luns, 18 de marzo de 2024

6EP Mapa da Península Ibérica

 Sitúa no seguinte mapa mudo: (58 items)

  • Límites da Península Ibérica. (5 items)
  • Unidades Periféricas da Península Ibérica. (5 items)
  • Todas as unidades do relevo que rodean á Meseta Castelá. (3 items)
  •  Principais ríos da vertente atlántica e mediterránea (Miño, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir, Ebro, Turia, Xúcar e Segura). (9 items)
  • A submeseta Norte, a submeseta Sur, o Sistema Central e os Montes de Toledo (para nota sitúa a Serra da Estrela). (5 items)
  • os seguintes cabos e puntas: Punta de Estaca de Bares, C. Ortegal, C. Fisterra, C. da Rocha, Esteiro do Texo, C. Espichel, C. San Vicente, Marismas do Guadalquivir, Punta de Tarifa, C. de Gata, C. de Palos, C. de Nao, Delta do Ebro e C. Creus. (14 items)
  • Localiza as illas que forman o arquipélago das Baleares e o das Canarias e escribe os seus nome. (14 items)
  • Pinta de amarelo a Meseta Castelá e de laranxa as depresións do Ebro e do Guadalquivir. (3 items)


xoves, 14 de marzo de 2024

Idus de Marzo






Hoxe fai 2068 anos que morría asasinado en Roma o político, militar e escritor romano Xulio César.
Odiado polos pobos que conquistou e por moitos estudantes de latín e, sen dúbida, unha das personaxes históricas que máis fascinación ten causado.

S.T.T.L.

martes, 12 de marzo de 2024

6EP Actividades Mapa Península Ibérica IV

   Sinala no seguinte mapa mudo:

  • Todas as costas (Cantábrica, Atlántica Galega, Atlántica Portuguesa e Andaluza, Andaluza Mediterránea, Costa Levantina e Costa Catalá) e escribe as súas características.
  • Colle un Atlas e sinala os Cabos e puntas marcados no mapa.
  • Sinala os ríos máis importantes da P. Ib,.
  •  O delta do Ebro, o Esteiro do Texo e as Marismas do Guadalquivir.

 

domingo, 10 de marzo de 2024

6EP Actividades da Península Ibérica III

   Sitíua no seguinte mapa mudo:

  • Todas as unidades periféricas da P.Ib.
  • As unidades do relevo que rodean á Meseta
  • O Sistema Central e os Montes de Toledo.
  • Os principais ríos da vertente atlántica e a vertente mediterránea.
  • Pinta de verde a Depresión do Ebro e a do Guadalquivir
  • Pinta de amarelo a Meseta Castelá.


luns, 26 de febreiro de 2024

sábado, 24 de febreiro de 2024

 


Cando penso que te fuchesNegra sombra que me asombrasÓ pé dos meus cabezalesTornas facéndome mofaCando maxino que es idaNo mesmo sol te me amostrasI eres a estrela que brilaI eres o vento que zoaSi cantan, es ti que cantasSi choran, es ti que chorasI es o marmurio do ríoI es a noite I es a auroraEn todo estás e ti es todoPra min I en min mesma morasNin me dexarás nuncaSombra que sempre me asombras

6EP Actividades Península Ibérica I

 Sitíua no seguinte mapa mudo:

  • Todas as unidades periféricas da Península Ibérica.
  • Colorea de amarelo as depresións do río Ebro e do río Guadalquibir
  • As cordilleiras que rodean as depresións do Ebro e do Guadalquivir.

mércores, 7 de febreiro de 2024

Mapas Mudos

 Para poder aprender ben onde se localizan os diferentes acidentes do relevo nun mapa ou onde está situado un pais, unha cidade ou unha vila é moi importante traballar con mapas mudos.

Velaí vos deixo un enlace para que poidades descargar os que precisedes

martes, 16 de xaneiro de 2024

Menos veciños, máis amigos

Neste pasado mes de decembro tivemos a sorte de compartir cos nosos colegas do João de Meira de Guimarães un par de xornadas que nos permitiron acercarlles un pouco máis aos seus alumnos a nosa lingua, a nosa historia, a nosa música e tamén un pouco do noso facer educativo.

Inscrito dentro do marco e-twinning da Comisión Europea, "Menos veciños e máis amigos" é un proxecto coliderado pola nosa escola e o AE João de Meira de Guimarães co obxectivo de propiciar o acercamento entre o alumnado e o profesorado de Galiza e o Norte de Portugal.

Con este proxecto colle pulo a idea de que as fronteiras non son máis que unha delimitación espacial e as persoas somos quenes de debullar entre as diferenzas para atopar semellanzas.


