo: clica aquí

Instrucións



1º Para definir un NOME ou SUSTANTIVO debemos utilizar outro sustantivo que identifique que tipo de realidade é:

. persoa                                   . animal                         . estado de
. instrumento                          . ferramenta                  . sentimento
. proceso                                 . planta /árbore
. ciencia que                         . prenda de vestir
. estado                                   . alimento
. órgano                                   . conxunto de

Para definir un ADXECTIVO hai que utilizar expresións como:
. dícese                                   . aplícase                                . refírese

Para definir un VERBO utilizaremos expresións como acción de

2º Despois débense nomear as características ou detalles específicos que nos permiten diferenciar a cousa definida das demais. A REGRA máis importante é que a palabra que se define non debe aparecer nunca na definición.



venres, 27 de setembro de 2019

Sing for the Climate


Cartógrafos por un Día 1


Cartógrafos ou cartógrafas son as persoas que se adican a facer mapa e nós imos emulalos e facer os nosos primeiros mapas.

1. Hoxe en día, o primeiro que facemos é buscar unha boa fotografía aérea ou por satélite do territorio que queremos representar.


2. Coa xuda da xente do lugar que imos representae anótanse cada un dos elementos (ríos, montañas, cordilleiras, depresións, fronteiras, cidades, vilas ...) así como tamén as súas coordenadas xeográficas.

3. Decídese que tipo de mapa imos facer: físico, político, económico, de recursos, histórico ...

4. Coa axuda dun ordenador e utilizando a fotografía aérea debúxasen en 2D os contornos e engádese todas a información.


Cartógrafos por un Día 2


Como supercomputadores para todos non temos, ímonos ter que conformar con facer dous mapas como se facían antigamente. 
Para poder facelos imos necesitar:
    . 2 follas de papel vexetal
    . 2 clips
    . 1 lapis afiado
    . 1 goma de borrar
    . un rotulador negro de punta fina.
    . un rotulador azul de punta fina.
    . lápices de cores
    . e moita pero que moita paciencia.

Cartógrafos por un Día 3


1. Buscamos no Atlas  que continente queremos representar. Lembrade que podedes escoller o continente que vós queirades excepto Europa.

2. Unha vez decididos buscades o mapa físico do continte escollido. Eu pòr exemplo escollín África.


Mapa Físico: Mapa no que se representan as características físicas da superficie terrestre (ríos, tipo de terreo, altura do mesmo ...) e as do fondo mariño (liñas de profundidade ...)


3. Collemos o papel vexetal e asegurámolo coa axuda de 2 clips antes de comezar a calcar os contornos e os ríos do continente cun lápis.

4. Unha vez teñamos finalizado de calcar todos os contornos podemos, se temos un rotulador negro de punta fina, calcar novamente os contornos e se temos un rotulador azul de punta fina redibuxar os ríos.

5. Unha vez acabados os contornos e os ríos coa axuda dos lápices de cores imos colorear o mapa prestando moita atención ás cores utilizadas. Lembrade que os marróns indican as montaás e cordilleiras, os verdes as zonas chairas e as distintas tonalidades de azul a profundidade do mar.

Cartógrafos por un Día 4

Unha vez acabado o mapa físico imos facer, na outra folla de papel vexetal, un mapa político do mesmo continente. Así por exemplo, eu copiaría


Mapa político: Mapa no que se representan as divisións políticas e administrativas dun territorio (páis, rexións, cidades ...)

7. O proceso sería o mesmo: colocamos o papel vexetal e procedemos a calcar os contornos; aínda que neste caso tamen teríamos que copiar as fronteiras dos distintos países.

8. Unha vez acabado, teríamos que sinalar os nomes dos distintos países así como tamen o nome de océanos e mares que limitan o continente.

9. A diferenza do mapa anterior este NON faría falta que o coloreasemos.

domingo, 15 de setembro de 2019

Climas do Mundo


Aínda que cada vez que entremos nun ascensor falemos do tempo, o que realmente condiciona a paisaxe e por conseguinte a nosa forma de vida é o clima; de aí a importancia do seu estudo.
Para saber máis sobre os climas do mundo: clica aquí

martes, 10 de setembro de 2019

Back to school / Volta ao cole


De igual xeito que nos comezamos hoxe un novo curso en Etiopia un grupo de nenos comeza un novo ano escolar; mentres que en Aleppo (Siria) despois de varios anos sen poder ir a escola comezan de novo as clases.


luns, 9 de setembro de 2019

Benvidos ao curso 2019-2020


Un sabio dixo unha vez que a vida era un cambio constante e nese cambio ao noso pé pasan alumnos, materias, escolas, pais, compañeiros, amigos ... Comezamos hoxe un novo camiño que espero que estea cheo de momentos tan intensos e especiais como no pasado.
Benvidos ao Curso 2019-2020

Material necesario para Ciencias Sociais en 6ºEP

Para poder traballar a materia de Ciencias Sociais en 6ºEP, ademais de ter moita vontade de aprender, imos necesitar:
     . Libreta grande cuadriculada grampada
     . Libreta pequena cuadriculada grampada
     . Sobre plástico tamaño folio no que poida -
     mos meter os seguintes maspas:
        . 5 follas de papel vexetal
        . 2 mapas mudos físicos de Europa
        . 2 mapas mudos físicos de España
        . 2 mapas mudos políticos de Europa
        . 2 mapas mudos físicos de América
        . 2 mapas mudos físicos de África
        . 2 mapas mudos físicos de Asia
   
Como imaxinaredes tamen imos necesitar:
     . bolígrafo azul ou negro
     . bolígrafo vermello
     . lapis e goma
     . regra
     . pegamento de barra  e tesouras
     . Lápices de cores (poden ser plastidecor)

Material necesario para Ciencias Sociais en 5ªEP


Para poder traballar a materia de Ciencias Sociais en 5ºEP, ademais de ter moita vontade de aprender, imos necesitar:
     . Libretas grande cuadriculada grampada
     . Libreta pequena cuadriculada grampada
     . Sobre plástico tamaño folio no que poidamos meter:
          . 5 follas de papel vexetal
          . 2 mapas mudos físicos de Galiza
          . 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica
          . 2 mapas mudos políticos de España
          . 2 mapas mudos políticos de Europa

Como imaxinaredes tamen imos necesitar:
    . bolígrafo azul ou negro
    . bolígrafo vermello
    . lapis e goma
    . regra
    . pegamento de barra  e tesouras
    . Lápices de cores (poden ser plastidecor)