martes, 31 de decembro de 2019

Feliz 2020


Citando este antigo mosaico deséxovos para este 2020: HYGIA, ZOÈ , GHARA, EIRENE, EUZIMIA e ELPIS ou o que é o mesmo saúde, vida, alegría, paz, bo ánimo e esperanza.

martes, 24 de decembro de 2019


Que o apalpador traía xustiza social e o Tizón de Nadal fartura ao noso agro e ao noso mar.

venres, 1 de novembro de 2019

domingo, 20 de outubro de 2019

5ºEP Prácticas Latitude e Lonxitude


Localiza os seguintes puntos no mapa:
  1. Latitude: 0º Lonxitude: 40º E
  2. Latitude: 80º N Lonxitude: 160º W
  3. Latutude: 60º S Lonxitude: 100º W
  4. Latitude: 20º N Lonxitude: 40ºE
  5. Latitude: 60º S Lonxitude: 100º E
  6. Latitude: 80º N Lonxitude: 40ºW



sábado, 12 de outubro de 2019



Práctica de LATITUDE e LONXITUDE
Hoxe fai  anos que Cristobal Colón descubría por casualidade un novo continente que hoxe en día coñecemos como América.
A comezos do ano 1492 Cristóbal Colón conseguira convencer a Raíña de Castela Isabel para que lle prestará o diñeiro necesario para realizar unha novedosa expedición que lle permitise atopar unha nova ruta comercial con Asia.
Así o 3 de Agosto de 1492 tres barcos partían do porto de Palos de la Frontera coa misión de navegar cara ao Oeste na procura desa nova ruta comercial. Tras case dous meses e medio de durísima navegación tocaban terra nunha pequena illa do Caribe ao que chamaron La Española ...
... e o demais xa é Historia 

venres, 11 de outubro de 2019

6EP Comentario dun Climograma 1



Fíxate no climograma e despois contesta as seguintes preguntas con frases longas:
1.    Cales son os meses nos que as temperaturas son máis baixas? Que valores teñen?
2.    Cales os meses nos que as temperaturas son máis altas? Que valores teñen?
3.    En xeral como dirías que son as temperaturas ao longo do ano neste climograma?
4.    Cales son os meses que presentan máis precipitacións? Que valores teñen?
5.    Cales son os meses que presentan menos precipitacións? Que valores teñen?
6.    En xeral, como dirías que son as precipitacións deste climograma ao longo do ano?
7.    A que zona climática crees que pertence este climograma? Porque?
8.    Poderías dicir de que clima estamos falando? Razoa a túa resposta.
Para practicar máis: clica aquí

5ºEP Lonxitude e Latitude


Latitude: é a distancia medida en grados desde calquera punto da superficie terrestre ata o Paralelo 0º ou Ecuador. A latitude pode ser Norte ou Sur.


Lonxitude: é a distancia medida en grados desde calquera punto da superficie terrestre ata o Meridiano 0º ou de Greenwich. A lonxitude pode ser Leste ou Oeste. 

domingo, 29 de setembro de 2019

6EP Climas do Mundo

Para saber máis sobre os climas do mundo: clica aquí

Instrucións



1º Para definir un NOME ou SUSTANTIVO debemos utilizar outro sustantivo que identifique que tipo de realidade é:

. persoa                                   . animal                         . estado de
. instrumento                          . ferramenta                  . sentimento
. proceso                                 . planta /árbore
. ciencia que                         . prenda de vestir
. estado                                   . alimento
. órgano                                   . conxunto de

Para definir un ADXECTIVO hai que utilizar expresións como:
. dícese                                   . aplícase                                . refírese

Para definir un VERBO utilizaremos expresións como acción de

2º Despois débense nomear as características ou detalles específicos que nos permiten diferenciar a cousa definida das demais. A REGRA máis importante é que a palabra que se define non debe aparecer nunca na definición.



venres, 27 de setembro de 2019

Sing for the Climate


Cartógrafos por un Día 2


Como supercomputadores para todos non temos, ímonos ter que conformar con facer dous mapas como se facían antigamente. 
Para poder facelos imos necesitar:
    . 2 follas de papel vexetal
    . 2 clips
    . 1 lapis afiado
    . 1 goma de borrar
    . un rotulador negro de punta fina.
    . un rotulador azul de punta fina.
    . lápices de cores
    . e moita pero que moita paciencia.