 

luns, 8 de xaneiro de 2024


Coñécese co nome de CASTREXOS ou CULTURA CASTREXA ás persoas que habitaban o NO da P. Ibérica desde aprox. o 600 a.C. ata á chegada dos romanos. Tratábase de pequenos grupos sociais que se adicaban ao cultivo de cereais, a cría de gando e a pesca; sabían traballar os metais, fabricar cerámica e elaborar tecidos e tiñan pequenos contactos comerciais con outros habitantes da península.

Vivían en pequenos poboados amurallados chamados castros situados no alto de outeiros. En cada castro convivían varías familias en casas circulares de pedra cubertas con tellados de palla. Rendían culto ás forzas da naturaeza e incineraban aos seus mortos.

Entre os RESTOS ARQUEOLÓXICOS desta cultura que teñen chegado ata nós destacan: os recintos dos castros, muíños de man, restos de cerámica, puñais, torques, brazaletes, arracadas, alfinetes ou fíbulas; trisqueles, figuras de guerreiros, pedras formosas, cabezas trofeo, estatuas sedentes e altares aos seus deuses.

 

Clica na imaxe para acceder á presentación.


domingo, 31 de decembro de 2023

 Que este novo ano estea cheo de HYGIA, ZOÈ , GHARA, EIRENE, EUZIMIA e ELPIS ou o que é o mesmo saúde, vida, alegría, paz, bo ánimo e esperanza.

Feliz 2024

domingo, 24 de decembro de 2023

 Que o Apalpador vos traía saúde nesta noite máxica e o Tizón de Nadal fartura para as vosas casas.

Bo Nadal.

martes, 19 de decembro de 2023


 Hai 5 semanas a  vila de Grindavik no SO de Islandia foi evacuada e hoxe o magma comezou a saír polas fendas que había na codía. Velaí temos o nacemento dun volvcán cun cráter de máis de 3 km de longo.

domingo, 17 de decembro de 2023

 

IO SATURNALIA


 As SATURNALIA tiñan lugar ante diem XVI Kalendas Ianuarias – ante diem X Kalendas Ianuarias (entre 17 e 23 de decembro) e estaban adicadas a SATURNO, deus de orixe moi antigo que gobernara o mundo na Idade de Ouro tempo no que homes libres e escravos eran iguais.A tradición romana tamen atribuía a Saturno a aprendizaxe aos homes do cultivo do campo de ai que se lle veneraba como deus protector da sementeira.

O seu templo, situado no Foro fronte a ladeira do Capitolio, non era soamente o lugar de culto ao Deus senon que se converteu na sede do  , é dicir, na sede do tesouro do Estado (hoxe en día unha especie de Banco de España). No seu interior a estatua do deus estaba atada cunha corda de la que so era desatada durante as festas para que Saturno poidera disfrutar delas.

As celebracións públicas consistían nunha serie de sacrificios con capite aberto, a cabeza descuberta, e finalizaban cun convivium publicum, un banquete ao que asistían todos aqueles que o desexasen.

Eran un tempo no que todos os establecementos estaban pechados, as rúas rebosaban de alegría e todos, libres e escravos, disfrutaban delas sen distinción. Tamen era un tempo de contrastes xa que moitas veces o que estaba prohibido o resto do ano permitiase; así por exemplo, permitíanse as apostas e xogos de azar nas rúas. As celebracións privadas en cambio centrábanse en reuniones socias e banquetes onde se realizaban bromas e chistes.

O máis curiuoso deste tempo de festa e que durante el os escravos eran completamente libres de facer o que quixesen. Cidadáns e escravos lucían o pilleus ou gorro da liberdade que simbolizaba a igualdade entre seres humanos. Era tamen costume que neste tempo os escravos puidesen sentarse á mesa dos amos ou incluso que fosen os amos quen servisen aos escravos.

Casas e cidade engalanábanse durante estes días con pólas decoradas con velas nun intento de dar luz aos días máis oscuros do ano. O último día da festa ou sigillaria intercambiábanse regalos entre familiares e amigos cercanos.

Non vos lembra a algunha das nosas festas?

luns, 11 de decembro de 2023

xoves, 23 de novembro de 2023

5EP Coordenadas Xeográficas


As COORDENADAS XEOGRÁFICAS son un sistena de referencia que nos permiten ubicar con exactitude un punto calquera da superficie terrestre. Para poder establecer este sistema de referencia temos que ter moi claros os conceptos de latitude e lonxitude.

