martes, 28 de febreiro de 2023

 

Coñécese co nome de CASTREXOS ou CULTURA CASTREXA ás persoas que habitaban o NO da P. Ibérica desde aprox. o 600 a.C. ata á chegada dos romanos. Tratábase de pequenos grupos sociais que se adicaban ao cultivo de cereais, a cría de gando e a pesca; sabían traballar os metais, fabricar cerámica e elaborar tecidos e tiñan pequenos contactos comerciais con outros habitantes da península.

Vivían en pequenos poboados amurallados chamados castros situados no alto de outeiros. En cada castro convivían varías familias en casas circulares de pedra cubertas con tellados de palla. Rendían culto ás forzas da naturaeza e incineraban aos seus mortos.

Entre os RESTOS ARQUEOLÓXICOS desta cultura que teñen chegado ata nós destacan: os recintos dos castros, muíños de man, restos de cerámica, puñais, torques, brazaletes, arracadas, alfinetes ou fíbulas; trisqueles, figuras de guerreiros, pedras formosas, cabezas trofeo, estatuas sedentes e altares aos seus deuses.

 


Cartógrafos por un Día


Cartógrafos ou cartógrafas son as persoas que se adican a facer mapa e nós imos emulalos e facer os nosos primeiros mapas.

1. Hoxe en día, o primeiro que facemos é buscar unha boa fotografía aérea ou por satélite do territorio que queremos representar.


2. Coa xuda da xente do lugar que imos representae anótanse cada un dos elementos (ríos, montañas, cordilleiras, depresións, fronteiras, cidades, vilas ...) así como tamén as súas coordenadas xeográficas.

3. Decídese que tipo de mapa imos facer: físico, político, económico, de recursos, histórico ...

4. Coa axuda dun ordenador e utilizando a fotografía aérea debúxasen en 2D os contornos e engádese todas a información.


luns, 27 de febreiro de 2023

6EP Europa Física. Xogos Interactivos

 De cara a REPASAR a Xeografía Física de Europa e aprender a localización dos principais elementos do relevo nada mellor que un mapa interactivo:


xoves, 23 de febreiro de 2023

 

origAMI

 

Arte de orixe xaponesa que consiste no pregado de papel sucesivas veces para conseguir figuras e formas variadas. En galego o seu nome é PAPIROFLEXIA.

 

ESTRELIÑAS 


 

PAXARIÑAS


 

sábado, 18 de febreiro de 2023

 


Queridos amigos do João de Meira:

Estades xa preparados para a vosa visita? Sabemos que está a ser un curso dificil para vós e os vosos mestres polo que queremos proporvos para o día da vosa visita un MUSIC CHALLENGE.

Velaí van as nosas músicas:

 Cales son as vosas músicas?


Caros amigos de João de Meira:

Estão prontos para a sua visita? Sabemos que está a ser um curso difícil para vocês e os vossos professores, é por isso queremos propor-vos um MUSIC CHALLENGE para o dia da vossa visita.

Aqui estão as nossas músicas:

Cales son as vosas músicas?

venres, 17 de febreiro de 2023

 


Entroido

 Chegou o entroido e con el as vosas increibles creacións: se queredes ver unha selección dalgunhas delas clicade aquí.