Cartógrafos por un Día 3


1. Buscamos no Atlas  que continente queremos representar. Lembrade que podedes escoller o continente que vós queirades excepto Europa.

2. Unha vez decididos buscades o mapa físico do continte escollido. Eu pòr exemplo escollín África.


Mapa Físico: Mapa no que se representan as características físicas da superficie terrestre (ríos, tipo de terreo, altura do mesmo ...) e as do fondo mariño (liñas de profundidade ...)


3. Collemos o papel vexetal e asegurámolo coa axuda de 2 clips antes de comezar a calcar os contornos e os ríos do continente cun lápis.

4. Unha vez teñamos finalizado de calcar todos os contornos podemos, se temos un rotulador negro de punta fina, calcar novamente os contornos e se temos un rotulador azul de punta fina redibuxar os ríos.

5. Unha vez acabados os contornos e os ríos coa axuda dos lápices de cores imos colorear o mapa prestando moita atención ás cores utilizadas. Lembrade que os marróns indican as montaás e cordilleiras, os verdes as zonas chairas e as distintas tonalidades de azul a profundidade do mar.

Cartógrafos por un Día 4

Unha vez acabado o mapa físico imos facer, na outra folla de papel vexetal, un mapa político do mesmo continente. Así por exemplo, eu copiaría


Mapa político: Mapa no que se representan as divisións políticas e administrativas dun territorio (páis, rexións, cidades ...)

7. O proceso sería o mesmo: colocamos o papel vexetal e procedemos a calcar os contornos; aínda que neste caso tamen teríamos que copiar as fronteiras dos distintos países.

8. Unha vez acabado, teríamos que sinalar os nomes dos distintos países así como tamen o nome de océanos e mares que limitan o continente.

9. A diferenza do mapa anterior este NON faría falta que o coloreasemos.

domingo, 15 de setembro de 2019

Climas do Mundo


Aínda que cada vez que entremos nun ascensor falemos do tempo, o que realmente condiciona a paisaxe e por conseguinte a nosa forma de vida é o clima; de aí a importancia do seu estudo.
Para saber máis sobre os climas do mundo: clica aquí

martes, 10 de setembro de 2019

Back to school / Volta ao cole


De igual xeito que nos comezamos hoxe un novo curso en Etiopia un grupo de nenos comeza un novo ano escolar; mentres que en Aleppo (Siria) despois de varios anos sen poder ir a escola comezan de novo as clases.


luns, 9 de setembro de 2019

Benvidos ao curso 2019-2020


Un sabio dixo unha vez que a vida era un cambio constante e nese cambio ao noso pé pasan alumnos, materias, escolas, pais, compañeiros, amigos ... Comezamos hoxe un novo camiño que espero que estea cheo de momentos tan intensos e especiais como no pasado.
Benvidos ao Curso 2019-2020

Material necesario para Ciencias Sociais en 6ºEP

Para poder traballar a materia de Ciencias Sociais en 6ºEP, ademais de ter moita vontade de aprender, imos necesitar:
     . Libreta grande cuadriculada grampada
     . Libreta pequena cuadriculada grampada
     . Sobre plástico tamaño folio no que poida -
     mos meter os seguintes maspas:
        . 5 follas de papel vexetal
        . 2 mapas mudos físicos de Europa
        . 2 mapas mudos físicos de España
        . 2 mapas mudos políticos de Europa
        . 2 mapas mudos físicos de América
        . 2 mapas mudos físicos de África
        . 2 mapas mudos físicos de Asia
   