A LATITUDE é a distancia medida en grados desde calquer punto da superficie terrestre ata o Paralelo 0º ou Ecuador. A latitude pode ser Norte ou Sur e fai referencia aos paralelos.

A LONXITUDE é a distancia medida en grados desde calquer punto da superficie terrestre ata o Meridiano 0ª ou de Greenwich. A lonxitude pode ser Este ou Oeste e fai referencia aos meridianos.


IMPORTANTE: Lembra que debes descargar os arquivos antes de comezar a traballar con eles e despois gardalos co voso nome. Se tedes algún problema non dubidedes en contactar comigo.

mércores, 22 de novembro de 2023

6EP ASIA

ASIA: é o continente de maior extensión; atopándose a maior parte das súas terras no Hemisferio Norte.
Asía limita ao Norte co Océano Glaciar Ártico, ao Sur co Océano Índico e o Océano Pacífico; ao Leste co Océano Pacífico e ao Oeste cos Montes Urais, Mar Caspio e Cordilleira do Caúcaso que a separa de Europa.
Neste continente atopamos a cordilleira máis alta do mundo, a cordilleira do Himalaia, e o lugar máis profundo da terra, o Mar Morto. Ademais, presenta unha serie de arquipélagos de orixe volcánica en toda a costa do Pacífico.

MAR MORTO: lago salgado situado a 395 m baixo o nivel do mar entre Israel, Cisjordanía e Xordanía.
ESTREITO DE BERING: brazo de mar que separa Asia de América. No pasado estaba cuberto polo casquete polar o que permitía o paso a pé dun lado a outro.
ILLA DE CEILÁN/ SRI LANKA: Illa situado ao surleste da Península India famosa pola súa produción de canela, té, café, caucho e coco.
RÍO GANXES: río situado aos pés da Cordilleira do Himalaia considerado sagrado para os hindús.
RÍO AMARELO/ YANG TSE: río máis importante de China; recibe o seu nome pola gran cantidade de materiais que arrastra ao seu paso o que lle da unha cor amarela.

luns, 23 de outubro de 2023

6EP Gran RETO africano


 A conquista e posterior colonización de África realizouse maioritariamente no século XIX de tal xeito que os mapas anteriores a estas datas mostran grandes áreas do seu territorio sen explorar. Podes apreciar as diferenzas entre o mapa de África que ilustra esta entrada e o que tes na túa libreta?

RETO: Os grandes exploradores do continente africano foron David Livingstone, Henry Morton Stanley e Vernett Lovey Cameron. Busca información sobre eles e despois sinala nun mapa do continente africano os seus descubrimentos.


5EP O Ecuador e os Hemisferios


Ecuador: liña imaxinaria que divide a Terra en dúas partes iguais chamadas hemisferios.
Hemisferio:cada unha das partes nas que divide a Terra o Ecuador. Existen 2 hemisferios: o Norte ou hemisferio continental e o Sur ou marítimo.

domingo, 22 de outubro de 2023

6EP América

AMÉRICA é o único continente que ten case o mesmo número de terras no Hemisferio Norte como no Hemisferio Sur.
Os limites de América son:
· Ao Norte o Océano Glaciar Ártico
· Ao Leste o Océano Atlántico
· Ao Sur o o Océano Glaciar Antártico
· E ao Oeste o Océano Pacífico
O continente americano acostuma a dividirse en 2 subcontinentes: América do Norte e América do Sur; divididos polo ismo de América Central.
Na costa Oeste de América atopamos unha gran cadea montañosa que a recorre de Norte a Sur (Montañas Rochosas no Norte e Cordilleira dos Andes no Sur).
Na zona central hai unha serie de chairas cruzadas por grandes rios (Río Mississipi no Norte e Río Amazonas no Sur) que serven como vía de circulación de mercancia e no Leste atopamos unha serie de montañas de pouca altura como son os Montes Apalaches ou o Macizo Brasileiro.


ACTIVIDADES
      1. Por que nalgúns lugares fálase de dous continentes para referirse a América?
      2.  Son similares os relevos de América do Norte e América do Sur? Explícao.
      3. En que Océano desembocan os dous grandes ríos americanos?
      4. Cal é o pico máis alto de América? Cal é a súa altura?
      5. A que país pertencen as Illas Malvinas?

venres, 20 de outubro de 2023

Queredes escoitar algunhas das linguas que se falan no oriente de África?

