martes, 16 de xaneiro de 2024

Menos veciños, máis amigos

Neste pasado mes de decembro tivemos a sorte de compartir cos nosos colegas do João de Meira de Guimarães un par de xornadas que nos permitiron acercarlles un pouco máis aos seus alumnos a nosa lingua, a nosa historia, a nosa música e tamén un pouco do noso facer educativo.

Inscrito dentro do marco e-twinning da Comisión Europea, "Menos veciños e máis amigos" é un proxecto coliderado pola nosa escola e o AE João de Meira de Guimarães co obxectivo de propiciar o acercamento entre o alumnado e o profesorado de Galiza e o Norte de Portugal.

Con este proxecto colle pulo a idea de que as fronteiras non son máis que unha delimitación espacial e as persoas somos quenes de debullar entre as diferenzas para atopar semellanzas.


 

luns, 8 de xaneiro de 2024


Coñécese co nome de CASTREXOS ou CULTURA CASTREXA ás persoas que habitaban o NO da P. Ibérica desde aprox. o 600 a.C. ata á chegada dos romanos. Tratábase de pequenos grupos sociais que se adicaban ao cultivo de cereais, a cría de gando e a pesca; sabían traballar os metais, fabricar cerámica e elaborar tecidos e tiñan pequenos contactos comerciais con outros habitantes da península.

Vivían en pequenos poboados amurallados chamados castros situados no alto de outeiros. En cada castro convivían varías familias en casas circulares de pedra cubertas con tellados de palla. Rendían culto ás forzas da naturaeza e incineraban aos seus mortos.

Entre os RESTOS ARQUEOLÓXICOS desta cultura que teñen chegado ata nós destacan: os recintos dos castros, muíños de man, restos de cerámica, puñais, torques, brazaletes, arracadas, alfinetes ou fíbulas; trisqueles, figuras de guerreiros, pedras formosas, cabezas trofeo, estatuas sedentes e altares aos seus deuses.

 

Clica na imaxe para acceder á presentación.