luns, 29 de abril de 2024

5EP Actividades co mapa mudo de Galiza: Montañas, macizos, serras, chairas, mesetas e depresións.

Sitúa no seguinte mapa mudo:

  • Os límites físicos de Galiza.

  • Os ríos Miño, Sil e Limia.

  • Delimita cun lapis ou rotulador de punta fina negro os limites ao oeste do Macizo Galaico.

  • As Serras Setentrionais, a Serra da Capelada, as Serras Centrais, a Serra do Faro, a Serra dos Ancares, a Serra do Corurel, a Serra de San Mamede, Cabeza de Manzaneda, a Serra do Xurés, a Serra do Morrazo e a do Barbanza.

  • A Chaira de Bergantiños e a Mariña Lucense.

  • A Meseta de Lugo e a Terra Chá.

  • A depresión de Sarriá, a de Monforte, a de Maceda, a do Limia, a de Tui e a de Padrón.

  • Pinta de cor verde clariña as chairas, mesetas e depresións.


     

mércores, 24 de abril de 2024

 Contan os nosos maiores que hai hoxe 50 anos nun pequeno país á beira do Atlántico, militares e pobo uníronse para derrocar a inxustiza, a falta de liberdade e a explotación colonial sen disparar apenas un fusil.

Era media noite e media cando en moitos cuarteis do exército portugués, capitáns e soldados escoitaban a radio na procura dunha música que anunciara que os plans de acabar cun goberno ditatorial, que duraba xa máis de 50 anos, ían cara adiante.

Gndola soou e os lisboetas acordaron a maña do 25 de abril coas rúas cheas de militares. A consigna era que o pobo permanecese nas súas casas. Mais o pobo saíu á rúa e coa esperanza no peito aclamou aos soldados e encheu as súas armas de caraveis vermellos.

Foi asi como Portugal acadou a democracia e as súas colonias, Angola, Moçambique, Guiné, Sao Tome e Príncipe, Cabo Verde e Timor iniciaron o camiño cara a súa independencia.

Porque o povo é quen máis ordena

Viva o 25 de Abril!

Viva a liberdade!

50 anos do 25 de abril


sábado, 20 de abril de 2024

martes, 9 de abril de 2024