 


Queredes saber como soan o suajili, alur, kinyaruanda, amariña, trigriña ou maa. Pois non tedes máis que clicar aqui para poder escoitar todas estas linguas faladas por africanos que viven connosco.

xoves, 19 de outubro de 2023

As guerras tamen teñen normas

 
 
Ningunha guerra é xusta e nela sempre perden os civiles, que sofren a falta de alimentos, a destrucción das súas casas, escolas e hospitais, os que teñen que fuxir e os que en moitas ocasións acaban morrendo. No entanto, no dereito internacional existen unha serie de leyes que intentan controlar os horrores das guerras. Desafortunadamente NUNCA se cumplen.

NON Á GUERRA, A NINGUNA GUERRA!


5ºEP Xogamos a localizar nun mapa os continentes e os océanos?


Os continentes son as terras separadas polos océanos. Existen 6 continentes: América, Europa, Asia, África, Oceanía e a Antártida.
E os océanos son as masas de auga salgada que separan continentes. Os continentes están separados por cinco grandes océanos: Océanos Pacífico, o Océano Atlántico, o Océano Índico, o Océano Glacial Antártico e o Océano Glacial Ártico.
Pero serias capaz de localizalas nun mapa? Clica no seguinte enlace para probar os teus coñecementos.

mércores, 18 de outubro de 2023

5EP Queres ver onde é de día


 Como ben sabedes a consecuencia do MOVEMENTO DE ROTACIÓN é a existencia do días e as noites pero queres ver en tempo real onde é de día e onde é de noite?

luns, 16 de outubro de 2023

Novidades da Historia

 

 

Arqueólogos e paleontólogos da Universidade de Vigo xunto con estudosos etíopes e italianos descubren os restos máis antigos de HOMO ERECTUS atopados ata o día de hoxe. Trátase do fragmento de mandíbula que se atopou en  Melka Kunture Etiopía.

Para ler máis sobre o tema podes clicar nos seguintes enlaces:

Universidad Complutense

Fundación Palarq

6EP Actividades e fotos de África



Actividades sobre África
     1. Que é o cabo de Boa Esperanza?
     2. Que tres grandes ríos recorren África?
     3. Cal é montaña máis alta de África? Canto mide?
     4. Que é o corno de África? Porque se lle chama así?
     5.Que é o Lago Victoria?

mércores, 11 de outubro de 2023

sábado, 7 de outubro de 2023

6EP Fáltache algo no caderno?

 

 O teu caderno non está actualizado? Faltaches algúin día? Non te aclaras co que escribiches? Aqui tes a solución aos teus problemas. Clica neste enlace e poderás ver o tema completo.

5EP Que é un mar?

 

MAR: porción de auga salgada de menor tamaño que os océanos e xeralmente situados cerca da costa. Exemplos de mares podes atopalos neste mapa de Europa.

venres, 6 de outubro de 2023

6EP Límites de Oceanía e a Antártida

 

Os límites da ANTÁRTIDA son: 

  • Ao Norte o Oc. Glacial Antártico
  • Ao Sur o Oc. Glacial Antártico
  • Ao o Oc. Glacial Antártico
  • Ao Oeste o Oc. Glacial Antártico

 

Os límites de OCEANÍA son: 

  • Ao Norte o Oc. Pacífico
  • Ao Sur o Oc. Índico e o Oc. Pacífico
  • Ao Leste o Oc. Pacífico
  • Ao Oeste o Oc. Índico

6EP Límites de Asia e Europa

Os límites de ASIA son: 

  • Ao Norte o Oc. Glacial Ártico
  • Ao Sur o Oc. Índico e o Oc. Pacífico
  • Ao Leste o Oc.Pacífico
  • Ao Oeste os Montes Urais, o Río Ural, o Mar Caspio e a Cordilleira do Caúcaso que a separan de Europa.

 

Os límites de EUROPA son: 

  • Ao Norte o Oc. Glacial Ártico
  • Ao Sur o Mar Mediterráneo que a separa de África.
  • Ao Leste os Montes Urais, o Río Ural, o Mar Caspio e a Cordilleira do Caúcaso que a separan deAsia,
  • Ao Oeste o Oc. Atlántico.

 

6EP Límites de América e de África

Os límites de AMÉRICA son: 
  • Ao Norte o Oc. Glacial Ártico
  • Ao Sur o Oc. Glaciar Antártico
  • Ao Leste o Oc. Atlántico 
  • Ao Oeste o Oc. Pacífico.


 


Os límites de ÁFRICA son: 

  • Ao Norte o Mar Mediterráneo que a separa de Europa.
  • Ao Sur o Oc. Glaciar Antártico
  • Ao Leste o Canal de Suez, o Mar Vermello e o Oc. Índico
  • Ao Oeste o Oc.Atlántico.