xoves, 24 de novembro de 2022

25N Día contra a Violencia de Xénero

 



RESTVTVS PISCINESIS / ET PRIMA RESTVTA PRIMAE / FLORENTIAE FILIAE CARISSIMAE / FECERVNT QVI AB ORFEV MARITV IN / TIBERI DECEPTA EST DECEMBER COGNATV/S / POSVIT Q(uae) VIX(it) ANN(os) XVI

ou o que é o mesmo

Restutus Picinesis e Prima Restuta fixérono para a súa moi querida filla Prima Florentia, quen foi arroxada ao Tíber polo seu marido Orfeo. December, un parente de sangue, puxoo. Viviu dezaseis años.

Está antiga inscripción funeraria mostra unha realidade vixente ainda hoxe 2000 anos despois: a violencia dos homes contra as mulleres.

Non deixemos que esta historia continue. Loitemos contra á violencia. 

 

Para saber máis sobre a Violencia contra as mulleres na Antiga Roma: clica aquí 

mércores, 23 de novembro de 2022

6EP Como acceder á área privada de Menos veciños, máis amigos

Está a ser un dos grandes MISTERIOS deste curso como acceder á área privada do proxecto MENOS VECIÑOS, MÁIS AMIGOS e como ben sei que estades desexosos de ver a nova localización do panel de palabras, os vídeos e demais novidades; velaí vos deixo o link e máis o modo de acceder.


 Clica no corazón e despois busca  Área Privada do Proxecto

Escribe o teu usuario e contrasinal e voilà xa estás dentro.

martes, 22 de novembro de 2022

5EP Palabras de Orixe Grega

Seguimos na procura de palabras de orixe grega e aínda nos faltan moitas. Velái vai a palabra escollida pola nosa profesora de Dramatización:



domingo, 20 de novembro de 2022

5EP Repasamos algúns conceptos




Antes de facer as prácticas propostas creo que deberiades repasar un pouco algúns conceptos como son: paralelo, meridiano, Ecuador, círculo polar, trópicos ...

Fixar conceptos como: lonxitude e latitude para despois imprimir a práctica e indicar as coordenadas xeográficas das cidades marcadas en vermello






luns, 14 de novembro de 2022

6EP As nosas palabras favoritas

 Aínda faltan algunhas das palabras que fan a nosa lingua tan doce ... bulide que xa queda pouco para que llas levemos aos nosos amigos portugueses.



domingo, 13 de novembro de 2022

6EP América do Norte e Centroamerica


 Aquí tedes unha fotografía satélite do Norte do continente americano; nela apreciase moi ben as Montañas Rochosas, as grandes chairas e os Apalaches. Pero dende logo o que destaca sobre todo é Groenlandia, ese país cuberto practicamente por completo de xeo.

martes, 8 de novembro de 2022

6EP Velai vai o meu reto


Pensade a vosa palabra favorita en GALEGO, escribídea nun papel xunto co seu significado e  logo entregademo.

Velaí vai a miña palabriña:

Namorada 

 Dícese da muller que sente amor por alguén ou algo 

 

 

5EP RÉTOVOS

 

Búscade unha palabra en galego, castelán ou inglés que teña unha orixe grega, anotade o seu significado en grego e o despois o seu significado en galego, castelán ou inglés.

Velaí vai a miña palabra: 

Hecatombe

En grego esta palabra significaba sacrificio de 100 bois e en galego pode significar destrución masiva de vidas ou suceso desastroso que sae mal ou trae malas consecuencias.

Deadline: 22 de Novembro