xoves, 17 de outubro de 2024

5EP Vocabulario Básico Tema 1

   

 Semana do 11/10/24 ao 18/10/24


CIENCIAS SOCIAIS: conxunto de ciencias que estudan o comportamento dos seres humanos e as súas actividades. Entre as Ciencias Sociais destacan: a Xeografía, a Historia, a Economía, a Arqueoloxía, a Socioloxía, a Pedagoxía, a Psicoloxía …

XEOGRAFÍA: ciencia que estuda a superficie terrestre e os seus cambios.

HISTORIA: ciencia que estuda o pasado dos seres humanos. A Historia comeza coa a aparición dos primeiros seres humanos e acabará cando nos extingamos como especie.
 
XEOIDE: nome que se lle da á forma da Terra. Trátase dunha esfera achatada polos polos. 
 

CONTINENTES: nome que se lle da ás terras emerxidas separadas polos océanos. Existen 6 continentes: América, Europa, Asia, África, Oceanía e a Antártida.

OCÉANOS: son as masas de auga salgada que separan continentes. Os continentes están separados por 5 grandes océanos: Océano Pacífico, Océano Atlántico, Océano Índico, Océano Glacial Ártico e Océano Glacial Antártico.

MARES: son porcións de auga salgada de menor tamaño que os océanos e xeralmente situados cercanos ás costas.
 
MOVEMENTO DE ROTACIÓN: é o movemento que realiza a terra cando xira sobre si mesma. A Terra tarda en dar unha volta completa sobre si mesma aproximadamente 24 horas. A consecuencia do movemento de rotación é a existencia do día e da noite; xa que, na parte da Terra iluminada polo Sol é de día, mentres que na zona non iluminada é noite.

MOVEMENTO DE TRASLACIÓN: é o movemento que realiza a Terra cando xira ao redor do Sol seguindo unha órbita elíptica. A Terra tarda 365 días, 6 horas e 9 minutos en dar unha volta completa ao Sol. A consecuencia do movemento de translación é a existencia das estacións ao longo do ano.

MAPA: representación plana de calquera parte da superficie terrestre. Segundo o que estea representado nun mapa estos poden ser: mapas físicos, mapas políticos, mapas históricos, mapas económicos ...

ECUADOR: liña imaxinaria debuxada de oeste a este que divide a Terra en dúas partes iguais denominadas hemisferios. 

HEMISFERIOS: son cada unha das partes nas que o Ecuador divide á Terra. Existen dous hemisferios:

  • O Hemisferio Norte ou Hemisferio terrestre xa que nel se concentran a maioría dos continentes. 
  • E o Hemisferio Sur ou marítimo xa que nel se concentran a maioría dos océanos.

PARALELOS: liñas imaxinarias debuxadas sobre o globo terráqueo de Leste a Oeste. O paralelo principal ou paralelo 0º é o Ecuador. 

Tamen son moi coñecidos o Trópico de Cáncer, o Trópico de Capricornio, o Círculo Polar Ártico e o Círculo Polar Antártico. 

 

 

5EP Queres ver onde é de día?


Como ben sabedes a consecuencia do MOVEMENTO DE ROTACIÓN é a existencia do días e as noites pero queres ver en tempo real onde é de día e onde é de noite?

mércores, 16 de outubro de 2024

6EP O relevo do fondo mariño

 


DORSAL OCEÁNICA: nome que reciben as cordilleiras submariñas.

CHAIRA ABISAL: nome que reciben as chairas submariñas situadas entre os 4.000 ou 5.000 m. de produndidade.

FOSA MARIÑA: nome que recibe as depresións situadas no fondo dos océanos. 

NOIRO CONTINENTAL: terreo inclinado onde acaba a plataforma continental.

PLATAFORMA CONTINENTAL: prolongación dos continentes baixo o fondo mariño.


5EP O Ecuador e os Hemisferios


ECUADOR: liña imaxinaria que divide a Terra en dúas partes iguais chamadas hemisferios.

HEMISFERIO: cada unha das partes nas que divide o Ecuador á Terra. Existen 2 hemisferios:
. o Hemisferio Norte ou hemisferio continental chamado así porque nel atopamos a maioría dos continentes. 
. e o Hemisferio Sur ou marítimo porque nel atopamos a maioría dos océanos.

luns, 14 de outubro de 2024

5EP A Terra e os seus movementos


Curiosidades Xeográficas: O relevo submarino

 

Sabías que por baixo de océanos e mares hai montañas? Pois si como o estás a escoitar! Os fondos mariños están cheos de montañas, serras, cordilleiras, vales, depresións, chairas ... 

O que acontece é que,  todos estos elementos do relevo, que non podemos ver por estar cubertos de auga, non se lles chama do mesmo xeito que aos elementos do relevo que atopamos nos continentes. Deste xeito unha montaña ou un outeiro submarino chámase monte submarino ou outeiro abisal; a unha cordilleira, dorsal océanica e a unha depresión, fosa abisal.

Na fotógrafía satélite que ilustra esta entrada podes ver o Gorringe Bank, a dorsal oceánica máis alta de Europa, situada a 250 km ao suroeste do Cabo San Vicente e principal foco dos seísmos que teñen lugar na Península Ibérica.

Trátase dunha dorsal con picos de máis de 5.000 metros de altura moi rica na súa diversidade de flora e fauna e que sirve como punto de descanso para especies migratorias mariñas como son as tartarugas ou os tiburóns. 

