venres, 7 de abril de 2017

Costumes moi romanos

O último día de clase tivemos a sorte de facer un obradoiro de sabores romanos nas Salinae da Rúa Rosalía de Castro. Foi unha experiencia única na que aprendimos como se interpreta unha excavación, como se lavaban os romanos, bebimos pusca, a bebida dos lexionarios, e probamos o famosísimo garum, a salsa de moda no Imperio Romano.
Deixamosvós aquí algunha das fotos de tan interesante actividade ...




Ningún comentario:

Publicar un comentario