Como imaxinaredes tamen imos necesitar:
     . bolígrafo azul ou negro
     . bolígrafo vermello
     . lapis e goma
     . regra
     . pegamento de barra  e tesouras
     . Lápices de cores (poden ser plastidecor)

Material necesario para Ciencias Sociais en 5ªEP


Para poder traballar a materia de Ciencias Sociais en 5ºEP, ademais de ter moita vontade de aprender, imos necesitar:
     . Libretas grande cuadriculada grampada
     . Libreta pequena cuadriculada grampada
     . Sobre plástico tamaño folio no que poidamos meter:
          . 5 follas de papel vexetal
          . 2 mapas mudos físicos de Galiza
          . 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica
          . 2 mapas mudos políticos de España
          . 2 mapas mudos políticos de Europa

Como imaxinaredes tamen imos necesitar:
    . bolígrafo azul ou negro
    . bolígrafo vermello
    . lapis e goma
    . regra
    . pegamento de barra  e tesouras
    . Lápices de cores (poden ser plastidecor)

martes, 25 de xuño de 2019

Felíz Verán 2019


Agora que xa acabou o curso só me queda desexarvos unhas moi felices vacacións e darvos unha breve lista de deberes para este verán 2019:

1. Pola maña, por veces, camiña sen compañía pola beira do mar. Mira como o sol se reflexa na auga mentres pensas nas cousas que máis che gustan na vida.
2. Intenta usar todas as palabras novas que aprendeches este ano: poderás dicir máis cousas, poderás pensar máis cousas e, canto máis penses, máis libre vaste sentir.
3. Lee o máximo posible. Non porque o teñas que facer. Lee porque o verán te inspira aventuras e soños. Lendo, sentiraste coma os paxaros voando. Lee porque é a mellor forma de rebelión.
4. Baila; sen sentir vergonza na rúa, cerca da túa casa ou na túa habitación. O verán é un baile. Sería una vergonza non formar parte del.
5. Alomenos unha vez tes que ver o mencer. Estar aí en silencio e respirar. Pechar os ollos, agradecido.
6. Practica moito deporte.
7. Lembra o que aprendeches na escola.
8. Se feliz como o sol e indomable como o mar.
9. Goza dos filmes con diálogos emotivos, sobre todo en ingles.
10. Durante o día ou a noite, soña con como pode ser a túa vida. Durante o verán, colle forzas para non rendirte e fai todo o que poidas para conseguir eses soño.
11. Se bo.
Fragmento dos traballos de verán enviados polo Profesor Cesare Cata aos seus
alumnos do Lizeo delle Szience Umane Don Bosco de Fermo (Italia).

martes, 30 de abril de 2019

5EP Os arquipélagos


Nas cercanías da Península Ibérica existen numerosos arquipélagos; sendo os máis importantes o Árquipélago Balear e o Arquipélago Canario.
O Arquipélago Balear está situado ao leste da Península Ibérica e está bañado polas augas do Mar Mediterráneo. Está composto por 5 illas: Mallorca, Menorca, Formentera, Ibiza e Cabrera. 
O Arquipélago Canario está situado fronte as costas occidentais do Norte de África e está formado por 7 illas: Lanzarote, Fuerteventura, Gran Canaria, Tenerife, A Palma, A Gomera e O Hierro. 

luns, 22 de abril de 2019

5ºEP Cordilleiras Exteriores da Península Ibérica

UNIDADES EXTERIORES OU PERIFÉRICAS DA PENÍNSULA IBÉRICA: son o conxunto de montañas que atopamos no exterior da Península Ibérica. Estas montañas son: Macizo Galaico, Cordilleira Cantábrica, Montes Vascos, Pirineos, Cordilleira Costeiro-Catalá e Sistema Bético.