mércores, 30 de setembro de 2020
5EP Continentes e Océanos
luns, 28 de setembro de 2020
Hai hoxe 2500 anos ....
.... tiña lugar no estreito de Salamnina a Batalla do mesmo nome no que se enfrentaron as tropas persas de Xerxes cos hoplitas gregos liderados polo xeral ateniense, Temístocles. A dura batalla naval finalizou coa victoria dos gregos e a posterior retirada do exército persa no seu intento de conquistar Grecia.
5EP A Hominización
Ao longo de millóns de anos os primates foron evolucionando ata chegar a convertirse no que somos
domingo, 27 de setembro de 2020
mércores, 23 de setembro de 2020
5EP O ser humano máis antigo ....
Chamábase Lucy e era un homínido de tan só 1 metro de altura e uns 27 kg de peso ... vivía no val do Afar na lonxana Etiopía e era a nosa tataratataravoa.
domingo, 20 de setembro de 2020
luns, 14 de setembro de 2020
5EP O Método Científico
Arquímedes |
Herón, rei de Siracusa, pediulle un día ao seu parente Arquímedes (aprox, 287 a.C – aprox. 212 a.C) que comprobara se a súa coroa era realmente de ouro puro, pero baixo ningún concepto podería danarse a coroa.
Arquímedes dáballe voltas e máis voltas ao problema sen saber ben como facer ata que un día cando se estaba a meter na bañeira, ocorreuselle a solución. Pensou que o auga que desbordaba da súa bañeira tiña que ser igual ao volume do corpo que estaba sumerxido. Logo, se medía a auga que saía da bañeira ao meter a coroa, coñecería o volume da mesma e a continuación podería comparalo co volume dun obxecto de ouro do mesmo peso que a coroa. Se os volumes non fosen iguais, sería a proba de que a coroa non era de ouro puro.
A consecuencia da emoción que lle produciu o descubrimento, Arquímedes saíu do baño e correu espido berrando EUREKA! EUREKA! Esta palabra grega, que quere dicir atopeino, quedou dende entón como unha expresión que indica a realización dun descubrimento.
Pero cando levou á práctica o seu descubrimento, comprobou que a coroa tiña un volume maior que un obxecto de ouro co seu mesmo peso. É dicir, a coroa de Herón non era de ouro puro senón que contiña prata, un metal menos denso que o ouro.
Fragmento procedente de https://webdeldocente.com/ciencia-y-ambiente-quinto-grado/el-metodo-cientifico/
mércores, 9 de setembro de 2020
MOITÍSIMOS PARABÉNS
domingo, 6 de setembro de 2020
6EP CURSO 2020-2021 Que imos precisar este ano?
Este ano para comezar o curso ademais de moitas ganas de volver ao cole imos necesitar unhas cousiñas sen importancia:
- 1 libreta grande cuadriculada grapada aínda que se queredes podedes aproveitar a que usaches o ano pasado na materia de Ciencias Sociais; pensade que quedou case nova.
- A libreta pequena cuadriculada grapada que usabamos para o vocabulario de Ciencias Sociais e Naturais.
- Todos os mapas que nos sobraron do ano pasado.
- Bolígrafo azul ou negro
- bolígrafo vermello
- marcador fosforito
- lapis e goma
- regra
- pegamento de barra e tesouras
- lápices de cores (poden ser plastidecor)
5EP CURSO 2020-2021 Que imos precisar para este novo curso?
Este ano para comezar este novo curso o que máis necesitamos é moitas ganas de voltar a aprender e gozar do tempo que poidamos estar todos xuntos na escola. Pero ademais diso imos necesitar un par de cousiñas máis:
- 1 libreta grande cuadriculada grapada aínda que se queredes podedes aproveitar a que usaches o ano pasado con Nico na materia de Ciencias Sociais.
- 1 libreta pequena cuadriculada grapada.
- Bolígrafo azul ou negro
- bolígrafo vermello
- marcador fosforito
- lapis e goma
- regra
- pegamento de barra e tesouras
- lápices de cores (poden ser plastidecor)