Se queres ampliar os teus coñecementos sobre este lugar clica nos seguintes links:

 

venres, 11 de outubro de 2024

Hoxe fai 532  anos que Cristobal Colón descubría por casualidade un novo continente que hoxe en día coñecemos como América.

A comezos do ano 1492 Cristóbal Colón conseguira convencer a Raíña de Castela Isabel para que lle prestará o diñeiro necesario para realizar unha novedosa expedición que lle permitise atopar unha nova ruta comercial con Asia.
Así o 3 de Agosto de 1492 tres barcos partían do porto de Palos de la Frontera coa misión de navegar cara ao Oeste na procura desa nova ruta comercial. Tras case dous meses e medio de durísima navegación tocaban terra nunha pequena illa do Caribe ao que chamaron La Española ...
... e o demais xa é Historia 

xoves, 10 de outubro de 2024

5EP Vocabulario Básico Tema 1

  

 Semana do 4/10/24 ao 11/10/24


CIENCIAS SOCIAIS: conxunto de ciencias que estudan o comportamento dos seres humanos e as súas actividades. Entre as Ciencias Sociais destacan: a Xeografía, a Historia, a Economía, a Arqueoloxía, a Socioloxía, a Pedagoxía, a Psicoloxía …

XEOGRAFÍA: ciencia que estuda a superficie terrestre e os seus cambios.

HISTORIA: ciencia que estuda o pasado dos seres humanos. A Historia comeza coa a aparición dos primeiros seres humanos e acabará cando nos extingamos como especie.
 
XEOIDE: nome que se lle da á forma da Terra. Trátase dunha esfera achatada polos polos. 
 

CONTINENTES: nome que se lle da ás terras emerxidas separadas polos océanos. Existen 6 continentes: América, Europa, Asia, África, Oceanía e a Antártida.

OCÉANOS: son as masas de auga salgada que separan continentes. Os continentes están separados por 5 grandes océanos: Océano Pacífico, Océano Atlántico, Océano Índico, Océano Glacial Ártico e Océano Glacial Antártico.

MARES: son porcións de auga salgada de menor tamaño que os océanos e xeralmente situados cercanos ás costas.
 
MOVEMENTO DE ROTACIÓN: é o movemento que realiza a terra cando xira sobre si mesma. A Terra tarda en dar unha volta completa sobre si mesma aproximadamente 24 horas. A consecuencia do movemento de rotación é a existencia do día e da noite; xa que, na parte da Terra iluminada polo Sol é de día, mentres que na zona non iluminada é noite.

MOVEMENTO DE TRASLACIÓN: é o movemento que realiza a Terra cando xira ao redor do Sol seguindo unha órbita elíptica. A Terra tarda 365 días, 6 horas e 9 minutos en dar unha volta completa ao Sol. A consecuencia do movemento de translación é a existencia das estacións ao longo do ano.

MAPA: representación plana de calquera parte da superficie terrestre. Segundo o que estea representado nun mapa estos poden ser: mapas físicos, mapas políticos, mapas históricos, mapas económicos ...

ECUADOR: liña imaxinaria debuxada de oeste a este que divide a Terra en dúas partes iguais denominadas hemisferios. 

 

xoves, 3 de outubro de 2024

5EP Vocabulario Básico Tema 1

 

 Semana do 27/9/24 ao 4/10/24


CIENCIAS SOCIAIS: conxunto de ciencias que estudan o comportamento dos seres humanos e as súas actividades. Entre as Ciencias Sociais destacan: a Xeografía, a Historia, a Economía, a Arqueoloxía, a Socioloxía, a Pedagoxía, a Psicoloxía …

XEOGRAFÍA: ciencia que estuda a superficie terrestre e os seus cambios.

HISTORIA: ciencia que estuda o pasado dos seres humanos. A Historia comeza coa a aparición dos primeiros seres humanos e acabará cando nos extingamos como especie.
 
XEOIDE: nome que se lle da á forma da Terra. Trátase dunha esfera achatada polos polos. 
 

CONTINENTES: nome que se lle da ás terras emerxidas separadas polos océanos. Existen 6 continentes: América, Europa, Asia, África, Oceanía e a Antártida.

OCÉANOS: son as masas de auga salgada que separan continentes. Os continentes están separados por 5 grandes océanos: Océano Pacífico, Océano Atlántico, Océano Índico, Océano Glacial Ártico e Océano Glacial Antártico.

MARES: son porcións de auga salgada de menor tamaño que os océanos e xeralmente situados cercanos ás costas.
 
MOVEMENTO DE ROTACIÓN: é o movemento que realiza a terra cando xira sobre si mesma. A Terra tarda en dar unha volta completa sobre si mesma aproximadamente 24 horas. A consecuencia do movemento de rotación é a existencia do día e da noite; xa que, na parte da Terra iluminada polo Sol é de día, mentres que na zona non iluminada é noite.

MOVEMENTO DE TRASLACIÓN: é o movemento que realiza a Terra cando xira ao redor do Sol seguindo unha órbita elíptica. A Terra tarda 365 días, 6 horas e 9 minutos en dar unha volta completa ao Sol. A consecuencia do movemento de translación é a existencia das estacións ao longo do ano.

 

 

mércores, 2 de outubro de 2024

6EP Os volcáns non son máis que fendas na codia terrestre

No inverno do 2023 a  vila de Grindavik no SO de Islandia foi evacuada e hoxe o magma comezou a saír polas fendas que había na codía. Velaí temos o nacemento dun volvcán cun cráter de máis de 3 km de longo.